Île aux Cochons
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2018.) |
Illa dos Porcos | |
---|---|
Vista da illa | |
![]() | |
Datos | |
Capital | |
País | Francia |
Localización | Océano Índico |
Arquipélago | Crozet |
Linguas | |
Poboación (2009) | Deshabitada |
Superficie | 67 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 46°06′S 50°14′L / -46.100, -50.233 |
Maior Altura | 770 m. Mont Richard-Foy |
Localización | |
![]() |
A Illa dos Porcos (en francés:Île aux Cochons) é unha illa pertencente ao arquipélago das illas Crozet, un territorio subantártico situado ao sur do Océano Índico e administrado por Francia. Forma parte dos Territorios Austrais Franceses. Por mor da erosión das ondas o seu litoral está caracterizado por cantís que dificultan o acceso á illa, fóra da zona do cabo Verdoyant.
Actividade volcánicaEditar
Os estudos sobre a vulcanoloxía da illa foron efectuados no ano 1981 por G. Boudon.
A illa é un estrato volcánico de tipo central, do mesmo xeito que as illas de San Pablo e Amsterdam, sendo a maior altitude o cráter de Richard-Foy (770 metros). Parece que a illa formouse durante dúas fases distintas de actividade volcánica.
- Primeira fase: Depósitos e formacións de 400 m nas orientacións este-nordés e oeste-suroeste do norte da illa (zona chamada de Les Cinq Géants, e ao sur-sueste e norte-noroeste ao sur da illa (Pointe Sud).
- Segunda fase: Producida logo da tectónica da fálla, pola axitación da caldeira do monte Richard-Foy, unha pequena caldeira axial aberta ao sur. Hai máis de 5.500 anos a caldeira, así como varios conos presentes nas súas inmediacións, estivo activa.
Aínda hoxe os volcáns permanecen potencialmente activos.
FaunaEditar
A fauna consiste esencialmente en aves (pingüíns e albatros) e mamíferos mariños (otarios e elefantes mariños. As saia sur do volcán, ao nivel do cabo Verdoyant, alberga unha das concentracións máis importantes de pingüíns reais.