A-12

autovía de Pamplona a Burgos

Coordenadas: 42°34′56.27″N 2°8′49.55″O / 42.5822972, -2.1470972

A A-12 ou autovía do Camiño é unha autovía española que comeza en Pamplona (Navarra) e finalizará en Burgos, xa que o tramo de Burgos a León xa está construído coa denominación A-231. Terá unha lonxitude de 219,4 km e empezou a construírse en 2002.


Autovía do Camiño
TipoloxíaAutovía
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude219,4 km
Localización
InicioPamplona
FinBurgos

No seu percorrido entre Pamplona e Burgos atópanse localidades importantes como Puente la Reina, Lizarra, Logroño, Nájera ou Santo Domingo de la Calzada.

A parte que discorre pola Comunidade Foral de Navarra pertence ao Goberno de Navarra e a parte que discorre pola Rioxa e Castela e León á Rede de Estradas do Estado dependente do Ministerio de Fomento.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar