A nosa xeración (festival)

O Festival da Canción Infantil "A nosa xeración" (Конкурс детской песни "Наше песни) ou simplemente A nosa xeración (Наше полене) é un festival internacional anual, que terá a súa primeira edición en Moscova, Rusia no outono do ano 2022. O festival é a contraparte rusa do tamén festival anual Eurovisión Júnior (como tamén foi o Festival de Intervisión con Eurovisión para os países de Europa do Leste).

Festival da Canción Infantil A nosa xeración
Localización Europa
Anos Dende 2022
Nº edicións 0 (polo momento)
Fundadores
Data Outubro (1 edicións)
Xénero Todos
Organizador Carousel
Web oficial https://www.ourgeneration.tv/
Na rede VK: public212314920

O obxectivo principal da primeira edición do festival é popularizar a arte popular e preservar as tradicións culturais, que foi a sinatura do Decreto No 745 do Presidente de Rusia que declara 2022 como o Ano do Patrimonio Cultural dos Pobos da Rusia.[1][2]

Orixe e historia editar

O festival ten como orixe a retirada de Rusia de Eurovisión (debido á invasión rusa de Ucraína en febreiro de 2022 por parte de Rusia) e a súa expulsión da UER. La emisora Carousel encargada da participación de Rusia no festival de Eurovisión Júnior dixo que estaba a preparar a entrada do país ata o último momento.[3][4]

O mesmo día, revelouse que a emisora ​​celebraría o seu propio festival tras a expulsión de todas as emisoras rusas da UER. O festival chamarase A nosa xeración e terá a súa primeira edición en Moscova no outono de 2022.[5][6]

Regras editar

  • A composición da canción debe ser nova e non asociada a ningún selo discográfico.
  • A duración dunha canción debe ter de 2 minutos e 50 segundos a 3 minutos.
  • A idade dos participantes debe ser entre os 9 e 15 anos.
  • As votacións serán tidas en conta nun 50% por un xurado profesional e nun 50% polo público asistente. O gañador do festival será o participante con máis puntuación.
  • No escenario pode participar un grupo dun máximo de 6 membros.
  • O texto da composición presentada deberá estar escrito nun 60% na lingua nativa do participante, e o 40% restante nunha das oito linguas máis faladas do mundo (inglés, castelán, francés, chinés, árabe, ruso, portugués ou alemán).

Sedes editar

Ano País Cidade Lugar Participantes
2022   Rusia Moscova Academia de Igor Krutoy 0

Participantes editar

Polo momento non se deu a lista de países e territorios que poden participar no festival. Aínda que confirmouse que poden participar Rusia e as autoproclamadas repúblicas de Donetsk e Luhansk.[7]

Ano Países segundo comezan a participar
2022   Rusia

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Modelo:Nashe pokoleniye