A Casa de 1906

(Redirección desde «A casa de 1907»)

A Casa de 1906[1] foi o primeiro programa televisivo de telerrealidade feito en Galiza e consiste en situar dúas familias durante dous meses nunha contorna que reproduce a Galiza de principios do século XX. A premisa do programa é responder á pregunta: Podería unha familia actual sobrevivir na época dos nosos bisavós?

A Casa de 1906
Formato concurso-reality
Duración 1 hora
Creado por Filmanova
Continental Producciones
Desenvolvido por Filmanova
Continental Producciones
Producido por Xosé Morais
Sonia Barros
Marco Meere
Presentado por Antonio Mourelos (locución)
Día(s) de emisión mércores, xoves e venres
Horario de emisión prime time nocturno
Localización(s) Ambroa, Irixoa
Cadea TVG
Día da estrea 18 de outubro de 2006
Nº de temporadas 1
Nº de episodios 24 (máis un Así se fixo A casa de 1906)

Na rede
http://www.casade1906.com

Características editar

O programa é unha experiencia de supervivencia e convivencia que producen Filmanova e Continental para a TVG.

As familias habitan en dúas casas que reproducen con exactitude vivendas campesiñas de principios do século XX, sen luz eléctrica, auga corrente nin comodidades actuais. A súa supervivencia depende do traballo e da súa capacidade de adaptación aos tempos dos seus antepasados. Visten roupas de época, alúmanse con candís, cociñan en lareiras, coidan do gando e traballan a horta coas ferramentas que había en 1906.

O programa contou co patrocinio da cervexa Estrella Galicia, que foi creada en 1906.

Primeira tempada editar

Foi gravada en dúas casas da parroquia de San Tirso de Ambroa, (Irixoa). nela participaron a familia González (do Temple) e a familia Peña, de Padrón. A vitoria foi para a familia Peña por un 67,8% contra un 32,2%.

A emisión durou oito semanas, dende o 18 de outubro ata o 15 de decembro de 2006. Foi o segundo programa máis visto da TVG na tempada 2006-07, con 209.000 espectadores de media, e a cuarta produción por cota de pantalla, cun 21,0%.

Notas editar

  1. A segunda tempada (2007) chamouse A Casa de 1907.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar