Aage Berntsen, nado en Særslev o 16 de maio de 1885 e finado en Copenhague o 16 de abril de 1952, foi un médico, pintor, poeta[1] e tirador de esgrima danés.

Aage Berntsen
Nacemento16 de maio de 1885
Lugar de nacementoSærslev
Falecemento16 de abril de 1952
Lugar de falecementoCopenhague
NacionalidadeDinamarca
Alma máterUniversidade de Copenhague
Ocupaciónesgrimista, pintor e poeta
PaiKlaus Berntsen
IrmánsOluf Berntsen e Anny Christiane Millior Berntsen
Na rede
Musicbrainz: 46ed18b7-1507-4c47-902d-743cdaebb68d IMSLP: Category:Berntsen,_Aage Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Aage Berntsen era o fillo do político Klaus Berntsen, que anos despois sería primeiro ministro. Aage realizou o bacharalato na Borgerdydskolen en Copenhague, e tras graduarse en 1903 pasou á Universidade de Copenhaguen para estudar medicina ata a súa licenciatura en 1911. Foi o xefe do servizo de ambulancias danesas en París entre 1918 e 1919, foi axudante de cirurxía no Rigshopitalet de Copenhague (1921-1923) e foi Korps-læge (equivalente a tenente) do corpo médico do exército en 1922. En 1925 leu a súa tese de doutoramento sobre as varices nas pernas, titulada en danés Om Varicer paa Underextremiteterne. A partir de 1927 especializouse en cirurxía, ortopedia e flebectasia. Publicou tamén os manuais médicos Lærebog i Orto­pædi e Ortopædisk Operationslære en 1934 e 1948 respectivamente.[1]

Vida artística e deportiva editar

Como escritor publicou a súa primeira colección de poemas en 1908 co título de Digte, seguido en 1910 por Fiol og Sækkepibe e Klinten og Hveden en 1914. Pero o seu poema máis coñecido é Fynsk Foraar que forma parte de Den milde Dag er lys og lang[2] obra coa que Aage gañou unha competición en 1917 organizada pola Dansk Korforening (Sociedade Coral Danesa) para unha obra relacionada coa historia ou a cultura danesa que había ser musicada polo compositor Carl Nielsen e que tivo a súa estrea en 1922. En 1923 publicou Ungkarlens Visebog e en 1929 Den kostelige Gave i 1929.[3] Entre os premios que recibiu están o Holger Drachmann-legatet en 1941 e a Aarestrup-medaljen en 1950.[4]

Como pintor expuxo na Exhibición de Arte de Autono de Copenhaguen en 1941.[1]

Destacado tirador de esgrima, Bernsten pertencía ao Akademisk Fægteklub e participou nos Xogos Olímpicos de 1920 nas tres armas individuais, e tamén en sabre e espada na competición por equipos, mais non obtivo medalla.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Krak blå bog
  2. Georg Metz (2008). Min danske sang. People'sPress. ISBN 978-87-7055-308-7. 
  3. "Aage Berntsen, Dansk Biografisk Leksikon". Gyldendal. 
  4. "Aage Berntsen (1885-1952)". Litteraturpriser. 
  5. "Aage Berntsen". Sports-Reference.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2012. Consultado o 12 de agosto de 2013.