Abrir o menú principal

300 (filme)

Filme de 2007 dirixido por Zack Snyder

300 é un filme épico estadounidense dirixido por Zack Snyder que foi estreado no 2007. Está baseado na novela gráfica 300 de Frank Miller e Lynn Varley. A historia é unha adaptación fantasiosa da Batalla das Termópilas. Foi rodado en gran parte mediante a técnica do croma para axudar a recrear a imaxenería da novela gráfica orixinal.

300
Ficha técnica
Título orixinal300
DirectorZack Snyder
ProdutorGianni Nunnari
Mark Canton
Bernie Goldmann
Jeffrey Silver
GuiónZack Snyder
Kurt Johnstad
Baseado en300 de Frank Miller
IntérpretesGerard Butler
Lena Headey
David Wenham
Dominic West
Vincent Regan
Rodrigo Santoro
Michael Fassbender
MúsicaTyler Bates
FotografíaLarry Fong
MontaxeWilliam Hoy
DistribuidoraWarner Bros.
EstreaFlag of the United States.svg 9 de marzo de 2007
Galicia 21 de abril de 2010 (TVG)
Duración117 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento$65 000 000[1]
Recadación$456 068 181[2]
Filme seguinte300: Rise of an Empire

O argumento conta a historia do Rei Leónidas (Gerard Butler), que lidera a 300 soldados espartanos nunha batalla contra o "rei-deus" persa Xerxes (Rodrigo Santoro) e o seu enorme exército de 300 000 soldados. Como a vitoria é imposible, a Raíña Gorgo (Lena Headey) tenta conseguir o apoio de Esparta para o seu marido. A historia é contada pola voz narrativa do soldado Dilios (David Wenham). ó longo do filme, son introducidas varias criaturas fantásticas, situando a 300 dentro do xénero de fantasía histórica.

300 foi estreada nos Estados Unidos nos cines convencionais e IMAX o 9 de marzo de 2007, e en DVD, Blu-ray, e HD DVD o 31 de xullo de 2007. Recubiu críticas film diversas, sendo aclamado polo seu estilo e orixinalidade, mais foi criticado polo uso excesivo de efectos visuais e pola controvertida representación dos persas. Porén, o filme foi un éxito de recadación, gañando $450 millóns, cunha das mellores acollidas na estrea en toda a historia do cine.

Estreouse en galego na TVG o 21 de abril de 2010.[3]

SinopseEditar

O filme comeza contando a infancia do rei Leónidas I, aos sete anos, comeza o seu adestramento como espartano. Unha vez Leónidas xa é rei de Esparta chega un día un mensaxeiro persa comunícalle o desexo de Xerxes I en dominar a rexión, pero que podía someter voluntariamente o seu pobo e seguir sendo rei. Leónidas, ofendido por semellante feito, mata toda a comitiva persa e decide comezar enfrontarse a Xerxes. Porén, como Esparta estaba a celebrar a festa relixiosa da Carneia, Leónidas non pode entrar en guerra, polo que reúne 300 guerreiros como a súa garda persoal e marcha ao encontro dos invasores persas.

PersonaxesEditar

NotasEditar

  1. Corliss, Richard (March 14, 2007). "7 Reasons Why 300 Is a Huge Hit". Time. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2008. Consultado o November 18, 2008. 
  2. Box Office Mojo (ed.). "300 (2006)". Consultado o 8 de marzo de 2009. 
  3. "300 na TVG". DiarioSiglo XXI. 21 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 4 de marzo de 2013. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar