(119951) 2002 KX14
(119951) 2002 KX14, tamén escrito coma 2002 KX14, é un obxecto trans-neptuniano (TNO) que reside dentro do cinto de Kuiper. Foi descuberto o 17 de maio do ano 2002 por Michael E. Brown e Chad Trujillo.
Descubrimento e clasificación[1] | |
---|---|
Descuberto por | Michael E. Brown, Chad Trujillo |
Descuberto o | 17-05-2002 |
Nome no Mpc | (119951) 2002 KX14 |
Categoría no Mpc | Obxecto trans-neptuniano cubewano[2] |
Características orbitais[1][2] | |
Época= 31-12-2006 (2454100,5 xd) | |
Semi-eixo maior | 5837,864 Gm 39,024 UA (Q) |
Afelio | 6.081,698 Gm 40,654 UA (Q) |
Perihelio | 5.594,029 Gm 37,394 UA (q) |
Excentricidade | 0,042 |
Período orbital | 89.041,246 d (243,78 ax) |
Velocidade orbital | 4,77 km/s |
Inclinación | 0,401° |
Anomalía media | 253,196° (M) |
Lonxitude do nodo ascendente | 286,961° |
Argumento do perihelio | 66,276° |
Características físicas | |
Tamaño | 180 km (2010)[3] <562 (+ 220 - 182}} (2007) km[4] |
Masa | 2,0 x 1020? kg |
Densidade | 2,0? g/cm³ |
Gravidade superficial | 0,1621? m/s² |
Velocidade de escape | 0,3066? km/s |
Período de rotación sideral | ? d |
Tipo espectral | ? |
Albedo | >0,08 (+ 0,09 - 0,04)[4] |
Magnitude aparente | 20,4 (en oposición)[5][6] |
Magnitude absoluta | 4,5[1] |
Temperatura superficial | ~45 K |
Ten un eixo semi-maior, un período orbital, e unha excentricidade orbital moi semellantes ás dun plutino.[7] Os períodos orbitais dos plutinos andan polos 247,2 anos (1,5 x período orbital Neptuno). Pero (119951) 2002 KX14 non está clasificado coma plutino dende que se sabe que non está en resonancia con Neptuno e de que posiblemente se formase na súa actual órbita que é case completamente circular e que está practicamente sobre a eclíptica. Posiblemente se mantivese nunha órbita dinamicamente fría (é dicir, sen alteracións) e que non fose directamente perturbada por Neptuno na súa migración cara a fora durante a formación do Sistema Solar. O programa Deep Ecliptic Survey (DES) clasifícao actualmente coma un cubewano baseándose na integración da súa órbita para un rango de 10 millóns de anos.[2]
Ven de estar hai pouco en oposición cunha magnitude aparente de 20,4.[5][6] Isto fai del que sexa 360 menos brillante cá Plutón.[8]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "JPL Small-Body Database Browser: 119951 (2002 KX14)". 26-04-2006. Consultado o 16-07-2008.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Marc W. Buie (26-04-2006). SwRI (Space Science Department), ed. "Orbit Fit and Astrometric record for 119951". Consultado o 16-07-2008.
- ↑ Wm. Robert Johnston (07-08-2010). Johnston's Archive, ed. "List of Known Trans-Neptunian Objects". Consultado o 03-03-2011.
- ↑ 4,0 4,1 John Stansberry e o seu equipo (2007). "Physical Properties of Kuiper Belt and Centaur Objects: Constraints from Spitzer Space Telescope". Consultado o 20-07-2011.
- ↑ 5,0 5,1 Minor Planet Center, ed. (23-07-2010 época). "(119951) 2002 KX14". Consultado o 23-08-2018.}
- ↑ 6,0 6,1 JPL Solar System Dynamics (ed.). "HORIZONS Web-Interface". Consultado o 20-07-2008.
- ↑ John S. Lewis (2004). "Plutinos 2nd paragraph on page 410". En Academic Press. Physics and Chemistry of the Solar System. ISBN 9780124467446.
- ↑ (5th root of 100)^(20.4-14=363)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Orbital simulation from JPL (Java) / Ephemeris (en inglés)
- (119951) 2002 KX14 Precovery Images (en inglés)