A cegoña

obra narrativa de Ricardo Carballo Calero

A cegoña é un relato de Ricardo Carvalho Calero publicado en 1957 en Vida Galega, nº 729, Lugo. Foi reeditado en 1982 en A gente da Barreira e outras histórias[1] e en 1984 na Narrativa completa[2]. Son unhas sete páxinas.

A cegoña
Autor/aRicardo Carballo Calero
OrixeGalicia
LinguaGalega
Xénero(s)Narrativa
Data de pub.1957
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

Comeza describindo o país de Erika.

No país de Erika, as altas penas de gasalto esparegidas pola chaira verde, coroan-se de abetos entre os que esbara, a asobiar decote, un vento azul. Se a esgrévia montaña adoza quizá a sua arela de ceu nunha donda aba, as fonges carballeiras, florecidas de rolas, agroman nas encostas, como bordados de ouro na faldra tépeda de unha carpozana lanzal.[3]

Erika ten sete anos, ollos azuis, pequenas trenzas louras e dous irmáns máis noviños. Ela xoga cos animais pero bota moito de menos outra irmá coa que poder xogar. Súa nai está no cuarto pechada e o pai vai buscar a señora Dorothea que xa veu cando naceu o seu irmán. O pai déitaa e dille que esa noite vai vir a cegoña. No país de Erika os nenos son cousa da cegoña, están no fondo do río durmindo e cando os pais queren un neno pídenllo á cegoña. E ata se pode escoller, se se quere unha nena tres terróns de azucre a carón dos vidros da fiestra, se se quere un neno, dous. A cegoña vén, mira o azucre e vai buscar a criatura sen que a vexan. E a nena vai á cociña coller os tres terróns, déixaos na xanela e volve durmir, pois pensa que irmá nena está encargada.

Á mañá o pai chámaos, xa hai meniño, é un neno e chámase Hans. A nena ve voar a cegoña, pero trabucouse, estará medio cega ou vella. Vai durmir e esperta mentres os pais dormen. Colle o sei irmanciño e vai cara ao río. Alí deposítao na auga para que durma ata que outros pais doutra granxa o pidan. Volve á casa e pon os tres terróns, e outros tres na outra banda por se a cegoña non ve ben. Erika ten sono e dorme feliz, todo se solucionará.

Características editar

Na edición de 1984 sinálase:

O ambiente do relato (“O lar de Clara”) é o de “As pitas baixo a chúvia” e, se cadra, “A cegoña”, contos de protagonista infantil[4]

Henrique Rabuñal comenta:

Parte o autor dunha historia acontecida a unha súa profesora de alemán polo que o mundo rural do texto non é de ambientación galega. Neste conto verificamos o drama que poden causar os enganos tradicionais de que son obxecto as crianzas. Estamos no país de Erika, unha cativa de sete anos que non ten con quen xogar e quere facelo con outra nena nun país onde os nenos son traídos polas cegoñas. Os nenos fican durmidos no fondo do río onde os colle a cegoña. Pódese pedir neno ou nena pondo 2 ou 3 terróns de azucre a carón dos vidros da xanela. Erika quer unha irmá pois xa ten irmáns varóns e de madrugada leva o neno (Hans) que acaba de ter a súa nai ao río. Olla como o río o leva. Volve á casa e repón esperanzada os 3 terróns para que non se confunda a cegoña. Dorme feliz convencida de que a cegoña vai rectificar traéndolle a irmanciña desexada. Hans, froito daquel erro, irá a outra granxa.[5]

Notas editar

  1. Carballo Calero, Ricardo (1984). A gente da Barreira e outras histórias. Follas Novas: Santiago. Páxs. 143-149. ISBN 84-85385-26-8
  2. Carballo Calero, Ricardo (1984). Narrativa completa. Ediciós do Castro. Páxs. 213-219. ISBN 84-7492-321-2
  3. Carballo Calero 1984, p. 213.
  4. Carballo Calero 1984, p. 11.
  5. Rabuñal, Henrique (2020). Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra. Galaxia. p. 139-140. ISBN 978-84-9151-436-7.