Wikipedia:A Taberna (xeral)/Arquivo 25

Este é un arquivo da sección A Taberna (xeral) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26


WP 1000 artigos para os alumnos de 12 a 16 anos editar

Deixo aquí o currículo de secundaria de Galicia, por se alguén o quere revisar á hora de introducir novos artigos na listaxe de Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos. Como dixo Elisardojm penso que hai que facelo con sentidiño e introducir os que realmente sexan necesarios, o máis doado é que se algún usuario é mestre de secundaria (ou pai dun alumno desas idades) poida axudar nesta tarefa, pois terá acceso aos contidos reais que aparecen nos libros de texto. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 5 de xaneiro de 2019 ás 12:50 (UTC)[responder]

Artigo interesante sobre a percepción de Wikipedia na mocidade francesa en relación co wikiproxecto 1000 artigos de calidade... editar

Boas, acabo de topar con este artigo en inglés que pode ser de interese (cando menos pola revisión que fai do tema) para o Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos. Recolle unha enquisa feita en diversos centros de ensino franceses a 841 estudantes dentro dos seguintes grupos de idade :11-12/ 14-15; 15-16/ 17-18 e 18-25. Titúlase How trust in Wikipedia evolves: a survey of students aged 11 to 25 e xira en torno as percepcións que teñen da Wikipedia. Recolle temas como a utilidade e nivel de fiabilidade de Wikipedia, a súa relación co tipo de tarefas que realizan usando a Wikipedia (traballos de clase ou ocio) e como as opinions que sobre o valor da Wikipedia reciben do profesorado, pais, amigos e outros medios inflúen na súa valoración da ferramenta. Un saúdo. Maria zaos (conversa) 8 de xaneiro de 2019 ás 18:56 (UTC)[responder]

Maria zaos, esa web pide un usuario e contrasinal, calquera pode entrar? Como? É que está en finés ou sueco... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2019 ás 00:49 (UTC)[responder]

Outra vez, síntoo, semellaba en aberto, voulle dar unha volta a ver ... Maria zaos (conversa) 9 de xaneiro de 2019 ás 10:19 (UTC)[responder]

Corrixin a ligazón, a revista é de acceso aberto e en inglés. http://www.informationr.net/ir/23-1/paper783.html .Proba de novo, Elisardojm por favor e desculpa. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Maria zaos (conversacontribucións) 9 de xaneiro de 2019 ás 10:32‎
Non hai que desculpar :), grazas a ti pola ligazón, a ver se pola noitiña podo botarlle unha ollada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2019 ás 11:54 (UTC)[responder]

Outro artigo sobre a directiva europea do marco de dereitos de autor editar

https://wikimediafoundation.org/2019/02/07/problems-remain-with-the-eus-copyright-reform/—o anterior comentario sen asinar foi feito por Maria zaos (conversacontribucións) 7 de febreiro de 2019 ás 22:02‎

Boa páxina, explica moi ben todo o problema, mágoa que só está en inglés. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de febreiro de 2019 ás 07:37 (UTC)[responder]

Novamente artigo 13 da directiva europea de copyright editar

Boas, achei esta nova que ten un texto máis accesible que o acordo extraoficial do que se fala últimamente, pero de momento só en inglés. Fala do tema dos filtros . https://edri.org/copyright-franco-german-tandem-strikes-dangerous-deal-on-article-13/ Son María Zaos, o móbil non me deixa asinar, sintoo —o anterior comentario sen asinar foi feito por Maria zaos (conversacontribucións) 14 de febreiro de 2019 ás 22:10‎

Ola, María. Non sei se coñeces https://www.communia-association.org/ e https://es.okfn.org/ . Ambos teñen que dicir sobre o tema, en particular os primeiros.--Agremon(contacto) 1 de marzo de 2019 ás 18:31 (UTC)[responder]

Pois non, Communia soábame máis e bueno o tema das excepcións educativas trae cola...mágoa que ando algo desconectada do tema por falta de tempo, sinto que me perdin un pouco coas últimas negociacións. Moitas grazas polos recursos :), mirareinos con calma (algo máis o primeiro que o segundo, probablemente)--Maria zaos (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 19:26 (UTC)[responder]

Primeira asemblea de A3GAL editar

Boas a todos, finalmente o vindeiro 9 de marzo, sábado, vai a organizarse a Wikimaratona en Ourense, e aproveitando que varias persoas xa se van a achegar alí, pensamos que sería unha boa oportunidade para facer a primeira asemblea da asociación. A wikimaratona será pola mañá así que a asemblea será pola tarde, aínda estamos a buscar un sitio, pero se non se atopa unha sala nalgún centro, iremos a calquera bar tranquilo.

Os puntos do día non están totalmente definidos, podedes comentar aquí se vedes que hai algunha cousa importante a tratar, pero basicamente será:

Se alguén que non poida asistir, sexa socio ou non, quere deixar aquí a súa idea/proposta, pode facelo e será lida e debatida na sección de "Rogos e preguntas" mentres haxa tempo para tratalas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 13:54 (UTC)[responder]

Boas, finalmente xa hai sala para a reunión, será no Centro Cívico Colón, situado na rúa Colón nº 18, Ourense (localización), na sala 3, no segundo piso. O horario será de 17:30 a 21:00. Todo o mundo é benvido, sexa socio ou non. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 13:10 (UTC)[responder]
Boas a todos, creo que non demos información do comentado nesta asemblea, ou polo menos eu non a atopei na taberna, desculpas polo atraso. Aínda temos pendente redactar a acta pero como resumo do que se falou:
  • Asignáronse tarefas pendentes a diferentes membros da Xunta Directiva.
  • Púxose de cota para os socios 5 euros anuais, recomendando unha cota de 12 euros.
  • Falouse se simplificar algunhas cousas da páxina web da asociación e a alta de novos socios por culpa das últimas modificacións da LOPD. Está pendente facer consultas sobre este tema.
  • Acordouse preguntar á Fundación Wikimedia se unirnos como Grupo de Usuarios.
  • E falouse pouco tempo dos proxectos propostos, chegando á conclusión que había que seguir desenvolvendoos.
En canto estea a acta oficial publicarase para coñecemento de todo o mundo e avisaremos aquí tamén. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de agosto de 2019 ás 09:59 (UTC)[responder]

Recoñecemento institucional na USC polo Día Internacional da Muller e a súa relación coa Galipedia editar

Boas, o próximo día sete, nun acto institucional, vaille ser recoñecida a traxectoria pola igualdade de xénero ao servizo de biblioteca da Universidade de Santiago. De momento non sae, supoño que se dirá nese día, pero un dos criterios obxectivos que se aduciu, entre outros, foi o evento en colaboración coa Galipedia do Segundo Wikimaratón polo Día da muller e a nena na Ciencia, celebrado en 2018. Velaquí o cartel e a nova. Parabéns as persoas que dende aquí o fixestes posible. Saúdos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 37.132.10.127 (conversacontribucións)

Nova lei de propiedade intelectual editar

Hai un novo texto da lei de propiedade intelectual, do un de marzo. Pódese consultar aquí: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2019-2974&fbclid=IwAR3YJRiITlEsAeS7X4H8eFJWELBWnFT01BNHTbyH4rRus4wXf31KqsT4apA Saúdos Maria zaos (conversa) 5 de marzo de 2019 ás 20:27 (UTC)[responder]

Suplementos temáticos en galego para correctores de procesadores de texto editar

Boas, vin esta nova, que semella bastante práctica. De momento só hai tres suplementos (Dereito, Economía e Empresa e Matemáticas), pero semella moi útil. Permite engadir léxico especializado ao teu corrector para que este funcione de xeito máis efectivo. Ten un Titorial e unha páxina de descargas. Valen para contornas Windows, Linux e macOS e tanto para ficheiros de texto de Microsoft como de LibreOffice. Saúdos. Maria zaos (conversa) 14 de marzo de 2019 ás 08:35 (UTC)[responder]

Grazas Maria zaos, o que pasa é que eu teño OpenOffice, voulles deixar unha nota para ver se o poden adaptar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de marzo de 2019 ás 08:44 (UTC)[responder]

A canción da Wikipedia (en castelán) editar

Acabo de atopar a canción da Wikipedia (en castelán), con vídeo e todo... Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de marzo de 2019 ás 12:11 (UTC)[responder]

BREAMOxxx editar

Anaesteiro, Creandoentradas, Glomoa, Pazos2019, Pejunosa, Profesoraarias, Teresafs, Estevoaei, Elisardojm e compañeiros e compañeiras en xeral:

Os setenta e pico escolares BREAMOxxx e cía. están iniciando moitas páxinas novas. Moitas. Moitísimas, ducias e máis ducias. Un artigo cada cinco minutos. Catro artigos en 20 minutos... E non son artigos pequeniños, son artigos enoooormes. Autotraducións sen atribución, incompletas, sen formato, sen referencias, sen categorías, sen caixas de datos, sen revisión de ortografía, duplicados, con título incorrecto, as veces mesmo machacando contidos anteriores... Que pasa con iso? Imos ir indicándolles que é o que hai que ir amañando? imos ir dicíndolles que paren de darlle ao botón de tradución automática sen máis? imos eliminar algunha tradución automática? Ou non facemos nada do anterior e mandámolo todo ao limbo sine die. --. HombreDHojalata.conversa 25 de marzo de 2019 ás 21:38 (UTC)[responder]

@HombreDHojalata: grazas polo aviso. Escribín ás coordinadoras do alumnado para que melloren os artigos xa existentes e baixen o ritmo de creación de artigos novos. Dixéronme que se viron desbordadas, pero que ao teren o listado de usuarios/as irán revisando os artigos. Sinto as molestias. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de marzo de 2019 ás 10:51 (UTC)[responder]
O Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/IES Breamo ten un calendario ata febreiro, inicialmente, pero se van seguir traballando nos artigos, non hai problema en amplialo ata a data que se considere necesaria. Está ben facer un seguimento dos artigos, e pedirlles que non se creen novos artigos ata que se amañen os que xa están creados. Unha tarefa que podería estar ben sería que uns alumnos corrixiran os artigos doutros, así aprenderían os uns dos outros, verían outros artigos, etc. Déixoo como proposta para Anaesteiro, Creandoentradas, Glomoa, Pazos2019, Pejunosa, Profesoraarias, Teresafs, Estevoaei.
E de novo volvo a ofrecer a miña axuda para explicar o que precisedes, se queredes podo mandarvos o meu número de móbil e guasá para resolver dúbidas o problemas, podedes contactar comigo na miña páxina de conversa ou por correo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2019 ás 14:03 (UTC)[responder]

Ferramentas útiles para incorporar fontes acreditadas accesibles en aberto editar

Especialmente para quen adoita facer artigos das áreas de ciencias, poder ligar con fontes en aberto non sempre é sinxelo. Deixovos esta nova que indica varias ferramentas, por se é do voso interese. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 29 de marzo de 2019 ás 08:41 (UTC)[responder]

Grazas pola información Maria zaos, o que non me convence moito é que teñan que ser extensións do navegador, non me gusta meterlle demasiados trebellos ós programas... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de marzo de 2019 ás 09:53 (UTC)[responder]

Camisetas da Galipedia editar

 

Boas, como o outro día Maria zaos pediume algún agasallo para levar ó obradoiro que vai facer en Vigo, dinlle algunhas camisetas para que repartise por alí, e logo recopilei as que tiña gardadas en varias bolsas para este tipo de actividades. As que me quedan son as que aparecen na foto, son de varios eventos, do décimo aniversario da wiki en inglés, do décimo aniversario da Galipedia, dun wikimaratón da facultade de Informática da Coruña, do décimo quinto aniversario da Galipedia e algunha outra que xa non sei de onde veu. Son de varias tallas, a maioría de home, salvo tres ou catro que son de muller.

Están a disposición da comunidade para o que se decida facer con elas. Se alguén máis quere facer algunha actividade ou evento e quere algunha, tamén pode avisarme e tentamos quedar nalgún sitio ou algo para que llas faga chegar. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de maio de 2019 ás 13:12 (UTC)[responder]

Atobar, mercar non é posible..., son agasallos para promocionar a Galipedia. Eu o que diga a comunidade, o único que fago é almacenalas, pero entendo que as achegas que levas feito á Galipedia ben valen unha camiseta :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de maio de 2019 ás 22:32 (UTC)[responder]

Xestión dun premio editar

-- Votacións cerradas -- Por favor, non modificar dentro das subseccións de votación.--Agremon(contacto) 21 de xuño de 2019 ás 09:30 (UTC)[responder]

Coido que levar un premio non é moco de pavo. Neste caso (Premio Rosalía), o premio leva consigo o orgullo de pertencer á comunidade de wikipedistas, a máis do propio importe do premio. Pero o caso é que, despois de conseguir o premio, a xestión escápasenos. Coido que a primeira razón é por non ter entidade. Non lle vou poñer apelidos ó de entidade, que coido sde lle poden poñer máis de un; que quede así: non temos entidade. E ter cartos pode ser un problema. Nestes momentos os cartos están 'na conta de Wikimedia España á disposición de actividades que organice a Galipedia'. E levan así tempo. Despois de falar hai un par de días na Coruña con Elisardo, coido que alguén debe axitar para mover o tema antes de que eses cartos rematen sendo unha carga para Wm-Es e/ou desaparezan do noso horizonte. E, a falta doutra persoa que o axite, aquí vai isto. Actividades para que Wm-Es vaia traspasando cartiños? Antes de que alguén o suxira, nestes momentos, A3GAL aínda non pode facerse cargo deles por non estar aínda listo o papeleo. --Agremon(contacto) 7 de maio de 2019 ás 15:47 (UTC)[responder]

Grazas por "axitar" o tema,Agremon. Teño varias propostas no caixón, pero precisamente de aquí á segunda semana de xuño teño a axenda completiña e precisaría mercar horas (cando menos de soño). E hai que facer a proposta con unha idea de orzamento, cronograma etc. Farei o que poida. --Maria zaos (conversa) 7 de maio de 2019 ás 18:42 (UTC)[responder]
Xa deches o primeiro paso. Esperamos as túas propostas.--Agremon(contacto) 8 de maio de 2019 ás 06:33 (UTC)[responder]

Eu teño unha proposta, podía facerse un concurso fotográfico centrado en conseguir fotos para os artigos das parroquias que non teñen. O concurso estaría aberto a todo o mundo, como se fai co Wiki Loves Monuments. As fotos terían que subirse a Commons, engadilas ó seu artigo e presentalas na páxina do concurso. Para escoller as imaxes gañadoras podería facerse mediante votación, de forma semellante a como se escollen as imaxes de portada actualmente. Habería que anuncialo con tempo para que a xente tivese tempo de prepararse e visitar eses lugares, e logo a votación podería facerse en outubro ou novembro (para non coincidir con WLM). Para os premios propoño, por exemplo, que sexan 300 leuros para o primeiro premio, 200 para o segundo e 100 para o primeiro (podedes ver nesta web outros concursos fotográficos para comparar premios). Para animar un pouco máis a participación poderían agasallarse tamén 10 camisetas do décimo aniversario por sorteo. En total isto sairía por 600 leuros máis os gastos de envío das camisetas. Podería chamarse "Wiki Loves Galicia"... Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de maio de 2019 ás 23:11 (UTC)[responder]

Parece unha proposta interesante. Cun pouco de desenvolvemento, podería votarse.--Agremon(contacto) 8 de maio de 2019 ás 06:33 (UTC)[responder]
Gústame a proposta de Elisardo. E só un detalliño, dependendo da cantidade do orzamento a empregar: sería posible establecer dúas categorías, unha máis profesional cos cartos que se establezan, e outra máis para afeccionados (incrementando o número de camisetas a 20 ou as que sexan posibles) para participantes menores de 18 o que contribuiría a espallar a idea da Galipedia sobre todo polo ensino (IES, CPI's) e ao mesmo tempo a relación co territorio propio. De conseguirmos unha participación relevante, a maiores do coñecemento da Galipedia serviría para animar, posteriormente, a que desen o paso á edición.--MAGHOI (conversa) 8 de maio de 2019 ás 15:39 (UTC)[responder]
Apoio a idea de Elisardo enriquecida coa de Maghoimagho. --Aprofa (Dime algo aquí) 11 de maio de 2019 ás 13:24 (UTC)[responder]
Apoio a idea de Elisardo, aínda que eu non establecería categorías. Xosé Antonio (fálame sempre) 8 de maio de 2019 ás 16:22 (UTC)[responder]
Estimo ademáis que co cebo do premio en metálico sería doado de difundir nos medios.--Agremon(contacto) 8 de maio de 2019 ás 19:03 (UTC)[responder]
O que tamén hai que ter en conta é que o proxecto levará o seu traballo, polo que sería necesario que algún, ou algúns usuarios, se implicaran na súa organización xa que para unha persoa soa é demasiado... Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de maio de 2019 ás 23:24 (UTC)[responder]
Gustaríame saber en que mes sería para ver se me podo comprometer ou non na colaboración. Saúdos.--Aprofa (Dime algo aquí) 11 de maio de 2019 ás 13:24 (UTC)[responder]
Aprofa, a organización levaría varios meses, hai que preparar as bases do premio, organizar a forma de escoller as fotos gañadoras, organizar o sorteo das camisetas, facer a comunicación ós medios e publicitar a actividade tanto nos concellos de interese coma nos foros de fotografía, axudar a subir as fotos ós novos usuarios, revisar que as fotos participantes estean correctamente presentadas, vixiar as votacións, etc. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de maio de 2019 ás 15:44 (UTC)[responder]

Outra proposta Agremon. Poderían facerse unha serie de wikiconcursos mensuais, a semellanza da eu.wiki, para animar á participación na edición. Poderían ter o formato de Wikipedia:Wikirreto, co cal, o funcionamento estaría bastante preparado, o único que habería que facer sería buscar uns agasallos axeitados. Eu propoño que os agasallos sexan libros en galego que poidan servir de referencia para os artigos (do tipo Diccionario da literatura galega, Dicionario biográfico de Galicia), a maiores poderían buscarse agasallos doutro tipo se queredes (en eu.wiki vin que regalaban un reloxio, unha cesta de Nadal, etc.). Sobre posibles libros a agasallar o certo é que non sei que libros deste tipo hai actualmente dispoñibles nas librerías, aínda que se hai algún que sexa interesante tamén podería mercarse nunha librería en liña de libros descatalogados. Destes temas supoño que Estevoaei, HombreDeHojalata, Atobar e outros terán máis idea ca min, quizais poidan dicir que libros serían interesantes e están dispoñibles.

Unha vantaxe desta proposta é que poderían mercarse os agasallos agora, neste ano vamos, e logo iríanse repartindo entre este ano e o que ven. Dependendo dos agasallos que se escollan sairá un presuposto ou outro. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de maio de 2019 ás 09:57 (UTC)[responder]

Non me gustan os wikiretos e menos como concurso, pero sei que ás veces, funcionan, polo que...--Agremon(contacto) 17 de maio de 2019 ás 10:01 (UTC)[responder]

Boas a todos, xa hai un mes que se presentou esta proposta, saíron algunhas ideas, pero o que precisamos agora é unha forma de tomar unha decisión, por que se non isto vai morrer e non imos facer nada. Entón como facemos? Unha votación? Cantos votos? canto tempo? Agremon ti dirás, que fuches o que removiches a cousa... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2019 ás 14:48 (UTC)[responder]

Material promocional editar

Atención! Proposta retirada. (ver sección comentarios da votación).--Maria zaos (conversa) 6 de xuño de 2019 ás 17:54 (UTC)[responder]


Ola, as propostas (grandes) seguen no caixón. Pero hai unha pequena que me é dificil de orzamentar sen unha idea previa da vontade e obxectivos, pero aquí deixo uns pequenos trazos

  • Ámbito: material promocional da Galipedia
  • Material: bolsas de algodón (as que substitúen as do super, vaia)
  • Deseño: Por unha cara vai un deseño realizado con liñas de cor azul (cor azul hiperligazón) todas seguidiñas. (Ver contidos en temática e obxectivos). Pola outra o mesmo, pero en vermello (de ligazón vermella). No medio desta cara ábrese un espazo en branco ao que apunta unha frechiña de cursor e que contén o texto " a túa edición aquí". Nalgunha das caras, preferentemente nesta, o logo de Galipedia nunha esquina.
  • Temas: Inicialmente penseino para o tema de fenda de xénero na Galipedia. Neste caso hai entradas abondo no proxecto wikimulleres e HombreDHojalata vén facendo unha gran labor creando índices de biografías que tamén conterían abondo ligazóns vermellas. Deste xeito irían liñas tipo:

A mesma idea é válida para outros wikiproxectos. Para wikiproxecto parroquias sería o mesmo, quizáis coas ligazóns vermellas de lugares (é onde máis entradas faltan). Neste caso pódese xogar a crear un fluxo de texto por dentro dunha silueta do mapa de Galicia (si, sei, hai problemiñas de fronteiras). O mesmo para especies en botánica e zooloxía etc.

  • Obxectivos: claramente promocionais. Ou ben son un fondo de reserva, como foron as camisetas, para actividades concretas ou ben faise unha promoción máis proactiva. Explico: en función da temática elixida programaríase un envío dun ou dous exemplares por asociación temáticamente relacionada. A decisión sobre unha estratexia ou outra vai marcar o número de exemplares por unha banda e o orzamento para envíos postais de ser o caso polo outro.
  • Necesitamos: provedor de bolsas (preferentemente europeo); orzamentos de empresas de serigrafía; alguén que faga o deseño (é bastante simple e pódese facer con InkScape).
  • Tempos: ( x días) para a creación de 3 deseños. Dúas semanas para votacións/modificacións pola comunidade. (x días para orzamentos de provedores e serigrafía); (x para entrega)
  • Orzamento: en función do número de exemplares, marcados polos obxectivos e a temática.

Saúdos.--Maria zaos (conversa) 17 de maio de 2019 ás 11:26 (UTC)[responder]

Detalles para un concurso fotográfico da Galipedia editar

Boas, comecei unhas páxinas coas bases e o funcionamento dun posible concurso fotográfico de fotos de parroquias como comentei arriba. A páxina principal sería Wikipedia:Wiki Loves Parroquias, e a páxina para as propostas sería Wikipedia:Wiki Loves Parroquias/Imaxes propostas. Esta é a primeira versión, habería que revisalas e melloralas, os comentarios nas súas propias páxinas de conversa :).

O de Wiki Loves Parroquias tamén é un nome provisional, podemos chamarlle como prefirades.

Poden cambiarse os detalles que queirades do funcionamento do concurso, hai que definir as datas de presentación de fotos e da votación, hai que revisar o sistema de escolla das fotos gañadoras (se vos parece que pode funcionar, a idea é non ter un xurado porque iso complica a xestión, e a maiores implícase á comunidade na actividade), hai que revisar o sistema de sorteo das camisetas (ten que ser algo aleatorio pero que poida verificarse), habería que crear un logo para o concurso de xeito semellante ó de Wiki Loves Monuments ou algo así.

A maiores antes de comezar estaría pendente o tema de preparar unha comunicación ós medios e publicitar a actividade tanto nos concellos de interese coma nos foros de fotografía.

Eu proporía que o período de presentación de fotos durase os meses de verán ata setembro ou outubro, todos incluídos. Digo isto porque restrinxir a participación a un mes para min non ten sentido, cada un debería poder subir as fotos cando mellor lle veña, así que as teña feitas, non ten sentido que as teña "gardadas" ata unha data determinada para subilas.

Tamén proporía que se deseñe un logo para o concurso e que se fagan unhas camisetas unisex de diferentes tallas, poden facerse unhas 50 por menos de 400 euros, aínda que disto sabe máis Estevoaei, e así animaríase máis a participación. Se se fan estas camisetas xa non faría falta facer sorteo, serían de agasallo para os primeiros 50 participantes.

O presuposto indicado arriba era de 600 leuros máis os gastos de envío das camisetas, se a isto engadimos facer as 50 camisetas, serían uns 1000 leuros máis os gastos de envío das camisetas.

Aviso ós usuarios que se interesaron por esta proposta para que comenten sobre estes detalles, chamo a: Agremon, MAGHOI, Aprofa e Xosé Antonio. Agradécense tamén comentarios doutros usuarios. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de maio de 2019 ás 09:46 (UTC)[responder]

Eu ofrecinme á Profa porque me dixo que facía falta alguén que se encargase de xestionar o das camisetas do concurso. Si, tardei, seino pero aquí estou e só preciso que me digades o que debo facer. Grazas.--Roxegar (conversa) 7 de xullo de 2019 ás 18:28 (UTC)[responder]
Agremon, como facemos entón con esta proposta de Roxegar? Se el se encarga de xestionar iso, eu non teño problema, pero quizais habería que facer unha nova votación... Por outro lado, en tempo estamos, porque o concurso vai ser de agosto a outubro, as votacións van ser en novembro e os premios poden mandarse en decembro... Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de xullo de 2019 ás 20:56 (UTC)[responder]
Perdón pola tardanza. As viaxes é o que teñen. Entendo que a votación foi algo abondo aberto como para admitir variacións, polo que pode incorporarse mentras non dispare o presuposto.--Agremon(contacto) 1 de agosto de 2019 ás 16:09 (UTC)[responder]

Votacións editar

Remata de 'axitarme' Elisardo para que, como comecei, tente dar fin a isto. Entendo que hai varias propostas, que se poden votar individualmente e que deixo embaixo de xeito sintético para que, antes de votalas, se podan completar se se ve necesario, rematar de comentar, estipular quen /como levalas a cabo, definir cantidades e orzamento, etc. Coido que se pode facer así porque o orzamento daría en xeral para máis dunha. Escolleríanse as máis votadas mentres houbera orzamento dispoñible. Hoxe é día 4; as propostas poden estar abertas a completarse ata rematar o día xoves 6, comezando a ser votadas de xeito automático a partir das 00:00 do día 7 de xuño, venres, e ata as 24:00 do xoves 20 de xuño. Serían, por orde de aparición na taberna. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Agremon (conversacontribucións) 4 de xuño de 2019 ás 17:21‎

Votación 1 editar

 
Proposta de póster.

Concurso fotográfico de fotos de parroquias que aínda non teñen imaxes no artigo. Orzamento: 600 €. Proposta comezada por Elisardojm. Detalles do funcionamento en: Wikipedia:Wiki Loves Parroquias e Wikipedia:Wiki Loves Parroquias/Imaxes propostas.

  Comentario Se non hai xente que queira botar unha man na xestión da proposta (hai tempo aínda para que vos animedes), retiro da proposta o de facer novas camisetas para simplificar a xestión, co cal o orzamento sería de 600 € máis os gastos de envío das camisetas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xuño de 2019 ás 06:59 (UTC)[responder]

  Comentario Se vos parece ben poñemos unhas datas para a participación. Eu propoño que se permitan subir fotos do 1 de xullo ata o 31 de outubro, e logo o mes de novembro para votar as imaxes participantes... Como o vedes? Aviso ós que votaron: Agremon, Maria zaos, RubenWGA, Xas, MAGHOI, Breogan2008. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xuño de 2019 ás 21:09 (UTC)[responder]

  Comentario Estou pensando que catro meses para presentar as fotos é excesivo, con tanto tempo a xente pode esquecerse de todo, case mellor deixámolo en agosto, setembro e outubro. Neses tres meses hai tempo abondo para subir fotos e pode anunciarse con tempo nos medios. Vale? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xuño de 2019 ás 12:14 (UTC)[responder]

  1.   Concordo--MAGHOI (conversa) 18 de xuño de 2019 ás 10:09 (UTC)A min parécenme ben as datas e o póster.[responder]

  Comentario Fixen un póster para anunciar a actividade, revisade o contido e se vedes algo para mellorar cámbioo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xuño de 2019 ás 07:04 (UTC)[responder]

  1.   Concordo --Agremon(contacto) 7 de xuño de 2019 ás 09:54 (UTC)[responder]
  2.   Concordo.--Maria zaos (conversa) 7 de xuño de 2019 ás 10:41 (UTC)[responder]
  3.   Concordo. --RubenWGA (conversa) 7 de xuño de 2019 ás 19:45 (UTC)[responder]
  4.   Concordo. Xas (conversa) 7 de xuño de 2019 ás 20:12 (UTC)[responder]
  5.   Concordo.--MAGHOI (conversa) 7 de xuño de 2019 ás 22:55 (UTC)[responder]
  6.   Concordo.--Breogan2008 (conversa) 8 de xuño de 2019 ás 08:26 (UTC)[responder]

  Comentario Perdón por se non é este o lugar axeitado para indicar a nova pero coido que é relevante. Nunha nova do xornal de Lugo "El Progreso", xa se fan eco do concurso de fotos das parroquias. Está aquí[[1]]. —o anterior comentario sen asinar foi feito por MAGHOI (conversacontribucións) 19 de xuño de 2019 ás 07:49

Votación 2 editar

Wikiconcursos mensuais. Orzamento: sen estipular. Proposta comezada por Elisardojm.

  1.   Concordo --Agremon(contacto) 7 de xuño de 2019 ás 09:54 (UTC)[responder]
  2.   Concordo. --RubenWGA (conversa) 7 de xuño de 2019 ás 19:45 (UTC)[responder]

Votación 3 editar

Material promocional. Proposta retirada. Orzamento: sen estipular. Maria zaos

  Comentario O orzamento está sen estipular porque agardaba ter algún feedback para saber cando menos: temática. En fin, non teño moito tempo, así que se ninguén achega ningún comentario no prazo aberto ata o xoves a última hora, retirarei a proposta da votación. Cando menos a de Elisardo rexistrou algunha interacción, sinal de que algo de interese xerou. Saúdos. Maria zaos (conversa) 5 de xuño de 2019 ás 07:57 (UTC)[responder]
  Comentario.-Como xa indeiquei arriba, @Agremon: @Elisardojm: paso a retirar a proposta. Razón: eu considero que primeiro é a necesidade/proposta e logo o orzamento. Non podo orzamentar porque a miña proposta non recibiu ningún tipo de comentario sobre ningunha das variantes que se describían. E sen orzamento, e máis nos prazos cos que contamos, non ten sentido. Noutro momento será. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 6 de xuño de 2019 ás 17:48 (UTC)[responder]

Cando vexas as barbas do teu veciño cortar... editar

Deixo aquí unha ligazón: https://outreach.wikimedia.org/wiki/Education/News/April_2019/Wikimedia_Commons:_a_highly_hostile_place_for_multimedia_students_contributions . Motivo? Coido que podemos aprender na experiencia dos demais; ás veces é máis doado cando se ven as cousas cun po9uco en perspectiva.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Agremon (conversacontribucións) 17 de maio de 2019 ás 09:58‎

Acabo de ler a experiencia, que horror! --193.144.97.91 23 de maio de 2019 ás 10:39 (UTC)[responder]

Xurado do Premio Rosalía de Castro editar

Ola! Recibín da Deputación da Coruña este correo electrónico:

Como gañador da IX edición do Premio Rosalía queriamos que formases parte do xurado deste ano.
Podemos contar contigo? A reunión será no mes de xuño, aínda sen determinar o día.
Envío as bases do premio no anexo. Se a resposta é afirmativa, precisaría que me enviases unha fotocopia do DNI para facer o nomeamento mediante resolución.

As bases da convocatoria do certame poden consultarse no Boletín Oficial da provincia da Coruña do 14 de marzo de 2019. Se alguén se anima a ser membro do xurado, que se poña en contacto comigo. Moitas grazas. --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de maio de 2019 ás 12:17 (UTC)[responder]

Estevo(aei), penso que é mellor que as persoas interesadas o indiquen aquí e, de haber varias interesadas, que nos poñamos de acordo en quen participa. Ata cando se pode avisar á Deputación de que queremos participar nisto? Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de maio de 2019 ás 12:59 (UTC)[responder]

Como último recurso, se non hai quen queira, ó mellor podo facelo eu. / nota: estou editando dende un trebello que non me permite data e hora, etc. Agremon (22 de maio de 2019 ás 21:04‎)

Pola miña parte son da opinión de que está ben que a Galipedia resulte candidatable e mesmo elixida como gañadora, pero ser xurado de cousas fóra da Galipedia en calidade de Galipedia renxe moitísimo co coidado da pluralidade, neutralidade etc.
É dicir: o de menos é como decidir que persoa vai como representante neste xurado, a pregunta é se unha entidade colectiva coas particularidades e imaxe da Galipedia debería formar parte dun xurado impulsado por unha entidade allea e que deliberará sobre as bondades/calidade de iniciativas de normalización lingüística.Razóns:
  • Somos unha entidade colectiva, pero non temos os estatutos dunha asociación para xustificar a idoneidade da presencia da entidade, o que temos son definicións moi xenéricas (as da Wikipedia).
  • Saia o que saia do xurado, non vai ser cousa só desa persoa que vai representarnos: Galipedia quedará atada a aquela decisión que finalmente tome o xurado en conxunto. Non ten por que pasar, pero imaxinemos a escolla dalgo polémico, cales serían as consecuencias para a comunidade e a imaxe en xeral da Galipedia?
  • Que hai autoridade moral para estar presentes no xurado? Si, por suposto, por iso chaman a quen gañou o premio na anterior convocatoria.
  • Que é unha oportunidade? Si, asociarnos novamente coa área de normalización lingüística pode ser interesante e só teriamos (neste evento) unha única oportunidade (a deste ano). Pero que hai un risco cara mantermos esa autoridade moral da que falabamos por pequeno que sexa, haino.
  • Outro tema é que as deliberacións de principio son secretas, non 100% transparentes como poderían ser a participación noutro tipo de eventos como conferencias, mesas redondas etc.
Por todo isto eu digo que non hai necesidade de aceptar, poderíase rechazar elegantemente esta oferta xustificandoo coas nosas particularidades como colectivo. Como entendo que podemos levar o debate destas dúas decisións (aceptar/non aceptar e quen) en paralelo, deixo un par de seccións acó. Maria zaos (conversa) 23 de maio de 2019 ás 20:01 (UTC):[responder]

A Galipedia como parte do xurado 2019 editar

A favor editar

  1.   Concordo con que vaía Agremon en representación da Galipedia (cada cousa ó seu tempo, como aclaro no comentario). --Dodro (conversa) 24 de maio de 2019 ás 16:34 (UTC)[responder]
  2.   Concordo, e máis se nos representa Agremon. Confío plenamente nel e sei que o seu voto non nos vai comprometer en absoluto. Xosé Antonio (fálame sempre) 26 de maio de 2019 ás 21:29 (UTC)[responder]
  3.   Concordo, e apoio os comentarios feitos por Xosé Antonio. --RubenWGA (conversa) 27 de maio de 2019 ás 13:02 (UTC)[responder]
  4.   Concordo, creo que como unha das principais iniciativas normalizadoras do galego é bo que a Galipedia estea representada nese xurado. Nese sentido non creo que a persoa que represente a Galipedia no xurado vaia ser nin máis nin menos obxectiva que calquera representante doutra iniciativa calquera. --Aprofa (Dime algo aquí) 10 de xuño de 2019 ás 11:10 (UTC)[responder]

En contra editar

  1.   Discordo.--Maria zaos (conversa) 23 de maio de 2019 ás 20:01 (UTC)[responder]
  2.   Discordo motivación: a complexidade de tomar un posicionamento ideolóxico (ou como pouco técnico) nunha comisión avaliadora; a representatividade da comunidade nun individuo particular; a premura á hora de tomar decisións de se imos (os tempos da comunidade son os que son, non temos a inmediatez dunha rede social); arriscar a tranquilidade da comunidade cun tema que en realidade a nós non nos dá beneficio; a nosa posición técnica-ideolóxica como Wikipedia que creo que non é compatible con participar é de 1) identidade colectiva 2) neutralidade 3) debate e consenso 4) transparencia ※ Sobreira ►〓 parlez 24 de maio de 2019 ás 09:56 (UTC)[responder]

Neutro editar

  1.   Neutro Non vexo demasiado problema en participar como xurado, na mesma situación penso que poden atoparse a tódolos grupos/asociacións que resultaran gañadoras..., ó mellor eles tampouco participan por esta razón, e entón, quen vai estar no xurado? ninguén? só os gañadores individuais que tamén quedarán "marcados" se a decisión é polémica... Penso que é positivo participar, para axudar á organización do recoñecemento e tamén para manter contactos con este colectivo. A pesar de todo isto, eu, o que diga a maioría :D Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de maio de 2019 ás 21:22 (UTC)[responder]
  2.   Neutro Idem acima. MarceloRenard2, o raposo preppie Arranxos e corretixos 23 de maio de 2019 ás 23:53 (UTC)[responder]

Comentarios editar

  Comentario Creo que sería positivo acudir, daríalle repercusión á Galipedia. Por exemplo: Agremon membro da Galipedía forma parte do xurado nesta edición. Indicando, se queredes, que a Galipedia é un proxecto colaborativo onde están presentes diversas sensibilidades, aínda que temos uns valores comúns; non representando á comunidade senón el como membro deste proxecto. Aínda que eu non teño ningún inconveniente en que Agremon vaia en representación de todos, paréceme unha persoa idónea para facelo. --Dodro (conversa) 24 de maio de 2019 ás 16:34 (UTC)[responder]

  Comentario Como xa dixen no meu voto, non sei que inconveniente ten ser membro dun xurado que premia o uso e difusión do galego e non vexo en que nos vai comprometer (mais tendo en conta que o veredicto é de todo o xurado, non dun único membro). Se non podemos ser membros do xurado, por reciprocidade tampouco deberiamos ter aceptado o premio. Xosé Antonio (fálame sempre) 26 de maio de 2019 ás 21:39 (UTC)[responder]

  Comentario sen entrar no benvidas que son as opinións de quen ten claro quen prefire que lle represente, e porque creo que foi culpa miña non explicarme ben, repito: A comunidade debería decidir sobre se se vai ou non (primeiro) porque o premio é da GALIPEDIA. Paralelamente (por cuestións de tempo e efectividade) a xente que queira apuntarse na lista de posibles candidatables a membro do xurado pode facelo no apartado lista. No caso haxa un acordo sobre participar, mirarase cal é a mellor maneira de escoller quen vai desa lista. Sen desmerecer ningún mérito a Agremon, que os ten de sobra, este evento é aberto a toda a comunidade e calquera pode presentarse. E o ideal sería que un número importante da comunidade se sumase ao debate de se a comunidade está a favor ou en contra de estar no xurado. Non son procesos directamente relacionado, ou cando menos non irían na orde de: "ah, pois se vai fulano voto si a estar no xurado e se non vai pois mellor que non vaiamos". Os argumentos e razóns de cada proceso son, ou deberan ser,independentes entre si. Un saúdo.Maria zaos (conversa) 28 de maio de 2019 ás 13:01 (UTC)[responder]

Ben, tes razón. Primeiro decidamos se vamos como xurado e despois xa veremos quen vai en representación. Non pretendía desanimar a ninguén a participar e moito menos a presentarse. Escusade, non era a miña intención :) --Dodro (conversa) 28 de maio de 2019 ás 22:16 (UTC)[responder]
Vese que se me entende mal. Eu estou a favor de formar parte do xurado independentemente de quen vaia. Se nomeei a Agremon foi porque é o único que está apuntado na lista pero, repito, seguirei estando a favor se o elixido para ir é outro. O meu voto non depende de que sexa Agremon ou non o que vaia. Saúdos, Xosé Antonio (fálame sempre) 29 de maio de 2019 ás 20:29 (UTC)[responder]
Xosé Antonio, RubenWGA e Dodro o meu comentario non era tanto para vós como para o resto que resta por comentar, votar etc. E fíxeno porque considero que non o redactara moi ben e podía dar pé a confusión. Eu estou moi agradecida polas vosas participacións (podedes comprobalo no rexistro de agradecementos, penso que non esquecín a ninguén) e polas que han de vir, así sexan contrarias á miña. O importante para min é sondear a opinión das persoas que forman parte de Galipedia. Se a miña redacción, especialmente no meu segundo comentario, non foi acertada e ademáis molestou, pido desculpas, xa que non era en absoluto a miña intención. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 29 de maio de 2019 ás 21:20 (UTC)[responder]

Lista de persoas dispostas a formar parte do xurado editar

  1. Agremon

A modo de resumo editar

Boas, o día 7 de xuño saíu publicada a composición do xurado, que podedes consultar aquí. Con anterioridade ao 7, o debate en si mesmo non mudou moito (no sentido en que hai dúas posturas diferenciadas e non se achegaron moito as posicións) e as votacións nesa data estaban así: 3 a favor, 2 neutros, 2 en contra. O voto de Usuaria:Aprofa era a favor, pero rexistrouse con posterioridade á data de constitución do xurado. Á vista está que a marxe que tiñamos para respostar era bastante xusta (unhas dúas semanas) e houbo unha maioría das persoas participantes que, dunha maneira ou doutra, non consideraron un problema que a Galipedia formase parte deste xurado. Pola miña banda recoñezo que a)non sabía daquela con canto tempo contabamos para respostar, e que,aínda que considero que nos eventos no que estea representada a Galipedia deberiamos esforzarnos en dar a máxima transparencia, b) o desenvolvemento que tivo a miña proposta non nos permitiu respostar coa celeridade axeitada.

A maiores, ao tratarse dun tema que non ten pautado un sistema claro de votación e que tivo relativa participación e axustados resultados, considero que debería telo plantexado ou reconducido doutra maneira, aínda que non sei moi ben cal, xa que realmente agardaba algo máis de debate en si mesmo, cousa que polo que sexa, non se deu. Por todo isto, e especialmente para o máis afectado polo tema, que foi o voluntario Agremon, pido desculpas polos erros na xestión.
Quédame agradecervos a todas as persoas que participastes e declarar que tentarei mellorar para que posibles propostas futuras non sexan un lastre para a actividade habitual da Galipedia.

Un saúdo .--Maria zaos (conversa) 17 de xuño de 2019 ás 12:11 (UTC)[responder]

Maria zaos, non hai que desculpar nada, ti fixéchelo o mellor que puideches, e simplemente o que pasou é que a cousa non se deu resolto, é o que teñen as wikis, e máis as pequenas como a nosa... Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de xuño de 2019 ás 14:47 (UTC)[responder]
Polo que a min me toca, deixei claro ó comezo que a miña sería a última opción, Maria zaos, co que xa de partida non acepto desculpas porque non hai nada que desculpar. Saúdos, --Agremon(contacto) 19 de xuño de 2019 ás 08:33 (UTC)[responder]

Escola Lubiáns incorpora contidos da Galipedia editar

Revisando o artigo do Escola Lubiáns cheguei ao sitio web oficial do club (recentemente renovado) e puiden ver que o club carballés de hóckey a patíns incluíu nunha das seccións do seu sitio web todos os contidos do noso artigo, en parte tirados da historia do club publicada no antigo sitio web do Lubiáns, mais con engadidos e actualizacións das últimas tempadas. Que un club engada literalmente a información que poñemos na Galipedia non deixa de ser unha boa nova e unha demostración do bo traballo que se está a realizar á hora de procurar calidade. Se cadra se lles podería pedir un feedback e que subiran imaxes do equipo e partidos a Commons... alguén en nome da Asociación se anima a pedirllo? :)

Saúdos a tod@s! Piquito (conversa) 4 de xuño de 2019 ás 00:56 (UTC)[responder]

Vaia copia! :O. Por unha parte pode entenderse como un recoñecemento como dis, pero por outra, é un plaxio... Penso que o que habería que dicirlles é que teñen que respectar a licenza da Galipedia, a CC-BY-SA por exemplo, explicarlles como deben facer, é dicir indicar a autoría e que ese texto ten a mesma licenza. A maiores, e xa que se contacta con eles, si estaría ben comentarlles que se queren colaborar co proxecto, sería interesante que liberasen algunha foto para engadir no artigo.
Hai un modelo de carta para enviar, está en Wikipedia:Carta normalizada de notificación de incumprimento da licenza da Galipedia por se alguén o quere reutilizar. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2019 ás 11:18 (UTC)[responder]

Concurso fotográfico da Galipedia editar

 

Boas, continuando co proxecto Wikipedia:Wiki Loves Parroquias, redactei Wikipedia:Wiki Loves Parroquias/Nota de prensa para mandar ós medios de comunicación, é preciso que alguén lle bote unha ollada para puír e mellorar o que faga falta. Aviso ós que votaron a proposta por se poden revisala: MAGHOI, Agremon, Maria zaos, RubenWGA, Xas e Breogan2008. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de xuño de 2019 ás 23:57 (UTC)[responder]

Por min está perfecto. Claro e concreto. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 26 de xuño de 2019 ás 07:13 (UTC)[responder]
Idem. --Agremon(contacto) 26 de xuño de 2019 ás 09:06 (UTC)[responder]

Solicitude para poñer anuncio na cabeceira dos artigos editar

Boas, acabo de mandar a nota de prensa os medios de comunicación. A maiores solicito permiso para poñer un anuncio na cabeceira de tódalas páxinas, semellante ós anuncios das votacións de artigos de calidade, de que se está a organizar este concurso para que tódolos usuarios e lectores da Galipedia o coñezan. O ideal sería poñelo a primeira semana de xullo. Tamén pido a tódolos usuarios que deades difusión a esta actividade entre os vosos coñecidos e entidades que poidan estar interesadas, para facer isto está dispoñible a mesma Wikipedia:Wiki Loves Parroquias/Nota de prensa que indiquei arriba e tamén o póster do evento que está aquí ó lado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 07:26 (UTC)[responder]

A favor
  1.   Concordo. --Elisardojm (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 07:26 (UTC)[responder]
  2.   Concordo. --Breogan2008 (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 07:40 (UTC)[responder]
  3.   Concordo.--Maria zaos (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 08:04 (UTC)[responder]
  4.   Concordo. --. HombreDHojalata.conversa 27 de xuño de 2019 ás 08:15 (UTC)[responder]
  5.   Concordo. Servando2 (Dime) 27 de xuño de 2019 ás 08:33 (UTC)[responder]
  6.   Concordo. ----Agremon(contacto) 27 de xuño de 2019 ás 08:44 (UTC)[responder]
  7.   Concordo --Castelao (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 09:00 (UTC)[responder]
  8.   Concordo. Pedro --Lameiro (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 09:12 (UTC)[responder]
  9.   Concordo.--Miguelferig (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 10:21
  10.   Concordo. -Xas (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 12:31 (UTC)[responder]
  11.   Concordo.--HacheDous=0 (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 14:18 (UTC)[responder]
  12.   Concordo.--MAGHOI (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 14:50 (UTC)[responder]
  13.   Concordo. --Chairego apc (conversa) 29 de xuño de 2019 ás 14:31 (UTC)[responder]

#  Concordo. --Alfonso mande 27 de xuño de 2019 ás 14:06 (UTC)[responder]

En contra
Neutros
  •   Neutro
Comentarios
  •   Comentario Na nota de prensa, quítalle o "nowiki" á ligazón externa, para que funcione. Non? --. HombreDHojalata.conversa 27 de xuño de 2019 ás 08:15 (UTC)[responder]
  •   Comentario   Feito! Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 08:29 (UTC)[responder]
  •   Comentario Despois de ler con detemento nas bases As fotos deben de ser dunha parroquia que non teña ningunha imaxe no seu artigo no momento de comezar o concurso. cambio o meu voto pois creo que tan soo se benifiaran os fotógrafos de Lugo e Ouréns ou aqueles que poidan viaxar as parroquias de ditas provincias xa que o resto quedariamos excluídos por non poder cumprir cos requisitos que se piden, xa que tan soo ditas provincias carecen de parroquias sen imaxes. Aínda que creo que desa forma é un concurso descafeinado non voto en contra porque creo que se con iso logramos cumprir co obxectivo sera todo un éxito. PD: Penso que se poderia facer un concurso no que poideran entrar todas as parroquias de Galicia aínda que aquelas que sexan dunha parroquia sen imaxes poderia darselle uns puntos extras.--Alfonso mande 27 de xuño de 2019 ás 14:53 (UTC)[responder]
  •   ComentarioAlfonso, entendo o teu punto de vista, e a verdade é que durante todo o proceso de proposta desta actividade non se me ocorreu pensar niso, estiven pensando todo o tempo en como facer para conseguir as imaxes que faltan. A estas alturas o concurso xa non se pode modificar, houbo tempo tamén para facelo dende que se presentou a proposta, pero haberá que ter isto en conta se se repite para o ano. Por outra banda, realmente todos podemos participar, podemos facer unha excursión a eses concellos e participar ó tempo que coñecemos outras zonas de Galicia :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 20:52 (UTC)[responder]
  •   Comentario Xa está posto o aviso nas páxinas. Mandei tamén un correo a moitos dos concellos dos que faltan parroquias pedindo que difundan o evento entre os veciños, a ver se o dan a coñecer. Se alguén coñece algunha asociación ou colectivo ó que se poida avisar do concurso pode facelo ou comentalo aquí e eu encargareime de darlles aviso. Como esta actividade é nova, hai que tratar de darlle a maior difusión posible para que participe canta máis xente mellor. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de xullo de 2019 ás 00:54 (UTC)[responder]

Nova solicitude para poñer aviso do comezo do concurso editar

Boas, quero solicitar aquí que na primeira semana de agosto se poña un novo aviso na cabeceira dos artigos da Galipedia para informar a tódolos editores e visitantes de que comeza o prazo para presentar as fotos do concurso de fotografía. Nesas datas penso que tamén estará ben mandar unha nova carta ós medios de comunicación para ver se o publican tamén. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2019 ás 17:10 (UTC)[responder]

A favor
  1.   Concordo --Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2019 ás 17:10 (UTC)[responder]
En contra
Neutros
Comentarios

Antonio Fernández Pombo editar

Non hay unha paxina do ex-alcalde de Becerreá.—o anterior comentario sen asinar foi feito por ‎ DJose Méndez (conversacontribucións) 27 de xuño de 2019 ás 13:55

Hai moitas páxinas que faltan, podes creala ti DJose Méndez :) Podes fixarte noutros artigos de biografías como por exemplo Gerardo Pardo de Vera. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 21:26 (UTC)[responder]

Estón niso Elisardojm DJose Méndez (conversa) 28 de xuño de 2019 ás 21:23 (UTC)[responder]

Xenial DJose Méndez! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de xuño de 2019 ás 22:04 (UTC)[responder]

Mosteiro de San Pedro de Rocas editar

Boas. Caín no artigo Mosteiro San Pedro de Rocas, de recente creación (e sen fotos, sen ligazóns...), mais resulta que xa había Mosteiro de San Pedro de Rocas. Suxiro que se elimine o primeiro, non?--Nicole (conversa) 28 de xuño de 2019 ás 15:23 (UTC)[responder]

  Feito! Fusionei os dous artigos. En situacións semellantes podes usar o marcador de fusión no artigo cos contidos que convén incorporar ao principal (=neste caso o inicial Mosteiro de San Pedro de Rocas) e o modelo fusionar desde no artigo a conservar. Deste xeito, ademais de marcarse como artigos duplicados, xa tes a ligazón ás instrucións do proceso de fusión. Moitas grazas por avisar, Nicole. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 28 de xuño de 2019 ás 19:29 (UTC)[responder]

Problema con Penalonga, Covas (ou Covelas?), Os Blancos editar

Eu suelo traballar cos mapas da Xunta e Penalonga atopase na parroquia de Covas (Os Blancos), por iso o movín da parroquia de Covelas do mesmo concello. Pero agora non se atopa o lugar de Penalonga nos lugares da parroquia de Covas... Ademais, o lugar de Covas non ten artigo e é redireccionado cara a parroquia homónima... Alí tamén hai un pequeno lío... E fai un chisco mirei a toponimia oficial da Xunta, e sorpresa, Penalonga está na parroquia de Covelas, e agora non sei a quen facerlle caso, ós mapas ou a toponimia da Xunta... A ver se alguén pódeme botar unha man... Grazas La fabrica de nubes (fálame) 11 de xullo de 2019 ás 23:34 (UTC)[responder]

La fabrica de nubes, as parroquias e os lugares da Galipedia están baseados no Nomenclátor oficial da Xunta de Galicia. Segundo iso Penalonga está en Covelas, e Covas só ten un lugar o mesmo Covas, por iso, cando unha parroquia ten un só lugar faise unha redirección porque non ten sentido facer dous artigos diferentes para o mesmo sitio. Xa movín Penalonga. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xullo de 2019 ás 23:57 (UTC)[responder]
Elisardojm, pois neste e neste outro buscador de topónimos da Xunta, aparece na parroquia de Covas...Creo que teñen un erro na toponimia oficial. La fabrica de nubes (fálame) 12 de xullo de 2019 ás 00:15 (UTC)[responder]
Outra cousa, se buscas a poboación (no 2018, por exemplo) da parroquia de Covas (43 hab.) e a poboación do lugar de Covas (30 hab.) no IGE, non son iguais, e mais, a poboación que falta e a de Penalonga (13 hab)...Casualidade? Así que creo que a parroquia de Covas teñe duas entidades de poboación, Covas e Penalonga... La fabrica de nubes (fálame) 12 de xullo de 2019 ás 00:27 (UTC)[responder]
Xa La fabrica de nubes, é posible que haxa un erro, pero a estrutura para crear os artigos de parroquias e lugares ten que ser única, e para iso decidiuse seguir o Nomenclátor oficial da Xunta de Galicia, é a base, a fonte principal, digamos. E como xa dixen varias veces, debería engadirse unha referencia en tódolos artigos de parroquias e lugares indicando que os nomes dos artigos están baseados nesa fonte, pero é unha tarefa moi custosa e non é doada de facer porque o Nomenclátor non ten ligazóns permanentes ós seus resultados, polo tanto penso que non se pode automatizar e habería que facela a man.
O que adoitamos facer nos artigos nos que se atopan discrepancias co Nomenclátor, é indicalo no artigo achegando as referencias axeitadas, máis non podemos facer ata que se amañe a fonte oficial. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de xullo de 2019 ás 07:15 (UTC)[responder]
OK, entón haberá que darlle un toque á Xunta, hehehe... La fabrica de nubes (fálame) 12 de xullo de 2019 ás 09:23 (UTC)[responder]

A Galipedia no Plan de dinamización da lingua galega na mocidade 2019-2022 editar

Un compañeiro avisoume da publicación do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade 2019-2022 da Xunta de Galicia, polo momento como documento de avance de xuño 2019. O que nos afecta nese documento é que hai unha actuación concreta na Galipedia. Un apartado di: "CD.5 Fomento do uso e a creación de contidos en galego en internet, especialmente na Galipedia (Wikipedia en galego).", e no cronograma di que esa actuación será no 2019 e no 2020.

Non teño nin idea de como se vai realizar iso nin quen se vai a encargar, haberá que estar atentos ás novidades que se vaian producindo para que esa actuación funcione do mellor xeito posible. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de xullo de 2019 ás 09:57 (UTC)[responder]

Obradoiro Wikidata editar

O día 28 de setembro está previsto facer un obradoiro sobre Wikidata en Lalín. A información do evento irá actualizandose nesta páxina: Aprendendo WikiData Setembro 2019. Para inscribirse só é necesario asinar nela.

Este obradoiro é continuación doutro celebrado en febreiro de 2018 en Santiago. Está todo o mundo convidado, tanto quen oe falar do Wikidata por vez primeira como quen edita ou fai uso del con regularidade.

A páxina do evento está aberta a propostas e dúbidas concretas que teñades sobre o tema. A esta sesión acudirán as dúas persoas que representarán á Galipedia no WikidataCon 2019 este outubro, polo que é unha oportunidade tamén para recoller dúbidas ou propostas propias desta comunidade de wikipedistas en relación a Wikidata.

Animádevos!.--Maria zaos (conversa) 4 de setembro de 2019 ás 21:22 (UTC)[responder]

O interese público por riba do dereito ao olvido editar

Segundo unha resolución da Axencia Española de Protección de Datos : "el interés público de una información prevalece por encima de la protección de datos personales, siempre que la información personal no sea inexacta o se haya quedado obsoleta". Podedes ler toda a información aquí. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 9 de setembro de 2019 ás 06:43 (UTC)[responder]

Olav III de Dinamarca editar

Na conversa desta páxina Nonsonninguen, publicou a conveniencia de renomear esta páxina como Olav II de Dinamarca e explica o porqué. Penso que ten razón e escribo para que, quen queira, opine sobre o tema. Saúdos. --MAGHOI (conversa) 24 de setembro de 2019 ás 17:30 (UTC)[responder]

Movida a Olav II de Dinamarca. Banjo tell me 24 de setembro de 2019 ás 17:58 (UTC)[responder]
Malia chegar tarde, tamén engado que a forma galega do nome é "Olavo" (e tamén é así en portugués e castelán), polo que por WP:NPP habería que movelo. --Norrin (Fálame) 28 de setembro de 2019 ás 09:40 (UTC)[responder]

Lío coas listas editar

Boa tarde. Abro este fío porque hai un tempo veño rumiando un tema que me ocupa a cabeza: son as listas. E en concreto as listas de Historia ou de Política. En ámbolos dous casos coido que hai bastante confusión nos títulos e chega un momento que son pouco operativas até o punto que, ás veces, tenme pasado, comezo unha lista porque non existe e, de súpeto, atópoa cunha lixeira variación de nome o que conleva un certo mosqueo pero tamén tempo perdido. Poño exemplos:

  • Na categoría Lista de personalidade da política podemos atopar as seguintes formas: "Presidentes de...", "Lista de presidentes de...", "presidente (en singular) de...", "Lista de Presidentes (o "P" con maiúscula)...", "Presidencia de...". Tamén aparecen outras formas específicas como "Primeiro Ministro..." mais tamén aparece "Ministro de Brunéi"...
  • Igualmente, na categoría Listas de monarcas, hai diversas formas: "Lista de reis...", "Lista dos reis...", "Lista de monarcas de..."; "Lista de monarcas de Aragón" xunto con "Lista de monarcas daneses". Na mesma categoría están: "Monarquía de Camboxa", "Zíridas", "Reis dos Belgas", etc. Referíndose a pobos antigos: "Lista de reis visigodos" e "Lista de reis dos Hititas".

Como vedes, hai un monte de formas e coido, por tanto, que habería que establecer algún tipo de criterio e, no posible, manter o mesmo formato para non perder traballo ou tempo pero tamén para que as procuras sexan máis doadas e exitosas. Xa vin que no 2018, algo se falara nun fío aberto por AMPERIO pero non sei se se chegara a algunha conclusión. Que vos parece? Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 25 de setembro de 2019 ás 15:53 (UTC)[responder]

MAGHOI, podes poñer a ligazón á conversa de 2018 a ver o que se comentou daquela? Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2019 ás 20:55 (UTC)[responder]
Ola Elisardojm. Atopei referencias a ese tema en dous sitios: aquí, no índice é a entrada 4, fálase de como se debe empregar o encabezamento de "Lista" e aquí, no índice é a entrada 11, é onde está a referencia anterior por AMPERIO na que, aínda que non se fala directamente do que eu indico, si que se manifesta que o uso dos sinónimos "Lista/Listaxe" crea problemas. Igualmente, fíxate que se poñen dous exemplos onde un comeza por "Lista+preposición" e noutro "Listaxe+dous puntos". Espero haberme explicado agora. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 26 de setembro de 2019 ás 14:41 (UTC)[responder]
Podemos poñer unha norma no libro de estilo que indique que tódolos artigos que conteñan case en exclusiva unha relación de cousas, deberán comezar o título de forma "Lista de ". Isto serviría para ter unha base na que apoiarnos para unificar o título de todos eses tipos de artigos. Tamén habería que engadir que deberán estar, supoño que a maioría xa o estará pero seguro que algún escapou, na categoría:Listas. Que vos parece? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de setembro de 2019 ás 17:03 (UTC)[responder]
Totalmente de acordo. Pero "Lista de + x" ou "Lista de+artigo X"? Maria zaos (conversa) 26 de setembro de 2019 ás 18:05 (UTC)[responder]
Eu creo que non é o mesmo Lista de aves de Galicia que Lista das aves de Galicia. No segundo caso implica que se inclúen todas as aves (e así son os títulos das Guías de fauna publicadas, sempre Guía das ou Guía dos), mentres que no caso de Lista de aves parece implicar que é un conxunto de aves de Galicia, pero non necesariamente todas elas. Pero isto é máis ben un nome de artigo que un nome de categoría. De todos modos, non vexo por que unha categoría debe empezar por "Lista", é dicir, eu en vez de Lista dos reis godos poñería simplemente Reis godos, xa que supoño que a categoría inclúe os artigos extensos sobre cada un dos reis godos e non simplemente o seu nome ou lista de nomes. Outra cousa é que se faga unha categoría para os artigos cuxo título comeza co nome Lista; por exemplo, na categoría Listas da fauna de Galicia estarían incluídos todos os artigos que son listas, como Lista dos mamíferos de Galicia, dos anfibios, das aves, dos peixes, dos réptiles...--Miguelferig (conversa) 26 de setembro de 2019 ás 18:53 (UTC)[responder]
Ola a todos. Un detalle Miguelferig, non son títulos de categorías senón de artigos que, iso si, están dentro de dúas categorías. Por exemplo, na categoría Lista de monarcas, aparecen artigos que se denominan "Lista de reis de...", mais tamén aparecen outros artigos que se denominan "Lista dos reis..." e, mesmo, "Lista de monarcas de...". Non acabo de ve-la diferenza entre monarcas e reis. Por iso, dicía, que podes comezar a facer un artigo titulado "Lista de reis de Aragón", e que exista previamente, outro titulado "Lista de monarcas de Aragón"; polo que quizais é mellor chegar a unha convención. Deste xeito, eu proporía o seguinte:
  • cando se refiran a unha entidade política clara leven por exemplo a denominación: Lista de reis de+o nome da entidade (exemplo: Lista de reis de Aragón; ou Lista de reis de Capadocia). Habería que establecer se vai "de" ou "dos".
  • cando se fale de pobos ou dinastías sería: Lista de/dos reis+denominación do pobo/dinastía (exemplo: Lista de reis hititas ou Lista de reis aqueménidas). De novo, repito, habería que establecer o "de" ou "dos".

Eu eliminaría o de monarcas, pero deixaría Lista de emperadores ou emperatrices, porque son títulos diferentes. Un saúdo. E grazas por atender a miña suxestión.--MAGHOI (conversa) 26 de setembro de 2019 ás 20:54 (UTC)[responder]

Ah, comprendo. Eu entendera que eran categorías ao ler o teu primeiro texto. En canto a "de" ou "das/dos" eu son partidario de das/dos polo que dixen antes.--Miguelferig (conversa) 26 de setembro de 2019 ás 21:08 (UTC)[responder]
MAGHOI, o que pasa é que hai que buscar unha norma xeral, non podemos poñer no libro de estilo que "as listas de reis/monarcas deben ter o título TAL", e que facemos co resto de listas? Imos poñer unha norma para cada tipo de lista? Iso non é funcional. Hai que poñer unha norma xeral. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de setembro de 2019 ás 21:27 (UTC)[responder]
Elisardojm , si doume conta de do que dis pero non é tanto crear unha norma xeral para todo tipo de Listas, como ordenar as listas desas dúas categorías en concreto. Outro exemplo: eu podo facer unha lista titulada "Lista dos reis de Dinamarca"(non existe esta lista como tal) para despois decatarme ou que alguén vexa que xa existe unha "Lista dos reis daneses" (esta si existe) ou incluso "Lista de monarcas daneses" (tampouco existe; pero si existe Lista de monarcas belgas). Por iso, a proposición era que cando se refira a unha entidade política clara (Dinamarca), non se empregue o adxectivo "daneses" senón "reis de Dinamarca". Igualmente, se falamos de pobos, tribos, pero non de entidades territoriais con fronteira definida, ou mesmo dinastías, se empregue unha convención e non como está agora Lista de reis suevos/Lista de reis dos hititas. Ou se falamos de dinastías, aparece "Lista dos reis aqueménidas", pero tamén soamente "Zíridas". Tamén aparece "Monarquía de Camboxa" (sen máis) ou "Rei de Bahrain". É dicir, sen "Lista de...". Por iso, porque hai múltiples variacións, deberiamos tratar de limitalas.

Finalmente, eu, por gusto persoal, mirei algo máis estas dúas categorías "Listas de monarcas" e "Listas de personalidades da política" que penso tamén ten varios artigos confusos. No resto de categorías de listas, non vexo tanto problema, e tampouco teño tanto criterio. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 27 de setembro de 2019 ás 15:51 (UTC)[responder]

Pois entón eu o que digo é que se só imos a modificar esas listas, podemos facer aquí unha votación, e se se acepta, que logo se cambien os nomes dos artigos que sexa necesario. Logo a votación haberá que copiala na páxina de conversa desas dúas categorías para que quede explicado o tema nun lugar axeitado e que non quede esquecido nos arquivos da taberna. Ti que títulos propós MAGHOI?. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de setembro de 2019 ás 16:37 (UTC)[responder]

Ola, de novo Elisardojm. Despois de mirar a categoría, atendendo ao criterio de cal sería o camiño máis directo para buscar-la información, é dicir, o que eu coido que faría alguén que busca unha información concreta, eu proporía para esta categoría o seguinte: entendo que hai como 4 grupos nos que se poden agrupar as 40 listas para definilas mediante denominacións homoxéneas e que sexan medianamente rigorosas:
  • A denominación cando non referimos a dinastías, Lista de reis+dinastía (serían 3): "Lista de reis aqueménidas" / "sasánidas" / "zíridas en Al-Andalus" (aquí engadiría unha redirección dende "Lista de emires zíridas en Al-Andalus").
  • Sobre pobos (4), a estrutura sería Lista de reis+pobo: "Lista de reis hititas"/ pictos/ ostrogodos/ visigodos.
  • Sobre territorios (11), Lista de reis+de+territorio: "Lista de reis de Arabia Saudita"/ Asturias/ Babilonia/ Escocia/ Breifne/ Camboxa/ Portugal/ Suecia/ Valencia. Casos especiais: Lista de reis de Bután (redirección desde Druk Gyalpo, que é o título que ten actualmente)Lista de reis de Bélxica (con redirección desde Lista de reis dos belgas. Hai dous artigos neste momento: “lista de monarcas belgas” e “reis dos belgas”, que teñen o contido practicamente duplicado).
  • Listas de monarcas (no artigo “monarca”, indícase que é cando as autoridades teñen varias titulacións; é dicir, incluiría a condes+reis, por exemplo); a estrutura sería Lista de monarcas+de+territorio): Lista de monarcas de Francia (con redirección dende Lista de reis carolinxios e Lista de reis de Francia); Galicia (con redirección dende “Lista de reis suevos” –o contido deste artigo está repetido no actual Lista de monarcas de Galicia-; e “Lista de reis de Galicia”); Dinamarca (con redirección dende “Lista de monarcas daneses” –aínda que eu a suprimiría- e “lista de reis de Dinamarca); Aragón (con redirección de “Lista de condes de Aragón” e “Lista de reis de Aragón”), Navarra (con redirección dende condes e reis); Castela (igual); León (igual); Sicilia (igual); Bahrein (con redireccións dende “Lista de reis de Bahrein”, e “lista de emires de”); Capadocia (con redirección dende “Lista de reis de Capadocia”); Bulgaria (non estaba na categoría e a veño de engadir); Prusia (tampouco estaba; redirección desde “Lista de reis de Prusia” e “Lista de duques de Prusia”).
  • Outros casos (7): denominacións particulares ou que son de uso común --> Lista de emperadores bizantinos, Lista de emperadores romanos, Lista de emperadores do Sacro, Lista de emperadores de Xapón, Lista de raíñas e emperatrices de Francia, Lista de co-príncipes de Andorra, Lista de condes e duques de Étampes.

Con isto coido que se ordena o que hai e que permite que o que se engada tamén estea ordenado. Faltaría por decidir o uso da preposición "de" ou da contracción "dos" como dicía Miguelferig. Eu non o teño moi claro, e parecéndome válido o seu argumento (é dicir sería cambiar "Lista de reis de ...." por "Lista dos reis"; ou "Lista dos monarcas de..."), non sei de empregar o "de" sería o máis usual. A outra categoría "Lista de personalidades da política" coido que é máis sinxela e a mirarei en breve. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 28 de setembro de 2019 ás 18:56 (UTC)[responder]

  Concordo Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de outubro de 2019 ás 07:04 (UTC)[responder]
  Concordo MAGHOI (conversa) 6 de outubro de 2019 ás 21:30 (UTC)[responder]

A Cabazapedia editar

 

Este Samaín xa podedes facer a vosa Cabazapedia... :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de outubro de 2019 ás 07:03 (UTC)[responder]

Recibidos os cartos do premio da Galipedia na conta de A3GAL editar

Boas a todos, como sabedes, a asociación Wikimedia España recibiu os cartos do premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que lle deron á Galipedia xa que non tiñamos unha conta bancaria para recibir o ingreso, logo, cando se creou a A3GAL e tivo a súa propia conta, a comunidade decidiu que se solicitara a WM-ES que traspasara eses cartos a esa conta. Pois xa se recibiu a transferencia dende WM-ES por importe de 2.430 euros, o importe do premio despois de impostos (o resto é de esperar que o devolva Facenda o ano que ven, en canto se reciba farán tamén o traspaso desa cantidade), polo que xa está dispoñible directamente dende a conta de A3GAL para realizar os proxectos que considere a Comunidade. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de outubro de 2019 ás 08:21 (UTC)[responder]

Recollida de papeletas electorais este domingo 10 de novembro editar

Boas, dende Wikimedia España pásanme esta mensaxe para facérvola chegar:

Ola. Unha vez máis estamos recompilando as papeletas electorais para poder subilas a Wikimedia Commons e que quede un arquivo para as xeracións futuras. É por isto que é importante que quen poida, se vai achegarse aos colexios electorais en España o día 10 de novembro, recolla unha papeleta de cada partido da circunscrición correspondente, amais da papeleta do Senado, e os sobres de seren distintos aos doutra zonas. Máis tarde escanearanse e subiranse a Commons.
Para facilitar a tarefa de coordinación, José Emilio Mori ten preparada a súa ferramenta, para que poidades asignarvos unha circunscrición e indiquedes o estado do proceso. Esta ferramente facilita moito a suba, por outra banda. É recomendable que sexan dúas persoas antes que ningunha quen recollan as papeletas, e sempre é mellor ter as dalgúns partidos que non ter de ningún.
Ademais, se tendes amigos, familiares ou coñecidos noutras circunscricións que non estean aínda asignadas, podedes animalos ou pedirlles que recollan as papeletas e as suban ou que volas dean, ou volas manden, e deste xeitos quédanvos asignadas. Este é un proxecto colaborativo tamén e riquire a participación de moita xente para logralo.
A ferramenta está en https://tools.wmflabs.org/jembot/map/?m=es&e=eg201911

De momento ningunha das provincias galegas foi asignada. Animádevos! :) Un saúdo. Maria zaos (conversa) 8 de novembro de 2019 ás 07:50 (UTC)[responder]

As da Provincia de Pontevedra xa están todas dende onte. Cando hai eleccións, pode dispoñerse de tódalas papeletas con antelación, solicitando o voto por correo. --. HombreDHojalata.conversa 10 de novembro de 2019 ás 09:10 (UTC)[responder]
Collín as 13 papeletas de Lugo, pero non os sobres. No mapa pon que xa está asignado a Agremon, así que xa non subo nada, a non ser que polo motivo que sexa non poida el. Saúdos--Iagocasabiell (conversa) 10 de novembro de 2019 ás 12:59 (UTC)[responder]
Supoño que os sobres serán os mesmos sempre agás nas comunidades con linguas cooficiais que veñen nas dúas linguas. Tamén collín, pero Agremon xa as sobeu todas. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 10 de novembro de 2019 ás 19:45 (UTC)[responder]

Notas sobre WikidataCon 2019 editar

O 25 e 26 de outubro celebrouse en Berlín a WikidataCon 2019, onde estivo representada a Galipedia polo usuario Estevoaei e eu mesma. Agás os obradoiros e outras reunións informais de traballo, o contido das sesións foi gravado e están dispoñibles aquí. Tamén están dispoñibles as presentacións e as notas que se tomaron de xeito colaborativo nas sesións, cuxo listado podedes consultar aquí. A maiores, todo o material gráfico, incluídos os pósters, está na seguinte categoría de Commons.

Que é a WikidataCon?
Un evento impulsado por Wikimedia Deutschland que se celeba cada dous anos. Esta era a segunda edición. Nel reúnense entusiastas de Wikidata procedentes de distintos proxectos Wikimedia e tamén representantes doutras entidades relacionadas, como por exemplo GLAM (=Galerías, bibliotecas, arquivos , museos) ou outros proxectos e empresas como Histropedia[1] e Inventaire.io [2] para compartir os avances en todo o relacionado con Wikidata.
Que temas se trataron?
Un dos fíos condutores foi Wikidata e as linguas, pero tamén houbo lugar para temas como: proxectos GLAM, calidade dos datos, Wikibase, OpenStreetMap, Datos abertos e Wikicite.
Que destacaría de interese para a Galipedia?
Como novidades con impacto e relevancia para esta comunidade destacaría en primeiro lugar:
  1. Structured Commons: é un proxecto recente que avanza a moi bo ritmo e que busca asociar datos estruturados ao contido multimedia de Commons. Actualmente xa é visible na pestana de "datos estuturados/captions" en Commons. Polo momento non conta con punto de consulta SPARQL, pero é posible recuperar arquivos segundo unha determinada propiedade de Wikidata. Os elementos deste proxecto comezan por M e non por Q. Presentouse tamén a ferramenta ISATool, que permite engadir información de xeito cómodo ós ficheiros de Commons, e que foi premiada nos WikidataCon Awards 2019.
  2. Lexemas: outro proxecto tamén recente que ten como obxectivo a creación de datos estruturados en torno a contidos lexicográficos[3].
  3. Infotaulas/Infoboxes: esta sesión estivo centrada nas propostas de modelo multilingüe (conectado a Wikidata) de infoboxes que permita racionalizar e axilizar a xestión destes cadriños. Esta era unha das consultas que se recolleu no obradoiro de Wikidata que fixemos en Lalín. O usuario Amadalvarez ademais de presentar a súa proposta tamén nos dedicou tempo fóra da sesión para mostrarnos como funcionaba.
Que outras ousas destacaría?
  • Os esquemas de datos. Eu acudín ao obradoiro de de ShEx. ShEx é unha linguaxe que permite a descrición e validación de conxuntos de datos RDF.[4]. A súa aplicación en Wikidata permite establecer un esquema ou un conxunto de datos para unha categoría de elemento, como por exemplo autor/autora. Cada esquema lista as declaracións pertinentes para cada tipo de elemento e permite localizar inconsistencias enos datos de Qs concretos a través do sistema de validación da ferramenta WikiShape[5]
  • Noutro orde de cousas, a boa organización, o ambiente distendido e a accesibilidade tanto dos contidos como das persoas participantes. É unha oportunidade para poñerse ao día en moitas cousas, aprender moito nos obradoiros e sobre todo facer contactos con wikidatistas que traballen en liñas que nos interesen. Un exemplo de como se constrúe esa idea de comunidade é a cerimonia dos premios Wikidatacon, na que foron recoñecidos proxectos e ferramentas moi consolidadas entre a comunidade WD, entre os que destacarei: WikiLabs Brasil, OpenRefine, Sum of all paintings e Mix'n'match! por unha banda, e as mencións a Petscan, Pywikibot e Histropedia pola outra.
Como podo saber máis?

Ademais de poder consultar todo o material á vosa disposición (en inglés), para o tema concreto das Infoboxes, podedes consultar a Estevoaei. Para lexemas, Commons e outras consultas xerais de Wikidata a calquera dos dous. Pola miña parte podo achegar información sobre os esquemas e cousas relacionadas cos proxectos GLAM, OpenRefine e o proxecto GenderGap cos datos de Wikidata.

Como pode a Galipedia implicarse máis en Wikidata?

A resposta é claramente unha resposta aberta, pero aproveito para sinalar que, dado que este evento concreto ten lugar cada dous anos, a celebración do aniversario da creación de Wikidata queda, para o ano 2020, en mans doutras comunidades de editores, polo que estaría ben aproveitar esta data (finais de outubro) para organizar un evento. Como detalliño para Faia Costeira, que acudiu ao obradoiro de Lalín e que me demandou un resumo do evento (desculpas polo retraso), indicar que nalgún obradoiro (nas sesións era outra cousa) o número de mulleres participantes era claramente minoritario (42/8 aproximadamente). Sería interesante integrar uns coñecementos básicos sobre Wikidata nas sesións de edición relacionados co Wikiproxecto mulleres. Neste sentido, no próximo mes estarei a traballar con esa idea de cara a celebrar o Día da Muller e a Nena na ciencia 2020. Precísanse voluntarias. Por favor, para este tema concreto, as cuestións na miña páxina de conversa.

Referencias

  1. "Histropedia - Interactive Timeline 18 de decembro de 2019" (en inglés). 
  2. "Welcome". Inventaire. Consultado o 18 de decembro de 2019. 
  3. "Wikidata:Lexicographical data - Wikidata". www.wikidata.org. Consultado o 2019-12-18. 
  4. "Shape Expressions Community Group" (en inglés). Consultado o 2019-12-18. 
  5. "wikibase - WESO". wikishape.weso.es. Consultado o 2019-12-18. 

Saúdos.--Maria zaos (conversa) 18 de decembro de 2019 ás 21:57 (UTC)[responder]

Transposición da nova directiva europea sobre copyright ao marco lexislativo español: documentación achegada por WMES e Amical editar

Amical e WMES veñen de presentar este documento conxunto Opinió sobre les Directives europees sobre copyright (2019) ao abeiro da consulta pública con carácter previo á elaboración do anteproxecto de Lei de modificación do texto refundido dea Lei de Propiedad Intelectual, aprobado por Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de abril.--Maria zaos (conversa) 19 de decembro de 2019 ás 10:11 (UTC)[responder]