365 días (filme)

filme de 2020 dirixido por Barbara Białowąs e Tomasz Mandes

365 días[2] (en polaco: 365 dni) é un filme polaco de 2020 dirixido por Barbara Białowąs e Tomasz Mandes. Baséase na primeira novela da triloxía de Blanka Lipińska, e conta a historia dunha muller de Varsovia (Anna-Maria Sieklucka) que se namora dun dominante home siciliano (Michele Morrone), que a encarcera e impón un período de 365 días para namorarse del.

365 días
Ficha técnica
Título orixinal365 dni
Director
  • Barbara Białowąs
  • Tomasz Mandes
Produtor
  • Maciej Kawulski
  • Ewa Lewandowska
  • Tomasz Mandes
Guión
Baseado en365 dni de Blanka Lipińska
Intérpretes
Música
  • Michał Sarapata
  • Mateusz Sarapata
FotografíaMateusz Cierlica
MontaxeMarcin Drewnowski
Estudio
  • Ekipa Sp. z o.o.
  • Future Space
  • Next Film
  • TVN
DistribuidoraNext Film
EstreaPolonia 7 de febreiro de 2020
Duración114 minutos
OrixePolonia Polonia
XéneroSuspense erótico
Recadación9,5 millóns de dólares[1]
Filme seguinte365 días: Aquel día (2022)
Na rede
IMDB: tt10886166 Allocine: 280764 Rottentomatoes: m/365_days_2020 Mojo: tt10886166 Netlix: 81245964Editar o valor em Wikidata

365 días estreouse nos cinemas de Polonia o 7 de febreiro de 2020. Estreouse internacionalmente a través de Netflix o 7 de xuño de 2020, onde conta con opción de subtitulado en galego, traducido por Jeiry Castellano.[3] Rapidamente gañou a atención mundial, converténdose no filme máis visto en territorios de todo o mundo, incluído nos Estados Unidos. A pesar desta popularidade, o filme recibiu críticas universalmente negativas, especialmente dirixidas á súa glorificación da mafia e o uso intensivo de secuencias sexuais que inclúen a violencia sexual, facendo comparacións coa triloxía de Fifty Shades of Grey. A súa secuela, titulada 365 días: Aquel día, estreouse en Netflix o 27 de abril de 2022.

Personaxes editar

 
Michele Morrone, Blanka Lipińska e Anna Maria Sieklucka en 2019.

Estrea editar

365 días estreouse nos cinemas de Polonia o 7 de febreiro de 2020, recadando 9 millóns de dólares.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "365 Days (2020)". Box Office Mojo. Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  2. pipocas.amesa.gal (ed.). "365 días". Consultado o 16 de xaneiro de 2023. 
  3. Manuel Arca Castro (ed.). "365 días en galego en Netflix". Consultado o 7 de maio de 2022. 
  4. "365 dni" – vía www.filmweb.pl. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar