300 (novela gráfica)

300 é unha novela gráfica de 1998, publicada orixinalmente en cinco números, guionizada e ilustrada por Frank Miller con cor de Lynn Varley. Describe a batalla das Termópilas (480 a.C.), na que 300 guerreiros espartanos trataron de frear o avance do exército persa de Xerxes I no seu avance cara á Grecia continental e os sucesos que desembocaron nela dende a perspectiva de Leónidas I, rei de Esparta.

300 (novela gráfica)
Título orixinal300
Autor/aFrank Miller
Ilustrador/aFrank Miller
OrixeEstados Unidos de América
Lingualingua inglesa
Tema(s)Batalla das Termópilas
Xénero(s)historical comics
EditorialDark Horse Comics
Data de pub.1998
Premios
editar datos en Wikidata ]

A novela está especialmente inspirada polo filme de 1962 The 300 Spartans, que Miller viu canda neno. Cada páxina foi orixinalmente ilustrada nun formato de páxina dupla. Cando a serie foi publicada en formato de tapa dura, mantívose o formato, de forma que cada páxina era dúas veces máis ancha que unha banda deseñada normal.

Obtivo o Premio Harvey á Mellor Serie e Mellor Cor e o Premio Eisner á Mellor Serie Limitada e Mellor Cor, así como o de Mellor Autor Completo (Best Writer/Artist) para Frank Miller, todos en 1999.

Estrutura

editar

A novela gráfica 300 consta dunhas 160 páxinas, distribuídas en 5 capítulos.

  • O primeiro capítulo, titulado "Honor", presenta ás tropas espartanos avanzando cara ao paso das Termópilas, ademais dunha breve introdución ao personaxe principal, o rei Leónidas.
  • O segundo capítulo, de título "Deber", narra a visita de Leónidas ao oráculo dos éforos, a partida dos 300 desde Esparta, incluíndo a gran tormenta que afunde parte da frota persa.
  • O terceiro capítulo, "Gloria", introduce ao personaxe de Efialtes, ademais de conta-lo enfrontamento entre o mozo Stelios e un embaixador persa.
  • O cuarto capítulo, "Combate", ilustra o enfrontamento entre as tropas gregas, cos 300 espartanos á cabeza, fronte á inmensa horda persa. Trala esmagadora vitoria espartana, Xerxes I tenta convencer a Leónidas para se render, pero este rexeita laconicamente a oferta.
  • Finalmente, o quinto e último capítulo, "Vitoria", narra a traizón de Efialtes, que sinala a Xerxes o camiño por onde poderá sorprender aos espartanos. Leónidas decide quedar a resistir xunto a todos seus homes, logrando ferir a Xerxes xusto antes de morrer. O único espartano que sobrevive é Dilios, enviado por Leónidas a Esparta para narrar o acontecido, e que será o encargado de liderar ás tropas espartanas na batalla de Platea.

Película

editar
Artigo principal: 300 (filme).

Exite un filme baseado nesta novela gráfica, dirixido por Zack Snyder e con Gerard Butler no papel de Leónidas.