Ácido gadoleico
O ácido gadoleico, cuxo nome sistemático é ácido (Z)-icos-9-enoico, é un ácido carboxílico monoinsaturado de cadea liñal con vinte átomos de carbono, coa fórmula molecular C20H38O2. É considerado un ácido graxo ω-11, xa que ten o dobre enlace C=C situado entre o carbono 11 e o 12 comezando polo extremo oposto ao grupo carboxilo, e simbolízase por C20:1 ou C20:1n-11. É un dos ácidos eicosenoicos.
Ácido gadoleico | |
---|---|
Ácido (9Z)-9-icosenoico | |
Outros nomes ácido cis-9-eicosenoico | |
Identificadores | |
Número CAS | 29204-02-2 |
PubChem | 5282767 |
ChemSpider | 4445894 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C20H38O2 |
Masa molar | 310,51 g mol−1 |
Punto de fusión | 23–24 °C; 73–75 °F; 296–297 K |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
É un composto que é sólido a baixas temperaturas e funde a 23-23,5 °C. A unha presión de 0,1 mm Hg ferve a 170 °C. A súa densidade entre 4 °C e 25 °C, estando en estado sólido, é de 0,882 g/cm3 e o seu índice de refracción a 25 °C é de 1,4597. É insoluble en auga e soluble en acetona, metanol e éter de petróleo.[1]
Foi descuberto no aceite de fígado de bacallau polo químico noruegués Henrik J. Bull en 1906,[2] mentres que a estrutura foi dilucidada polo científico xaponés M. Takano en 1933. Posteriormente tamén se achou en aceites de balea e de tiburón.[3][4]
Notas
editar- ↑ LipidBank - Fatty acid(DFA0123) Arquivado 26 de marzo de 2018 en Wayback Machine.. [Consultado: 13 de outubro de 2018].
- ↑ Bull, H. Ueber die Trennung der Fettsäuren des Dorschleber‐Oels. Ber. Deut. Chem. Ges., 39, 1906, pàg. 3570.
- ↑ Gadoleic acid: chemical structure, properties, and food sources. Tuscany Diet.
- ↑ "Cod-liver oil". Encyclopædia Britannica.