Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa

Forma parte da etiqueta da Wikipedia asinar os comentarios nas páxinas de conversa de calquera espazo de nomes. Para isto normalmente emprégase os símbolos (~~~~). É un aspecto esencial para a comunicación, ademais de axudar os outros usuarios a comprender o progreso e evolución do diálogo.

Os artigos do espazo de nomes principal non deben incluír ningunha sinatura dos editores.

Propósito das sinaturas editar

As sinaturas na Wikipedia teñen o propósito de identificar os distintos usuarios e as súas contribucións. Axudan a manter conversas cívicas identificando ao autor dun comentario particular xunto coa data do propio comentario. Debido a isto, é recomendable ter unha sinatura que cumpra unhas certas normas. En xeral, calquera cousa que non permita a política de nomes de usuario non debe incluírse tampouco nunha sinatura.

Preferencias da sinatura editar

Os usuarios rexistrados poden cambiar a súa sinatura e personalizala nas preferencias de usuario. Para máis información sobre como cambiar a sinatura, vexa Axuda:Como mellora-la miña sinatura.

Cando se deben empregar as sinaturas e cando non editar

Atallo:
WP:NAS

Tódalas mensaxes que un usuario deixe nas páxinas de conversa de usuario, páxinas de conversa de artigos e calquera outra páxina de conversa deben incluír unha sinatura. As edicións nos propios artigos non deben ir asinadas, o historial do artigo xa inclúe a autoría de cada edición feita nos artigos. As sinaturas non deben incluírse nos resumos de edición e os ficheiros e imaxes empregados nos artigos non deberían incluír tampouco sinaturas dos editores.

Como asinar as mensaxes editar

As sinaturas poden incluírse de dúas formas:

  1. Ao final dos comentarios, escribindo catro tiles: ~~~~.
  2. De usar a barra de ferramentas de edición, facer clic na icona de sinatura   dando coma resultado: --~~~~.

As catro tiles substituiranse automaticamente coa súa sinatura tras gardar os cambios, da forma seguinte:

Texto introducido Código resultante Texto amosado
~~~~ [[Usuario:Exemplo|Exemplo]] ([[Conversa usuario:Exemplo|conversa]]) 15:19, 24 abril 2024 (UTC) Exemplo (conversa) 15:19, 24 abril 2024 (UTC)

Teña en conta que se escolle editar de forma anónima sen rexistrarse tamén debe asinar as súas mensaxes. Neste caso o seu enderezo IP tomará o lugar do nome de usuario e ligará ao seu historial de contribucións. O seu enderezo será da forma 192.0.2.213 ou 2001:DB8:CEEE:21B:DB60:07FE:4277:63FF.

Restricións ás sinaturas editar

Falsificación de sinaturas editar

Nunca use a sinatura doutro editor. Imitar a outro editor usando o seu nome de usuario non está permitido. Alterar o código da sinatura para que semelle a de outro usuario tamén pode considerarse unha forma de imitación ou falsificación. Editar o código da sinatura para que ligue a páxina de usuario doutro editor non está permitido.

Contido editar

  • O texto da sinatura non debe brillar intermitentemente ou desprazarse.
  • Non inclúa saltos de liña (<br />) ou liñas horizontais (---- ou <hr />) no código da sinatura.
  • A sinatura debe conter o nome de usuario e a ligazón á páxina do usuario como mínimo para facilitar a identificación do mesmo. Recoméndase incluír tamén unha ligazón á páxina de conversa do usuario para facilitar o acceso á mesma.
  • En ningún caso a sinatura pode conter insultos, palabras malsoantes ou texto ofensivo ou insultante cara ningunha institución (pública ou privada), persoa ou outro usuario da Wikipedia.
  • Así mesmo non se permite engadir publicidade de ningún tipo na sinatura.
  • Non se permite engadir ligazóns a páxinas web externas alleas aos proxectos Wikimedia na sinatura.
  • A sinatura debe sinalar a data e hora da edición para poder cumprir o seu obxectivo. Non se pode firmar unicamente co nome de usuario.

Tamaño da fonte editar

  • En ningún caso se poderá aumentar o tamaño da fonte empregada na sinatura por riba do tamaño estándar do texto da Galipedia.
  • Só se pode reducir o tamaño da fonte na parte que liga á paxina de conversa do usuario, a parte que liga á paxina do usuario debe permanecer no tamaño estándar para facilitar a súa lectura.

Cores editar

  • Permítese o uso de calquera cor ou combinación de cores na sinatura.
  • Xa que algúns usuarios poden ter problemas de visión, teña precaución no uso de cores. Intente asegurar que a combinación de cores empregada sexa lexible para usuarios con daltonismo ou calquera outra discapacidade visual.

Imaxes editar

As imaxes non deben empregarse nas sinaturas polos seguintes motivos

  • Provocan un gasto innecesario de recursos nos servidores.
  • A imaxe pode ser substituída por outra co mesmo nome, provocando que a sinatura sexa obxectivo de posibles vandalismos.
  • Dificultan a lectura das páxinas e as procuras nas mesmas.
  • Dificultan a copia do texto das páxinas.
  • Teñen o potencial de distraer a atención do propio contido das mensaxes.
  • As imaxes non escalan correctamente co texto.
  • Engaden ligazóns innecesarias nas páxinas de descrición das propias imaxes cada vez que se empregan nunha sinatura.

Uso de modelos editar

  • Non se permite o uso de modelos e funcións analíticas nas sinaturas (por exemplo: {{Usuario:Nome/sinatura}} polos seguintes motivos:
    • Os modelos nas sinaturas son un obxectivo fácil para os vandalismos.
    • Os modelos nas sinaturas supoñen unha pequena pero innecesaria carga nos servidores.
    • As notificacións a usuarios non funcionan se a sinatura do usuario mencionado contén un modelo.
  • O uso de substitución de modelos nas sinaturas si é permisible (por exemplo: {{SUBST:Usuario:Nome/sinatura}}), mais non está recomendado debido ao risco de vandalismo.
    • Os usuarios que decidan empregar un modelo substituído na súa sinatura deben revisar con precaución a súa sinatura cada vez que a usen.
    • O proceso de substitución non debe empregarse como forma de evitar o resto de restricións ás sinaturas.

Categorías editar

As sinaturas non deben conter nin facer uso de categorías.

Comentarios sen asinar editar

O modelo {{subst:sen sinatura}} pode empregarse ao final dun comentario para engadir o nome de usuario ou IP ao comentario. A información deste pode tomarse do historial da páxina, e o modelo debe empregarse sempre substituído.

Recoméndase tamén avisar ao usuario que esqueceu asinar deixando a mensaxe predefinida {{subst:au-asinar}} na súa páxina de conversa de usuario.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


  Volver á páxina de axuda.