Ángel Carballeira Rego

sindicalista galego

Ángel Carballeira Rego, nado en Lanzós (Vilalba) o 19 de marzo de 1907 e finado en Perpiñán[1] (Francia) en xullo de 1963, foi un militante e resistente anarquista galego, tamén citado como "Rejo". Foi membro destacado da Federación Anarquista Ibérica e desenvolveu cargos de responsabilidade na CNT durante a Guerra Civil Española.[2]

Modelo:BiografíaÁngel Carballeira Rego
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1907 Editar o valor en Wikidata
San Martiño de Lanzós, España Editar o valor en Wikidata
Mortexullo de 1963 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Perpiñán, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor en Wikidata
Membro de

Los de la sierra: 1321

Traxectoria

editar

Como tantos outros rapaces da súa xeración, Ángel Carballeira emigrou á Arxentina durante a súa puberdade. Neste país esperta o seu interese polas ideas anarquistas, coñecendo de preto as actividades da FORA e máis da Unión Sindical Argentina. En 1923 estableceuse en Barcelona onde formou parte activa do movemento anarquista do barrio de Grácia.

Prendido en diversas ocasións pola policía, en 1933 foi encadeado por mor da súa militancia nos Comités de Defensa da CNT e na FAI de Grácia.

Durante a Guerra Civil Española desempeña cargos de responsabilidade na CNT barcelonesa. Rematada a contenda, Carballeira exiliouse en Francia onde é vinculado con grupos de acción anarquistas, especialmente co grupo de Josep Lluís Facerías en 1947 e despois co grupo de Vila Capdevila en 1949.

En 1959 accede ó cargo de Secretario de Coordinación do Secretariado Intercontinental da CNT (grupo maioritario dentro da Confederación Nacional del Trabajo) e figura como responsable da loita antifranquista dentro da organización. En 1961 foi reelixido para o cargo no Congreso de Reunificación de Limoges.

  1. Pereira, D. e Fernández, E.: O anarquismo na Galiza. Apuntes para unha enciclopedia. Edicións Positivas, 2004, páxina 49.
  2. A. Paz "El anarquismo contra...", op. cit. // Boletín informativo de la dirección general de seguridad, Madrid, n°10690/XXIV, 28 de setembro de 1961

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar