Álvaro Ramón

futbolista español

Álvaro Ramón Álvarez, nado en Ponferrada o 6 de abril de 2000, é un futbolista español, que xoga como lateral esquerdo na Ponferradina, da Primeira División RFEF.

Álvaro Ramón
Información persoal
Nome Álvaro Ramón Álvarez
Nacemento 6 de abril de 2000
Lugar de nacemento Ponferrada
Altura 1,71 m.
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual Ponferradina
Carreira xuvenil
–2013 Cuatrovientos
2013–2017 Ponferradina
2017–2019 Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2019–2021 Celta B 2 (0)
2020–2021 Navalcarnero 15 (1)
2021–2023 Mérida 64 (5)
2023–2024 Arenteiro 35 (2)
2024– Ponferradina 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 4 de xullo de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

editar

Comezou a xogar ao fútbol no Cuatrovientos de Ponferrada, no que militou ata o segundo ano de infantil, cando ingresou na canteira da Ponferradina.[1] En 2017 pasou ao equipo xuvenil do Celta de Vigo, da División de Honra, no que xogou durante dous anos.[1] Na tempada 2019/20 debutou co equipo filial na Segunda División B, con escaso protagonismo, xogando só dous partidos.

Para a tempada 2020/21 saíu cedido ao Navalcarnero,[2] onde xogou durante un ano, antes de fichar polo Mérida. No equipo estremeño fíxose coa titularidade e participou do ascenso do equipo á Primeira División RFEF, na que debutou na seguinte tempada, sendo un dos fixos nas aliñacións titulares.

No verán de 2023 deixou Mérida e fichou polo Arenteiro, que viña de ascender á mesma categoría.[3] Titular indiscutible no equipo galego, disputou un total de 36 encontros, saíndo dende o inicio en todos agás dous, e anotou dous goles. En xuño de 2024 regresou á súa cidade e á Ponferradina, club en cuxa canteira se formara.[4]

  1. 1,0 1,1 "El berciano, Álvaro Ramón ficha por el Celta" (en castelán). 30 de xullo de 2017. Consultado o 19 de decembro de 2023. 
  2. "Álvaro Ramón jugará cedido en el Navalcarnero". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de setembro de 2020. Consultado o 19 de decembro de 2023. 
  3. "El Arenteiro incorpora a dos laterales, Álvaro Ramón y Lucas Sena, y al delantero Charly en el último día del mercado". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de setembro de 2023. Consultado o 19 de decembro de 2023. 
  4. "La Deportiva cierra las bandas" (en castelán). 4 de xullo de 2024. Consultado o 4 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar