Acanthinula aculeata

especie de molusco

Acanthinula aculeata
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Bilateria
Superfilo: Eutrochozoa
Filo: Mollusca
Clase: Gastropoda
Subclase: Orthogastropoda
Superorde: Heterobranchia
Orde: Stylommatophora
Suborde: Eupolmonata
Superfamilia: Pupilloidea
Familia: Valloniidae
Subfamilia: Acanthinulinae
Xénero: Acanthinula
Especie: A. aculeata
Nome binomial
'Acanthinula aculeata'
O. F. Müller, 1774[1]

Acanthinula aculeata O. F. Müller, 1774, é unha especie de micromolusco gasterópodo terrestre e pulmonado da familia Valloniidae que acada ata 2 mm e que amosa unha cuncha globosa con costelas axiais e prolongacións espiñentas flexibles. Son animais raros que adoitan vivir en zonas húmidas como fragas e é frecuente atopalos debaixo das follas caídas das árbores. A súa cor é marrón acinzentado e a cuncha ten catro voltas ben arredondadas e o embigo é estreito e profundo.

Distribución editar

A especie está estendida por toda a Europa central e Rusia. E pola costa que se estende dende Escandinavia ata o sur da África do Norte.

Distribución en Galicia editar

En Galicia atopáronse exemplares sobre todo en zonas costeiras da provincia de Pontevedra, na zona de Santiago de Compostela e na Ría de Muros e Noia e tamén na Serra da Enciña da Lastra en Ourense.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  1. Müller, O. F. 1774. Vermivm terrestrium et fluviatilium, seu animalium infusoriorum, helminthicorum, et testaceorum, non marinorum, succincta historia. Volumen alterum. pp. I-XXVI [= 1-36], 1-214, [1-10]. Havniæ & Lipsiæ. (Heineck & Faber).

Ligazóns externas editar