O padal brando (tamén chamado veo do padal ou padal muscular) é, nos mamíferos, o tecido brando que constitúe a parte posterior do teito da boca. O padal brando, a diferenza do padal duro da parte anterior da boca, non contén óso.

Localización do padal
Sistema respiratorio superior, co padal brando preto do centro.

Estrutura editar

Músculos editar

 
Disección dos músculos do padal desde atrás.

Os cinco músculos do padal brando desempeñan importrantes papeis nos procesos de tragar e respirar. Ditos músculos son:

  1. Tensor do veo palatino, que intervén en tragar
  2. Palatogloso, implicado en tragar
  3. Palatofarínxeo, implicado en respirar
  4. Elevador do veo palatino, implicado en tragar
  5. Músculo da úvula, que move a úvula.

Estes músculos están innervados polo plexo farínxeo do nervio vago, coa excepción do tensor do veo palatino. O tensor do veo palatino está innervado pola rama V3 do nervio cranial 5 (que é a división mandibular do nervio cranial trixémino).[1]

Función editar

O padal brando é móbil, consta de fibras musculares envoltas en membrana mucosa. É responsable do peche das vías nasais durante o acto de tragar, e tamén de pechar as vías respiratorias. Durante o espirro, protexe as vías nasais ao desviar unha porción da substancia excretada á boca.

Nos humanos, a úvula colga do extremo final do padal brando. A úvula foi implicada no proceso de roncar, pero isto podería deberse a outros factores. Tocar a úvula ou o final do padal brando causa un forte reflexo de náuseas na maioría da xente.

Fala editar

Un son da fala feito cando a parte media da lingua (dorso) toca o padal brando coñécese como consoante velar.

O padal brando pódese retraer e elevarse durante a fala para separar a cavidade oral (boca) da cavidade nasal para producir os sons da fala oral. Se esta separación é incompleta, o aire escapa a través das fosas nasais, causando que o son sexa percibido como nasal.

Modelaxe editar

Dentro da microestrutura do padal brando están incluídas varias fibras musculares orientadas variablemente que crean unha superficie non uniforme cunha densidade de distribución non uniforme. O tecido é viscoelástico, non linear e anisotrópico na dirección das fibras. Os valores de módulo de Young van de 585 Pa na beira libre superior do padal brando a 1409 Pa onde o padal brando se une á maxila.[2] Estas propiedades son útiles cando se fai a cuantificación dos efectos de certos aparellos ortopédicos correctores, como a placa de Hotz en labios leporinos.

As análises cuantitativas realizadas en casos de padal fendido bilateral e unilateral serviron para comprender mellor as diferenzas xeométricas no padal fendido no curso do seu desenvolvemento e corrección.[3] Malia a dificultade de descubrir puntos significativos comparables entre os padais normais e os fendidos, por métodos analíticos conseguiuse estimar as diferenzas en grao de curvatura da crista alveolar, área superficial bidimensional e tridimensional e pendente da crista alveolar.

A análise de elementos finitos demostrou unha modelaxe efectiva da extensión do padal brando e movemento. Foi tamén unha ferramenta efectiva para avaliar os efecos craniofaciais dos aparellos ortopédicos correctores e o labio leporino.

Importancia clínica editar

Doenzas editar

A patoloxía do padal inclúe lesións da mucosa como o pénfigo vulgar, herpanxina e estomatite migratoria,[4] así como condicións musclares como o padal fendido conxénito e a úvula fendida.

 
Petequias palatais.

As petequias do padal brando están asociadas principalmente coa farinxite estreptocócica,[5] e son pouco comúns pero moi específicas.[6][7]

Galería editar

Notas editar

  1. Drake, Richard L.; Vogl, Wayne; Tibbitts, Adam W.M. Mitchell; illustrations by Richard; Richardson, Paul (2005). Gray's anatomy for students. Philadelphia: Elsevier/Churchill Livingstone. p. 1000. ISBN 978-0-8089-2306-0. 
  2. Birch, M. J.; Srodon, P. D. (2009). "Biomechanical Properties of the Human Soft Palate". The Cleft Palate-Craniofacial Journal 46 (3): 268–74. PMID 19642755. doi:10.1597/08-012.1. 
  3. Berkowitz, S; Krischer, J; Pruzansky, S (1974). "Quantitative analysis of cleft palate casts. A geometric study". The Cleft palate journal 11: 134–61. PMID 4524356. 
  4. Zadik, Yehuda; Drucker, Scott; Pallmon, Sarit (2011). "Migratory stomatitis (ectopic geographic tongue) on the floor of the mouth". Journal of the American Academy of Dermatology 65 (2): 459–60. PMID 21763590. doi:10.1016/j.jaad.2010.04.016. 
  5. Fact Sheet: Tonsillitis Arquivado 06 de abril de 2014 en Wayback Machine. da American Academy of Otolaryngology. "Updated 1/11". Retrieved November 2011
  6. Brook, I; Dohar, J. E. (2006). "Management of group a beta-hemolytic streptococcal pharyngotonsillitis in children". The Journal of family practice 55 (12): S1–11; quiz S12. PMID 17137534. 
  7. Page 134 in: Michael Glick; Greenberg, Martin Harry; Burket, Lester W. (2003). Burket's oral medicine: diagnosis & treatment. Hamilton, Ont: BC Decker. ISBN 1-55009-186-7. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar