Estevo III de Moldavia

(Redirección desde «Ștefan cel Mare»)

Estevo III de Moldavia (c. 1437 - 2 de xullo de 1504), tamén coñecido coma Estevo o GrandeȘtefan cel Mare» en romanés) ou Estevo o Grande e o SantoȘtefan cel Mare și Sfânt»), foi príncipe de Moldavia entre 1457 e 1504, o máis prominente representativo da Casa Real Mușat.

Infotaula de personaEstevo III de Moldavia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1433 Editar o valor em Wikidata
Borzești, Romanía (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte2 de xullo de 1504 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Suceava, Romanía (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPutna Monastery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ruler of Moldavia (en) Traducir
abril de 1457 – 2 de xullo de 1504
← Peter Aaron (en) TraducirBogdan III (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePrincipado de Moldavia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo moldovo Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua romanesa Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa2 de xullo Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRuler of Moldavia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa dos Bogdano-Mușat (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMaria de Mangup (pt) Traducir
Maria Voichița
Evdochia de Kiev (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParellaMaria Rareș (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosPetru Rareș (pt) Traducir
 () Maria Rareș (pt) Traducir
Bogdan III (pt) Traducir
 () Maria Voichița
Helena (pt) Traducir
 () Evdochia de Kiev (pt) Traducir
Alexandru of Moldavia (en) Traducir
 () Editar o valor em Wikidata
PaisBogdan II da Moldávia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Maria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Moldova-8
Representación de Estevo no mosteiro de Humor
Moldavia en 1483.

Durante o seu reinado, transformou Moldavia nun estado poderoso e mantivo a súa independencia fronte ás ambicións de Hungría, Polonia, e do Imperio Otomán, que querían subxugar ao país. Estevo chegou a ser famoso en Europa pola súa resistencia fronte aos otománs. Foi vitorioso en 34 de 36 batallas, e o primeiro en derrotar de maneira decisiva ao Imperio Otomán, na Batalla de Vaslui, despois da cal o papa Sisto IV nomeouno verus christianae fidei athleta (verdadeiro campión da fe cristiá). Estevo foi un home relixioso, construíndo igrexas e mosteiros despois das súas vitorias, e pagando a débeda do Monte Athos ao Imperio Otomán, asegurando desta maneira a autonomía da comunidade monástica.

Primeiros anos e chegada ao poder editar

Estevo era membro da familia real Mușat. O seu pai Bogdan II reinara sobre Moldavia por dous anos (1449-1451), antes de morrer nunha batalla, morto o tío de Estevo, Petru Aron. Entre 1451 e 1457, Moldavia foi trastornada por unha guerra civil entre Petru Aron e Alexăndrel, neto de Alexandru cel Bun.

Despois do conflito, Estevo refuxiouse en Transilvania, buscando a protección do comandante militar Iancu de Hunedoara. Trasladouse despois á Corte de Vlad Draculea, e, en 1457, conseguiu recibir a 6.000 cabaleiros como asistencia militar, gañando a batalla en contra de Petru Aron en Doljești, preto de Roman. Aron fuxiu a Polonia, mentres que Estevo foi coroado príncipe. Dous anos despois, liderou unha incursión dentro de Polonia, buscando a Aron, pero atopou unha forte resistencia. Asinouse un tratado entre Moldavia e Polonia, a través do cal Estevo recoñeceu a Casimiro IV Iagellón como o seu suzerano, mentres que a Aron prohibíuselle entrar en Moldavia.

Reinado editar

 
Escudo de Moldavia de 1481.

Ameazado por veciños poderosos, conseguiu oporse á invasión do rei húngaro Matías Corvino, derrotándoo na Batalla de Baia (en 1467), e invadindo Valaquia en 1471, porque Valaquia converteuse en vasalo do Imperio Otomán. Cando o sultán Mehmed II organizou un ataque como resposta a Moldavia, Estevo derrotou aos invasores na Batalla de Vaslui, en 1475, unha vitoria que cortou temporalmente o avance turco na Europa oriental.

Estevo foi derrotado en Războieni o ano seguinte, mais os otománs tiveron que retirarse, ao non conseguir capturar ningún castelo importante, e porque unha enfermidade espallouse no exército turco. Estevo buscou o apoio dos cristiáns europeos, pero sen éxito. Aínda así, díxose sobre el que "cortou a man dereita ao pagán".

Despois de 1484, Estevo tivo que enfrontarse non só aos ataques turcos, senón tamén aos polacos e húngaros. Finalmente, en 1486 asinou un tratado co sultán Bayezid II, que aseguraba o autogoberno de Moldavia, en cambio por un tributo anual. A partir do século XVI, o Principado de Moldavia foi vasalo do Imperio Otomán durante 300 anos.

Estevo morreu en Suceava, e está soterrado no mosteiro de Putna, construído ás súas ordes.

Legado editar

Aínda que foi marcada por continua turbulencia, o longo reinado de Estevo trouxo consigo un considerable desenvolvemento cultural; moitas igrexas e mosteiros foron construídas ás súas ordes, dos cales algúns son Patrimonio da Humanidade.

Estevo foi considerado un santo por moitos cristiáns, a pouco tempo despois da súa morte. Foi canonizado pola Igrexa ortodoxa romanesa, baixo o nome «Dreptcredinciosul voievod Ștefan cel Mare și Sfânt».

Nunha campaña da televisión estatal romanesa chamada «Mari Români» («Grandes romaneses»), Estevo recibiu 40.000 votos e foi elixido «O máis grande romanés» da historia.

O historiador romanés Nicolae Iorga afirmou sobre o carácter de Estevo: «O pobo romanés atopou en Estevo o Grande o máis limpo e perfecto icona da súa alma: honesto e traballador, paciente sen esquecer e valente sen crueldade, enérxico cando estaba alporizado e sereno no seu perdón, claro e equilibrado na súa fala, bo organizador e amante do fermoso, sen soberbia nas súas accións».

A figura de Estevo foi invocada na literatura popular e culta romanesa. Os romaneses do seu século adoitaban cantar «Ștefan Vodă, gran señor, sen semellanza no mundo, máis có espléndido sol».

Predecesor:
Petru Aron
Príncipe/Voivoda de Moldavia
1457-1504
Sucesor:
Bogdan III cel Orb