Stuart Christie

anarquista escocés

Stuart Christie, nado en Partick, Glasgow, o 10 de xullo de 1946 e finado o 15 de agosto de 2020,[1] foi un lingüista, tradutor, autobiógrafo e ex-militante anarquista británico. Coñecido por participar nun intento de asasinar ao ditador español Francisco Franco, nos seus últimos anos foi editor e escritor de libros sobre anarquismo e grupos armados.

Infotaula de personaStuart Christie
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1946 Editar o valor em Wikidata
Glasgow, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte15 de agosto de 2020 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Chelmsford, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de pulmón Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo, oposición ao franquismo e Antifascismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoOposición ao franquismo, Internacionalismo proletário (pt) Traducir e Antifascismo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónlingüista , anarquista , político , autobiógrafo , tradutor , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en

Twitter: stuartchristie7 Dialnet: 1748748 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1962, aos dezaseis anos, uniuse á Anarchist Federation de Glasgow (federación afiliada á Internacional de Federacións Anarquistas). Pouco despois, aos dezaoito anos, trasladouse de Londres a París e máis tarde a Madrid, incorporándose á Defensa Interior (DI), un grupo de acción clandestino da Confederación Nacional do Traballo (CNT), implicado nun intento de asasinato do ditador Francisco Franco. Este foi o último dos varios intentos de acabar co líder español. Antes de marchar de Inglaterra, Stuart foi entrevistado para un programa de televisión por Malcolm Muggeridge (previamente coñecido contacto do MI6), a quen comentou o bo que sería se España se librase de Franco.

Stuart foi arrestado en 1964, xa en España, mentres facía autostop en Madrid para atoparse cun contacto, Fernando Carballo Blanco. Ía cargado de explosivos, cos que pretendían asasinar a Franco no Estadio Santiago Bernabéu, durante a final da Copa do Xeneralísimo.[2][3] Xulgados os dous en consello de guerra por posesión de explosivos, nun principio foron condenados a pena de morte por garrote vil. A gravación da entrevista concedida por Stuart á televisión inglesa chegou a España e influíu na súa contra. A sentenza conmutouse finalmente por vinte anos de prisión para el e trinta para Fernando Carballo.

Despois de estar tres anos preso, Stuart Christie foi liberado o 21 de setembro de 1967 tras unha campaña internacional levada a cabo contra o goberno español, co apoio e axuda de esquerdistas recoñecidos como o filósofo inglés Bertrand Russell ou o francés Jean- Paul Sartre, a pesar dos cargos de conspiración e posesión de armas e explosivos.

Á súa liberación, volveu ao Reino Unido continuando o seu activismo no movemento anarquista. Refundou a Cruz Negra Anarquista, fundou o xornal Black Flag xunto con Albert Meltzer, as revistas Cienfuegos Press, Anarchist Review, a revista mensual das Illas Orcadian, The Free-Winged Eagle e fundou a editorial de libros Cienfuegos Press, hoxe ChristieBooks. En 1971, foi acusado de pertencer á Brigada Iracunda (The Angry Brigade), sendo absolto destes cargos.

Escribiu varios libros e obras e tamén colaborou como xornalista e editor para varios xornais e publicacións, como a edición en inglés do xornal soviético Pravda ou Argumenty I Fakty, un xornal independente tamén soviético. En 1984 publicou un libro sobre o italiano Stefano Delle Chiaie, fundador de Avanguardia Nazionale e membro da loxa masónica P2 (Propaganda Due), implicadas na Estratexia da Tensión da rede Gladio. Publicou tamén unha obra sobre a Federación Anarquista Ibérica.

Faleceu o 15 de agosto de 2020 aos setenta e catro anos de idade, despois de padecer cancro de pulmón.[4][5]

Obra editar

Escritor editar

  • Stefano Delle Chiaie: Portrait of a Black Terrorist (1984).
  • My Granny Made me an Anarchist (2002).
  • General Franco Made Me A Terrorist (2003).
  • Edward Heath Made Me Angry (2004).
  • Granny Made me an Anarchist (2004). Volume que comprende os tres anteriores.
  • The Floodgates of Anarchy (2011). Xunto a Albert Meltzer.
  • We, the Anarchists! A study of the Iberian Anarchist Federation (FAI), 1927-1937 (2013).

Editor editar

Como editor Christie fundou "Cienfuegos Press" (1972), "Cienfuegos Anarchist Review" (1977 - 82), "Refracte Publications" (1982), "The Meltzer Press" (1996), Christiebooks" e "Christiebooks.com".

Tradutor editar

Stuart traduciu ao inglés varios libros de autores españois, como a biografía de Quico Sabaté, Sabate: An Extraordinary Guerrilla, de Antonio Téllez. Tamén editou traducións ao inglés de varias obras como os tres volumes de Josep Peirats, The CNT in the Spanish Revolution (traducida por Paul Sharkey e corrixida, comentada e editada por Chris Ealham).

Notas editar

  1. "Ha fallecido Stuart Christie" (en castelán). 16 de agosto de 2020. Consultado o 9 de setembro de 2021. 
  2. "Muere a los 74 años Stuart Christie, el anarquista escocés que intentó matar a Franco". Público (en castelán). 17 de agosto de 2020. Consultado o 9 de setembro de 2021. 
  3. "El escocés que quiso acabar con Franco en el Bernabéu: “El plan pudo haber funcionado”" (en castelán). 30 de agosto de 2019. Consultado o 9 de setembro de 2021. 
  4. "Rest in Peace Stuart Christie" (en inglés). 16 de agosto de 2020. Consultado o 9 de setembro de 2021. 
  5. "Stuart Christie: Anarchist jailed for bid to assassinate Franco dies aged 74" (en inglés). 17 de agosto de 2020. Consultado o 9 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar