Abrir o menú principal

A. C. Green

baloncestista estadounidense

A. C. Green, Jr., nado o 3 de outubro de 1963 en Portland, Oregón, é un ex-xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou para Los Angeles Lakers, Phoenix Suns, Dallas Mavericks e Miami Heat na National Basketball Association (NBA). Grazas a 1 192 encontros xogados de forma consecutiva, posúe o récord de maior número de partidos seguidos xogados da historia, xa sexa na NBA o na ABA. Ademais, tan só deixou de xogar perdeu tres partidos na súa carreira, disputando 1278 de 1281 partidos (99,8%). Grazas a este motivo foi alcumado como "Iron Man" (do inglés: home de ferro).

A. C. Green
Posición Ala-pivote
Dorsal 45
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Nacemento 3 de outubro de 1963 (55 anos)
Estado de Oregón Portland, Oregón
Carreira
Universidade Oregon State
NBA Draft 1985 / Rolda: 1 / Elección: 23
Por Los Angeles Lakers
Tempadas 19852001
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     12 331 (9,6 pp)
Rebotes     9 473 (7,4 pp)
Roubos     1 033 (0,8 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Índice

TraxectoriaEditar

UniversidadeEditar

A.C. Green pasou 4 anos na Universidade de Oregon State, nos cales se converteu no segundo máximo reboteador e no cuarto mellor anotador da historia da universidade. Na súa tempada junior foi o cuarto mellor de toda a liga NCAA en porcentaxe de tiro, cun 65,7 %. Acabou o seu periplo universitario cunhas medias de 14,7 puntos e 7,7 rebotes por partido.

ProfesionalEditar

Foi elixido por Los Angeles Lakers no posto 23 da primeira rolda do Draft da NBA de 1985. No seu primeiro ano tivo que conformarse con saír desde o banco, mais gañou a titularidade ao ano seguinte, nun equipo infestado de figuras na época do Showtime, como Magic Johnson, Kareem Abdul-Jabbar, Michael Cooper, James Worthy ou Byron Scott. Con eles conseguiu gañar os seus dous primeiros aneis de campión da NBA.

Green deixou os Lakers en 1993, e asinou como axente libre polos Phoenix Suns, equipo que viña de perder as finais contra Chicago Bulls o ano anterior, e que consideraron que era a peza que lles faltaba no seu quebracabezas para facerse co anel. Na súa primeira tempada en Arizona conseguiu as mellores medias da súa carreira, con 14,7 puntos e 9,2 rebotes por partido, mais o seu equipo non chega a pasar das semifinais de conferencia. En 1997 é traspasado a Dallas Mavericks, nun acordo que levaba a Jason Kidd a Phoenix. Foi alí cando o 20 de novembro de 1997 conseguiu bater a marca de partidos consecutivos, que posuía Randy Smith, con 906. En 1999 consegue chegar á cifra de 1000 partidos consecutivos contra os Vancouver Grizzlies, acabando esa tempada con 1024. En 14 tempadas, só se perdeu 3 encontros, todos na tempada 1986-87, e sempre por decisión técnica do seu entón adestrador, Pat Riley.

Regresou aos Lakers en 1999, xa con 36 anos, para conseguir gañar o seu terceiro e definitivo anel de campión, cun equipo no que xa despuntaban figuras como Shaquille O'Neal ou Kobe Bryant, saíndo de titular nos 82 partidos da fase regular, e dosificando minutos dos home altos do equipo. A súa última tempada pasouna nos Miami Heat, onde volveu reunirse co seu antigo adestrador, Pat Riley.

EquiposEditar

LogrosEditar

  • Tres veces Campión da NBA (1987–1988, 2000).
  • Unha vez All-Star (1990).
  • Unha vez no Segundo equipo defensivo da NBA (1989).
  • Maior serie de partidos consecutivos xogados na historia da NBA/ABA con 1 192.

Véxase taménEditar