A úvula -popularmente chamada pinguelo, pingallón ou campaíña- é unha pequena estrutura cónica que colga do bordo inferior do veo do padal, no padal brando, na boca.

Localización da úvula nun deseño da boca humana.

Características

editar

Está delimitada superiormente pola zona libre do veo do padal, por abaixo pola raíz da lingua, e polos laterais polas tonsilas (amígdalas) e por unha zona do veo do padal. O espazo que fica entre os laterais do padal recibe o nome de istmo das fauces. Esta eminencia anatómica ten popularmente moitos sinónimos: campaíña, pinguelo, pingallón, choca.

Está formada por tecido conxuntivo e mucosa, ademais de tres músculos: o tensor e o elevador do padal, e o propio músculo da úvula. Funciona co resto do padal brando separando a cavidade bucal da nasal e impedindo que a comida e os líquidos cheguen a esta última no vómito.

Existe o son uvular na fala, no que na articulación do son intervén a úvula.