Swan Song Records

selo discográfico creado por Led Zeppelin

Swan Song foi un selo discográfico creado polo grupo de rock británico Led Zeppelin en 1974. O nome do selo fai referencia ao belo canto do cisne xusto antes de morrer. Recalca a diferenza que existe entre o ruído desagradable dun cisne durante toda a súa vida e o canto emitido momentos antes da súa morte. Provén do nome dunha canción inédita composta por Jimmy Page. O grupo creu que para traballar con menos presión debían eliminar aqueles elementos que a exercesen (discos obrigatorios, propiedade das cancións...) e decidiron crear o selo Swan Song. Este selo foi creado principalmente para as súas propias gravacións, e para dar cabida a outros artistas que, ou ben mantiñan unha boa relación profesional con Led Zeppelin –como o caso de Bad Company–, ou ben dificilmente tivesen cabida noutras discográficas internacionais (caso de Mirabai). De todos os xeitos, seguían a súa relación con Atlantic Records, que se ocupaba da distribución dos traballos.

Swan Song Records
Tiposelo discográfico
Data de fundación10 de maio de 1974
Data de disolución1983
Fundador(es)Led Zeppelin
SedeLondres
PaísReino Unido
editar datos en Wikidata ]

O primeiro lanzamento de Swan Song Records foi o álbum homónimo de Bad Company en maio de 1974, mentres que o primeiro disco editado por Led Zeppelin baixo o seu propio selo foi Physical Grafiti, álbum dobre que incluía temas sobrantes de antigas sesións de gravación doutros álbums, e que é considerado unha obra mestra.

Entre os artistas de relevo cuxas obras foron publicadas por Swan Song Records atópanse, ademais The Pretty Things, Detective e Dave Edmunds.

Swan Song Records cesou finalmente na súa actividade en outubro de 1983, quedando operativa unicamente para xestionar as reedicións dos discos de Led Zeppelin e os dereitos derivados deles.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar