Ángel Feijoo González

político galego

Ángel Feijoo González, nado en Tamaguelos (Verín) o 12 de xuño de 1914 e finado en Caracas o 22 de decembro de 1994, foi un político galego.

Infotaula de personaÁngel Feijoo González
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1914 Editar o valor en Wikidata
Tamaguelos, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de decembro de 1994 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 conseguiu fuxir a Portugal o 10 de agosto. Foi detido pola policía e devolto a España, pero volveu escaparse novamente a Portugal, permaneceu agochado 13 meses. Conseguiu chegar a Venezuela con identidade falsa en decembro de 1938. Conseguiu documentación portuguesa, o que lle permitiu chegar a Francia. Traballou nunha fábrica de pólvora e nunha empresa da familia Cisneros en Maracaibo. Tamén se dedicou á agricultura e foi xerente dunha empresa construtora en Caracas. Finalmente dedicouse á pirotecnia nos vales do Tuy. Pertenceu a Acción Republicana Democrática Española. Integrante da Casa de Galicia de Caracas, foi un dos fundadores e o primeiro presidente da Hermandad Gallega de Venezuela (1960).

Vida perosal

editar

Casou con Elia Pérez Terrado e foi pai de Elia del Carmen e Bernardo Feijoo Pérez.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar