A peli do fútbol

filme de 2022 dirixido por Mitch Schauer

A peli do fútbol[1] (orixinalmente en inglés: The Soccer Football Movie) é un filme estadounidense de animación de 2022 dirixido por Mitch Schauer. Estreouse o 9 de novembro de 2022 na plataforma Netflix, onde conta con versión dobrada en lingua galega.[2] Converteuse no terceiro filme orixinal de Netflix dobrado nesta lingua, logo dos filmes O monstro mariño e O ascenso das Tartarugas Ninja: A película.

A peli do fútbol
Ficha técnica
Título orixinalThe Soccer Football Movie
DirectorMitch Schauer
IntérpretesZlatan Ibrahimović
Tania Gunadi
Kieran Walton
Arnie Pantoja
Madison Zamor
"Weird Al" Yankovic
Megan Rapinoe
Rob Stone
DistribuidoraNetflix
Estrea9 de novembro de 2022
Duración73 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación, infantil
Na rede
IMDB: tt22774688 Filmaffinity: 671003 Netlix: 80228012Editar o valor em Wikidata

Conta a historia de catro afeccionados ao fútbol adolescentes que se unen para axudar aos seus ídolos a recuperar as súas habilidades no terreo de xogo, despois de que un científico lles quitase o talento. A animación conta cos futbolistas Zlatan Ibrahimović e Megan Rapinoe, quen tamén dan voz na versión orixinal.[3]

Notas editar

  1. pipocas.amesa.gal (ed.). "A peli do fútbol". Consultado o 16 de xaneiro de 2023. 
  2. @amesanl, ed. (9 de novembro de 2022). ""A peli do fútbol" en galego en Netflix". Consultado o 9 de novembro de 2022. 
  3. Moore, Kasey (12 de outubro de 2022). "'The Soccer Football Movie' To Release on Netflix in November 2022" (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar