IMAX

formato de filme

IMAX (acrónimo de Image MAXimum) é un formato de filme e un conxunto de xeitos de proxección creados pola compañía canadense IMAX Corporation e desenvolvido por Graeme Ferguson, Roman Kroitor, Robert Kerr, e William C. Shaw.[1] IMAX pode filmar e exhibir imaxes de maior tamaño que os sistemas convencionais.

Comparación entre negativos de 4/35 mm e 15/70 mm

Historia

editar

A arela de incrementar o impacto dun filme vén desde as primeiras décadas da historia do cinema. En 1929 Fox Film introduciu o sistema Fox Grandeur, primeiro en 70 mm que deseguido caeu no esquecemento. Na década de 1950 CinemaScope (1953) e VistaVision (1954) alargaron a imaxe seguindo a idea de múltiplos proxectores do Cinerama (1952), que porén, era difícil de instalar.

O primeiro filme con formato IMAX foi Tiger Child, amosado na Expo 70 de Osaca.[2] A primeira instalación permanente foi o Cinesphere en Toronto, que se creo en maio de 1971.[3]

O formato IMAX foi empregado tradicionalmente para aplicación específicas. Os gastos de produción e exhibición facía que os filmes fosen corenta minutos máis curtos cós convencionais. Non obstante, desde mediados da década de 1990 comezaron a exhibirse neste sistema filmes dramáticos.

  1. Ieee.ca (ed.). "The Birth of IMAX". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2019. Consultado o 23 de maio de 2012. 
  2. IEEE Canada, Institute of Electrical and Electronics Engineers (ed.). "IMAX'S Chronology of Techonological (sic) Events". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2012. Consultado o 23 de febreiro de 2010. 
  3. "Corporate - History & Milestones". IMAX.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2010. Consultado o 3 de xullo de 2010. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar