Abd ar-Rahman II
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Abd al-Rahman.
Abd ar-Rahman II, Abderramán II, Abderrahman II ou 'Abd ar-Rahmān II, nado en 792 e falecido en 852, foi un emir de Córdoba.
Abd ar-Rahman II | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 788 e 792 |
Toledo | |
Falecemento | 22 de setembro de 852 |
Córdoba | |
Ocupación | político |
Pai | Al-Hakam I |
Fillos | Muhammad I de Córdova |
Irmáns | al-Walid bin al-Hakam |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Neto de Abderramán I, o seu mandato adoita ser referido como un período de gran florecemento cultural, científico, administrativo e económico. Continuou as obras na mesquita de Córdoba, iniciadas polo seu avó.
O seu reinado foi unha época de relativa paz interna, aínda así tivo que facer fronte a trece revoltas, en especial significativas as de Mérida e Toledo e a revolta dos mozárabes (850-859), o que propiciou que as expedicións de saqueo cara aos reinos cristiáns aconteceran cada verán, a presenza normando no 844 saldouse coa vitoria do exército do emir nas proximidades de Sevilla.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006.