Accidente de aviación

ocorrencia da aviación que implica lesións graves, morte, danos estruturais ou perda da aeronave
(Redirixido desde "Accidente aéreo")

Un accidente de aviación é un incidente que ocorre con calquera aeronave, xa sexa en terra ou en voo. Un incidente de aviación é definido como un suceso no que, distinto dun accidente, está asociada a operación dunha aeronave que afecta ou podería afectar á seguridade das operacións.[1]

O voo 123 de Japan Airlines é, dende 1985, a peor catástrofe na que estivo involucrado un só avión con 520 persoas falecidas. É superado polo choque entre dous Boeing 747 no aeroporto dos Rodeos (583 mortos) e os atentados do 11-S, con 4 avións perdidos e máis de 3000 mortos aínda que non se considera accidente de aviación por ser un ataque deliberado.

Cando unha aeronave sofre un dano tan severo que se declara como sinistro total (cando a reparación non é economicamente viable), ou no caso de que sexa completamente destruída e deuse de baixa nos rexistros, denomínase "perda en accidente do casco" (hull loss accident). Significa que o evento se rexistra como accidente malia que non existan vítimas fatais ou feridos graves, como sucedería por exemplo nunha aterraxe forzosa que resulte nun dano irreparable.

O primeiro accidente fatal ocorreu no Wright Modelo A en Fort Myer, Virxinia, o 17 de setembro de 1908, que resultou en feridas do piloto, Orville Wright, e a morte do pasaxeiro, o tenente do Exército Thomas Etholen Selfridge.[2]

NotasEditar