Luna (foguete)

Foguete espacial soviético.
(Redirección desde «8K72»)


Luna ou Luna 8K72, código GRAU 8K72 e tamén coñecido como Vostok-L, foi o nome dun modelo de foguete espacial soviético activo entre 1958 e 1960.[1][2]

Luna / 8K72
FunciónLanzador espacial lixeiro.
país de orixeUnión Soviética
Tamaño
altura30,84 m[1]
diámetro2,60 m[1]
masa277.000 kg[1]
Etapas2[1]
Carga LEO
masa4000 kg[1]
Carga órbita de inxección transluar
masa280 kg[1]
foguetes derivados
FamiliaR-7
Lanzamento históricos
EstadoRetirado[1]
SitiosCosmódromo de Baikonur[1][2]
Total de lanzamentos9[1][2]
exitosos3[1][2]
fallos5[1][2]
Fallos parciais1[1][2]
Voo inaugural23 de setembro de 1958[1][2]
Último voo16 de abril de 1960[1][2]
Acelerarores – 8K72-0[1][2]
altura19,0 m[1][2]
diámetro2,68 m[1]
masa baleiro3800 kg[1]
masa cheo43.400 kg[1]
impulsado por1 RD-107-8D74-1958[1]
potencia máxima990,0 kN (no baleiro)[1]
Impulso específico254 s (a nivel do mar), 312 s (no baleiro)[1]
propelenteOxíxeno líquido e queroseno[1]
Primeira etapa – Luna 8K72-1[1]
altura28,0 m[1]
diámetro2,60 m[1]
masa baleiro6900 kg[1]
masa cheo95.300 kg[1]
impulsado por1 RD-108-8D75-1958[1]
potencia máxima936,5 kN[1]
Impulso específico320 s (246 s a nivel do mar)[1]
propelenteOxíxeno líquido e queroseno[1]
Segunda etapa – Luna 8K72-2[1]
altura2,84 m[1]
diámetro2,56 m[1]
masa baleiro1120 kg[1]
masa cheo8100 kg [1]
impulsado por1 RD-0105[1]
potencia máxima49,0 kN[1]
Impulso específico316 s[1]
propelenteOxíxeno líquido e queroseno[1]
editar datos en Wikidata ]

Características editar

O 8K72 foi un foguete derivado do mísil R-7 (do que derivan tamén outros foguetes, como o lanzador Soiuz). Foi desenvolvido nos inicios da era espacial como medio para lanzar as primeiras sondas luares e foi o primeiro lanzado soviético en resolver o problema da ignición dunha etapa de foguete en gravidade cero.[1][2]

Luna foi lanzado un total de nove veces, todas desde o cosmódromo de Baikonur, con cinco fallos e un éxito parcial.[1][2]

Historial de lanzamentos editar

Voo[2] Data[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas
1 23 de setembro de 1958 Luna 1a Fallo Primeiro voo dun Luna. Desintegración do foguete aos 93 segundos debido a resonancias nos foguetes aceleradores.
2 11 de outubro de 1958 Luna 1b Fallo Desintegración do foguete aos 104 segundos debido a resonancias nos foguetes aceleradores.
3 4 de decembro de 1958 Luna 1c Fallo Apagado prematuro da etapa principal debido á falta de lubricación na bomba de peróxido de hidróxeno.
4 2 de xaneiro de 1959 Luna 1 Éxito Primeiro voo exitoso dun foguete Luna.
5 18 de xuño de 1959 Luna 2 Fallo O sistema inercial fallou aos 153 segundos do lanzamento. O foguete foi destruído desde terra.
6 12 de setembro de 1959 Luna 2 Éxito
7 4 de outubro de 1959 Luna 3 Éxito
8 15 de abril de 1960 Luna 4a Fallo parcial A última etapa non se acendeu, co que o satélite quedou nunha traxectoria suborbital que o levou ata os 200.000 km de altura antes de volver a caer á Terra.
9 16 de abril de 1960 Luna 4b Fallo Último lanzamento dun foguete Luna. Un dos aceleradores non alcanzou a potencia prevista e catro décimas de segundo despois do lanzamento separaouse do foguete principal, deixando a este sen potencia necesaria para alcanzar órbita.

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 1,40 1,41 1,42 1,43 1,44 1,45 1,46 Mark Wade (2011). "Luna 8K72" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Vostok-L (8K72)" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2013.