A Casa de 1906
A Casa de 1906[1] foi o primeiro programa televisivo de telerrealidade feito en Galiza e consiste en situar dúas familias durante dous meses nunha contorna que reproduce a Galiza de principios do século XX. A premisa do programa é responder á pregunta: Podería unha familia actual sobrevivir na época dos nosos bisavós?
A Casa de 1906 | |
---|---|
Formato | concurso-reality |
Duración | 1 hora |
Creado por | Filmanova Continental Producciones |
Desenvolvido por | Filmanova Continental Producciones |
Producido por | Xosé Morais Sonia Barros Marco Meere |
Presentado por | Antonio Mourelos (locución) |
Día(s) de emisión | mércores, xoves e venres |
Horario de emisión | prime time nocturno |
Localización(s) | Ambroa, Irixoa |
Cadea | TVG |
Día da estrea | 18 de outubro de 2006 |
Nº de temporadas | 1 |
Nº de episodios | 24 (máis un Así se fixo A casa de 1906) |
Na rede
| |
http://www.casade1906.com |
Características
editarO programa é unha experiencia de supervivencia e convivencia que producen Filmanova e Continental para a TVG.
As familias habitan en dúas casas que reproducen con exactitude vivendas campesiñas de principios do século XX, sen luz eléctrica, auga corrente nin comodidades actuais. A súa supervivencia depende do traballo e da súa capacidade de adaptación aos tempos dos seus antepasados. Visten roupas de época, alúmanse con candís, cociñan en lareiras, coidan do gando e traballan a horta coas ferramentas que había en 1906.
O programa contou co patrocinio da cervexa Estrella Galicia, que foi creada en 1906.
Primeira tempada
editarFoi gravada en dúas casas da parroquia de San Tirso de Ambroa, (Irixoa). nela participaron a familia González (do Temple) e a familia Peña, de Padrón. A vitoria foi para a familia Peña por un 67,8% contra un 32,2%.
A emisión durou oito semanas, dende o 18 de outubro ata o 15 de decembro de 2006. Foi o segundo programa máis visto da TVG na tempada 2006-07, con 209.000 espectadores de media, e a cuarta produción por cota de pantalla, cun 21,0%.
Notas
editar- ↑ A segunda tempada (2007) chamouse A Casa de 1907.