Aberaeron (do galés: Aberaeron estuario do Río Aeron, que deriva do galés medio aer - 'matanza',[1] que dá nome a Aeron, un deus galés da guerra[2]) é unha vila turística de Ceredigion, Gales. Localizada entre Aberystwyth e Cardigan, é a sede do Consello do Condado de Ceredigion. Ten costa coa Baía de Cardigan. A vila foi construída en 1805 no estuario do río Aeron. No 2001, tiña unha poboación de 1.520 habitantes.[3]

Modelo:Xeografía políticaAberaeron
Imaxe

Localización
Mapa
 52°14′33″N 4°15′34″O / 52.24245, -4.25939Coordenadas: 52°14′33″N 4°15′34″O / 52.24245, -4.25939
EstadoReino Unido
PaísGales
Área principalCeredigion Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.422 (2011) Editar o valor em Wikidata (898,41 hab./km²)
Xeografía
Superficie158,28 ha Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postalSA46 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico1545 Editar o valor em Wikidata

Sitio webaberaeron.info Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A actual cidade foi deseñada e fundada a partir de 1805 polo reverendo Alban Thomas Jones Gwynne. O porto consturíuse apoiándose na industria da construción naval no século XIX. Un grupo de casas de obreiros e unha escola foron construídos no lado norte da baía.[4] Os barcos de vapor seguiron visitando o porto ata a década de 1920, e nos últimos anos, converteuse nun pequeno porto para as embarcacións de recreo. O estuario tamén está atravesado por unha ponte peonil de madeira.

A artesanía foi unha parte importante da vida da localidade. A información rexistrada nos directorios comerciais amosa que en 1830, aínda que non se desenvolvera plenamente como porto, había en Aberaeron un fabricante de la, un zapateiro, un panadeiro, un muíño de millo, un ferreiro e fabricante de pas, dous carpinteiros de ribeira e un fabricante de sombreiros.[5]

A finais da década de 1890, un teleférico alimentado a man, o Aeron Express, foi construído para transportar ós traballadores a través do porto cando a ponte foi derrubada polas asulagamentos. A estrutura foi recreada nos anos 1980 como unha atracción turística que se prolongou ata a fin do verán de 1994.

A arquitectura de Aberaeron é infrecuente nesta parte rural de Gales, xa que está construído arredor dunha praza principal de elegantes edificios agrupados arredor do porto. Foi unha obra de Edward Haycock, un arquitecto de Shrewsbury. Algúns edificios desta zona foron de suficiente interese como para aparecer nalgúns dos selos postais británicos.[4]

Persoas notables editar

Galería editar

Notas editar

  1. Llewellyn's Complete Book of Names
  2. "BBC Wales—What's in a name?". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 29 de maio de 2014. 
  3. "Office for National Statistics : Census 2001 : Parish Headcounts : Ceredigion". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014. 
  4. 4,0 4,1 Aberaeron 1807–2007: Aberaeron Town Trail, celebrating our heritage Arquivado 13 de marzo de 2012 en Wayback Machine. Heritage Treftadaeth, 2007 (under building 1 - General Storehouse)
  5. Jenkins, J. Geraint. Ceredigion: Interpreting an Ancient County. Gwasg Careg Gwalch (2005) pg. 83.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar