Abrir o menú principal

Álvaro Lemos

futbolista español

Álvaro Lemos Collazo, nado en Villestro (Santiago de Compostela) o 30 de marzo de 1993, é un futbolista galego. Xoga de lateral dereito ou extremo e o seu equipo actual é a UD Las Palmas.

Álvaro Lemos
Información persoal
Nome completo Álvaro Lemos Collazo
Nacemento 30 de marzo de 1993 (26 anos)
Lugar Santiago de Compostela, Galicia
Altura 1,75 m
Posición Extremo
Información de club
Club actual CD Lugo
Número 20
Carreira xuvenil
2008–2011 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2011–2015 Deportivo B 56 (14)
2014–2015Compostela (c.) 16 (1)
2015–2016 Lugo 22 (0)
2016–2018 Celta 5 (1)
2017–2018Lens (c.) 6 (0)
2018Lugo (c.) 8 (0)
2018– Las Palmas (c.) 0 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 16 de agosto de 2018
† Aparicións (Goles)

Índice

TraxectoriaEditar

Militou nas categorías inferiores da SD Villestro ata os 12 anos, cando fichou polas categorías inferiores do Deportivo da Coruña. O 21 de xullo de 2014 fíxose oficial a súa cesión á SD Compostela por unha tempada.[1] Tras acabar a tempada no club compolán, Lemos asina un contrato por varios anos co Club Deportivo Lugo. No equipo lucense, tras non participar moito na primeira volta, a súa conversión a lateral dereito faille facer cun posto no once inicial. Ao final de temporada, o Celta de Vigo interésase polos seus servizos e ficha ao xogador por 700.000 €. Tras non participar con cadro celeste, en 2017 é cedido ao Racing Club de Lens da Ligue 2, onde tampouco goza de moito protagonismo, participando tan só seis encontros. A falta de minutos leva á fin da súa cesión no club francés, sendo anunciada a súa volta ao Lugo o 10 de xaneiro de 2018 tamén en calidade de cedido.

ClubsEditar

Club Categoría Ano Partidos Goles
SD Compostela Segunda B 2014−2015 16 1
Lugo Segunda 2015−2016 22 0
RC Celta de Vigo Primeira
Europa League
2016−2017 5
3
1
0
RC Lens Ligue 2 2017−2018 6 1
CD Lugo Segunda 2018 8 0

NotasEditar

Véxase taménEditar