A árbore dos zocos

Filme de 1978 dirixido por Ermanno Olmi

A árbore dos zocos (en italiano: L'albero degli zoccoli) é un filme italiano de 1978 escrito e dirixido por Ermanno Olmi. Conta a historia dun grupo de labregos da rexión da Lombardía nunha cascina a finais do século XIX. Ten semellanzas co neorrealismo italiano, xa que se centra na vida dos pobres e algunhas partes foron interpretadas por granxeiros reais e non por actores profesionais.

A árbore dos zocos
Ficha técnica
Título orixinalL'albero degli zoccoli
DirectorErmanno Olmi
ProdutorRAI/GPC Italia
GuiónErmanno Olmi
IntérpretesLuigi Ornaghi
Francesca Moriggi
Omar Brignoli
MúsicaBach
Mozart
FotografíaErmanno Olmi
MontaxeErmanno Olmi
DistribuidoraFantafilms
EstreaItalia 21 de setembro de 1978
Galicia 28 de agosto de 1989 (TVG)
Duración186 minutos
OrixeItalia Italia
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0077138 Filmaffinity: 128392 Allocine: 2086 Rottentomatoes: m/the_tree_of_wooden_clogs Allmovie: v50920 TCM: 93887 Netlix: 70001601 Editar o valor en Wikidata

Gañou catorce premios, incluída a Palma de Ouro no Festival de Cannes[1] e o César ao mellor filme estranxeiro. O filme está falado en bergamasco, dialecto do lombardo oriental.

Estreouse en galego o 28 de agosto de 1989 a través da TVG.[2]

Sinopse

editar

Catro familias campesiñas traballan en granxas para o mesmo dono nunha existencia miserable en 1898 nos arredores de Bérgamo. Ao longo dun ano nacen nenos, plántanse colleitas, mátanse animais, casan parellas e intercámbiase historias e pregarias. Un fondo revolucionario é visto polos campesiños, mais é ignorado, cando un axitador comunista dá un discurso na feira local e cando unha parella acabada de casar visita a cidade de Milán e é testemuña do arresto de prisioneiros políticos. Cando chega a primavera, o pai dunha das familias corta unha árbore para facer zocos para que o seu fillo poida camiñar á escola, pero o propietario descóbreo e a familia é obrigada a marchar da terra.

Personaxes

editar
  1. "Festival de Cannes: The Tree of Wooden Clogs". festival-cannes.com. Arquivado dende o orixinal o 29-09-2012. Consultado o 20-5-2009. 
  2. "Programación da TVG". ABC. 28 de agosto de 1989. Consultado o 1 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar