Benvido(a) á Galipedia, Miguelferig!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 08:03, 25 de abril de 2011 (UTC)

Conversas antigas arquivadas:
desde 2011

Axuda cunha frase editar

Boas Miguelferig! Como traducirías ti esta frase?

As the role of religion diminished, Salmi asserts, 19th-century culture remained a religious one and the attendance of the arts in historical or similarly impressive surroundings "may still have generated a rapture akin to experiencing the sacred."

Para ver o contexto está no artigo en lingua inglesa dos poemas sinfónicos de Liszt (aquí), concretamente no primeiro parágrafo da primeira sección ("Background"). Un saúdo! Piquito (conversa) 29 de xaneiro de 2020 ás 19:18 (UTC)Responder

Grazas Miguelferig! Eu tiña unha tradución similar pero non me acababa de soar ben, era un pouco confusa, melhorou ao cambiar o tempo verbal e alongar a redacción coas explicacións que sinalabas. Creo que agora xa está moito mellor e é máis comprensible. Graciñas de novo! Piquito (conversa) 30 de xaneiro de 2020 ás 22:39 (UTC)Responder
Si, entendinte, o que pasou é que me despistei e non eliminei ese paréntese e por iso aparecía no artigo, non me dera conta de que estaba aí. Graciñas polo aviso, Piquito (conversa) 31 de xaneiro de 2020 ás 09:13 (UTC)Responder

Thank you for being one of Wikipedia's top medical contributors! editar

please help translate this message into your local language via meta
  The 2019 Cure Award
In 2019 you were one of the top ~300 medical editors across any language of Wikipedia. Thank you from Wiki Project Med for helping bring free, complete, accurate, up-to-date health information to the public. We really appreciate you and the vital work you do! Wiki Project Med Foundation is a thematic organization whose mission is to improve our health content. Consider joining here, there are no associated costs.

Thanks again :-) -- Doc James along with the rest of the team at Wiki Project Med Foundation 5 de marzo de 2020 ás 18:49 (UTC)

Graciñas! editar

Pois mira que busquei e busquei e non daba coa referencia errónea. Esa era, xa me poño. GRazas!.--Maria zaos (conversa) 22 de marzo de 2020 ás 17:43 (UTC)Responder

COVID-19 editar

Ola, Miguelferig. Para a forma de escribir a palabra en galego, temos referencia de noso no Portal das Palabras [1]. Dígoo por se queres engadila ou superpoñela á referencia da Fundéu (para o castelán). Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 2 de abril de 2020 ás 11:43 (UTC)Responder

Debate na taberna editar

Boas! Veño de iniciar un fío na Taberna que creo que é de interese para toda a comunidade e gostaria de coñecer a túa opinión. Aquí está!. Moitas grazas, Piquito (conversa) 20 de abril de 2020 ás 23:26 (UTC)Responder

hydrocyanic acid editar

Ola, Miguel. Isto en galego que vén sendo? Moitas grazas de antemán. --Atobar (conversa comigo) 27 de abril de 2020 ás 15:19 (UTC)Responder

Supresión de Coral (animal) editar

Ola Miguel. Hai uns días solicitei, na páxina de conversa de Coral (animal), en estes termos:

Considero que esta páxina debería suprimirse, xa que existe outra, máis extensa e actualizada, Antozoos (ou, en todo caso, refundirse con aquela). Por outra parte, de facerse isto, habería que modificar as ligazóns Coral (animal). Ademais, segundo o Dicionario da RAG, o "único" coral animal é a especie Corallium rubrum.[1] (Artigo que decontado editarei).

Como non tiven contestación, consultei con Chairego, que amabelmente correxiu os numeros erros, case todos gramaticais, que cometín na edición de moitos artigos debido ás présas coas que traballo, e que me recomendou que consultase o asunto contigo. Isto foi, fundamentalmente, o que lle dixen:

Claro que os antozoos inclúen, ademais de todos os corais, as anemones de mar, as gorgonias, etc., como sinalas que se di no contido do propio artigo, o que indica a impropiedade do título do propio artigo, e que, se cadra, débese a que se redactou sobre a base do artigo Coral na wikipedia en castelán. Outra contradición, que tamén se dá no artigo en castelán, é que no cadro da clasificación científica, ao referir o termo Coral coa clase Anthozoa (antozoos). Está claro que a wikipedia en castelán non é a Biblia. Por outra parte, temos na Galipedia o artigo Antozoos que, modestamente, ampliei e actualicei entre o 16 e o 19 deste mes de agosto, por iso opino que este artigo Coral (animal) debería eliminarse. --XoioÉche o que hai 23 de agosto de 2020 ás 12:52 (UTC)Responder

Nota editar

Ola,Xoio. Contestei na páxina de conversa de coral (animal).--Miguelferig (conversa) 23 de agosto de 2020 ás 15:39 (UTC)Responder

Paro técnico o vindeiro martes 1 de setembro editar

Boas, na sección de novas da Taberna hai un aviso sobre unha proba técnica que se vai realizar nos servidores da WMF. Esta operación está programada para o vindeiro martes 1 de setembro e vai afectar ás tarefas de edición en todas as wikis. Tedes máis información no propio aviso. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 23:26 (UTC)Responder


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu nome desta lista.

Escualimorfos vs Escualomorfos editar

Ola Miguel. Gustaríame que lle botaras unha ollada ao que digo na páxina de conversa de Escualimorfos, a ver que opinas. Se estiveras de acordo comigo, estaría disposto a reeditar a páxina despois de cambiares o título do artigo. Un cordial saúdo, e Feliz Nadal con confinamento. --XoioÉche o que hai 8 de decembro de 2020 ás 01:07 (UTC)Responder

Votos editar

Ola Miguelferig. Á vista dos últimos acontecementos pediríache retiraras o teu apoio nas votacións dos nomes dos títulos de obras musicais e Imogen Holst, a verdade é que non me sinto agusto co teu apoio a esas propostas agora mesmo. Un saúdo e grazas. Piquito (conversa) 26 de decembro de 2020 ás 23:26 (UTC)Responder

Piquito, non as vou retirar, porque non as voto por estar a favor de ti (nin en contra de ti), senón porque a páxina de Imogen Holst e a proposta me parecían boas para a Wikipedia. Supoño que iso mesmo é o que fas ti cando votas algo.--Miguelferig (conversa) 26 de decembro de 2020 ás 23:30 (UTC)Responder

Sou seu fã! editar

Sempre vejo suas ediçṍes na área de biologia. Volta e meia vou traduzir para português e já vejo belos artigos em galego. Parabéns e abraços (sem COVID-19) do Brasil! TiagoLubiana (conversa) 14 de abril de 2021 ás 12:17 (UTC)Responder

Obrigado TiagoLubiana, eu também traduzo alguns artigos do português para o galego, mas principalmente do inglês para o galego.--Miguelferig (conversa) 14 de abril de 2021 ás 17:04 (UTC)Responder

Corazón editar

Boas tardes. Miguel. No artigo corazón, sección "Sistema de condución", hai unha imaxe que no seu pé di "...a xusante o fascículo AV de His e o sistema ventricular de Purkinje". ¿Qué é iso de "xusante"? pola historia do artigo, penso que será un lusismo pero non o sei comprobar. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 14 de abril de 2021 ás 19:27 (UTC)Responder

Axudiña editar

Ola! Quería pedirche un favorciño. Ía reverter esta edición, pero o certo é que non sería o máis correcto. Hai un recente estudo con só 87 suxeitos que arroxou novos datos na composición xenómica das poboacións da Arxentina, pódelo consultar acó. Cando teñas un tempiño, poderías axudarme a atopar unha redacción equilibrada que recolla estes datos? O texto orixinal non semellaba achegar referencias, pero na introdución do artigo podemos atopar unha síntese dalgunhas. Cando poidas. Graciñas. Maria zaos (conversa) 19 de abril de 2021 ás 13:39 (UTC)Responder

Ola, Maria zaos, encantado de axudar se podo, aínda que ultimamente non teño moito tempo, por iso as miñas contribucións á Galipedia baixaron moito esta tempada. Lin a frase do artigo, que non está referenciada. Parece plausible que a maioría da poboación arxentina sexa de raza branca (=pel clara), pero para poñer tantos por cento concretos faría falta unha referencia. O artigo científico do que puxeches a ligazón e que lin é un estudo de marcadores xenómicos, sobre a presenza de marcadores de distintas procedencias na poboación arxentina (ese tipo de estudos estudan haplotipos, SNPs, secuencias Alu, etc.) e fala dos compoñentes atopados pero non dá a penas porcentaxes. Ten en conta que non é o mesmo ter un marcador xenotípico que ser dunha "raza" ou cor de pel. Por exemplo, eu son de cor branca, pero se me fan un estudo xenotípico vai ti a saber os compoñentes que atoparán, porque nas poboacións ibéricas hai compoñentes africanos (mouros, por exemplo), dos pobos xermánicos que chegaron aquí, das distintas vagas de migracións da prehistoria e aparecen mesturados. O estudo mencionado arxentino non saca conclusións de porcentaxes e mestura datos puramente arxentinos (de varios estudos) con datos de toda Suramérica para facer inferencias cando os datos arxentinos non son dabondo claros. Pero, francamente, eu non poñería nada diso, pero se queres poñer algo podes resumilo así: Un estudo xenotípico de 2020 da poboación arxentina atopou compoñentes xenéticos europeos, africanos e nativos americanos. Os compoñentes europeos son de orixe ibérica e italiana principalmente, pero tamén hai doutros países do sur e do norte de Europa ; os compoñentes africanos son de África occidental central (con influencia bantú) e de África occidental, cun compoñente menor do leste de África, e os compoñentes nativos americanos pertencen a catro ramas: andina, patagonia, dos bosques tropicais e centro occidental (esta última só atopada en Arxentina). --Miguelferig (conversa) 19 de abril de 2021 ás 17:05 (UTC)Responder
Ola, moitas grazas! Eu era un pouco da mesma opinión, de non poñer nada, en parte polo que comentas do método, o limitado da poboacións de estudo etc. e incluso pola relevancia e neutralidade. Pero como tomaches a molestia de facer unha moi boa redacción (grazas, non tiña présa, é que é un tema que non controlo demasiado e non quería meter a pata misturando conceptos) se che parece podo recollela na páxina de conversa para que quede para un futuro (supoño que seguirán a investigar no tema). Ou podería non poñer nada, como indicas, xa que o texto non referenciado sobraba e ao non falar este de porcentaxes tampouco habería ningunha necesidade. O que prefiras. Xa que levaches o traballo e o terás máis claro prefiro guiarme pola túa opinión. Sen présa, que eu tamén teño unha vida complicada ultimamente e non dispoño de moito tempo. Saúdos Maria zaos (conversa) 20 de abril de 2021 ás 10:15 (UTC)Responder
Maria zaos, eu creo que é mellor non poñer nada polo momento.--Miguelferig (conversa) 20 de abril de 2021 ás 18:05 (UTC)Responder
Ok. Mil grazas de novo Maria zaos (conversa) 20 de abril de 2021 ás 19:00 (UTC)Responder

Sindrome de choque tóxico editar

Ola, Miguelferig, como vai todo? Mira, sei que se escapa un pouco dos temas nos que adoitas traballar, pero preguntábame se te animarías a facer un artigiño sobre a síndrome de choque tóxico. Se non é posible pois non pasa nada, acabarei traducindoa doutra wiki noutro momento. Présa nengunha. Saudiño!--Maria zaos (conversa) 16 de maio de 2022 ás 20:06 (UTC)Responder

Ola, Maria zaos. Podo facelo en canto me sexa posible, sempre que non haxa moita présa, porque agora teño pouco tempo, xa que estou co final de curso no que teño que corrixir moitos exames e despois vou ter que estar parte do verán formando parte dun tribunal de oposicións. Pero entre un día e outro nas próximas semanas supoño que poderei facelo. Miguelferig (conversa) 16 de maio de 2022 ás 20:17 (UTC)Responder
Non ten présa, cando poidas, sen apuro. Graciñas!!   Maria zaos (conversa) 16 de maio de 2022 ás 21:00 (UTC)Responder
Vou empezalo hoxe, mais non sei cando o rematarei.--Miguelferig (conversa) 16 de maio de 2022 ás 21:38 (UTC)Responder
Moitísimas grazas polo traballazo nestes dous artigos!: Toxina da síndrome de choque tóxico-1 e Síndrome de choque tóxico. Vou lelos ben e tento ligar cun texto máis preciso este artigo, que é de onde partiu a suxestión: Pobreza menstrual .Saudiño! Maria zaos (conversa) 30 de maio de 2022 ás 20:38 (UTC)Responder

A Chave editar

Pois non tiña nin idea... Eu desde o meu punto de vista profano no tema vin un traballo curioso, e a verdade, éo, mais tamén entendo que se chegase á conclusión de non facerlle moito caso. Con todo, haberá termos nos que si estean máis ou menos atinados, e que sexa interesante mencionalos? Calq (conversa) 9 de xullo de 2022 ás 13:47 (UTC)Responder
Ola Calq, como dixen, os nomes pódense discutir nalgún parágrafo ou capítulo, pero non habería que poñelos como nome de páxina. Se che interesa as conversas anteriores sobre a Chave na Taberna foron estas: Conversa:Amazona brasiliensis, Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo 22#Referencias de nomes comúns na "Chave" e Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 33#A Chave outra vez. Miguelferig (conversa) 9 de xullo de 2022 ás 14:24 (UTC)Responder

Fusión de artigos editar

Ola, Miguel. Xa está realizada a fusión de artigos. Podes botarlle unha ollada para que quede ben de contido?. Por exemplo, os dous caadros da parte dereita do artigo. O contido do artigo anterior son as 8 liñas que van ao principio do apartado titulado "Función". Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 4 de agosto de 2022 ás 16:01 (UTC)Responder

Ola, MAGHOI. Pero o que pasa é que xa fusionara os textos eu anteriormente. Puxera cousas no cabezallo (o que merecía a pena) e as outras partes estaban repetidas. Non incluín todos os nomes da proteína porque son nomes antigos que xa non se usan e algúns con sinonimia con familias de proteínas que poden causar confusión (en calquera caso saen na referencia KEGG). Incluín neste as referencias que había no outro artigo. Por min así está ben. Grazas.--Miguelferig (conversa) 4 de agosto de 2022 ás 16:16 (UTC)Responder
Ok, grazas. MAGHOI (conversa) 4 de agosto de 2022 ás 17:12 (UTC)Responder

Bisfenol A editar

Ola! a páxina Bisfenol A ten un problema coa cita :0, que tanto pode referirse a

como

Como se usa este número de cita unha gran cantidade de veces non me atrevo a tocalo. A ver se podes revisar o artigo nalgún momento para distinguirmos entre unha referencia e outra. Graciñas! Maria zaos (conversa) 11 de agosto de 2022 ás 16:05 (UTC)Responder

Ola Maria zaos. Empezo dicindo que esa páxina non a fixen eu senón o usuario Gasparof. Non obstante, boteille unha ollada e xa está arranxado. Tiña unhas referencias moi raras na sección Seguridade humana/Farmacoloxía, que non se correspondían coa referencia ":0" de Sarah A. Vogel. Cambiei as desa sección polas que veñen no artigo da wikipedia inglesa do que se supón que o noso é unha tradución. Cambiei tamén un detalle nunha sigla que fora mal interpretada na tradución: ER aquí é o estrogen receptor (receptor de estróxenos), como se pode comprobr na referencia, e non é RE (supoño que se refire ao reticulo endoplasmático ????). Pero isto último pode ser un problema da tradución automática, que seguramente recoñece ER como RE, porque a sigla de retículo endoplasmático é moito máis común que a de receptor de estróxenos. Esa é a razón pola que eu nunca uso a tradución automática en artigos de bioloxía molecular ou bioquímica; para outros, como artigos de animais, de historia, etc. si que é máis útil.--Miguelferig (conversa) 11 de agosto de 2022 ás 17:06 (UTC)Responder
ui, desculpa, non sei por que pensei que foras ti, as présas, supoño. Póñolle un avisiño aquí a @Gasparoff, logo. Moitísimas grazas polo arranxo e de novo, desculpas!.-- Maria zaos (conversa) 11 de agosto de 2022 ás 17:15 (UTC)Responder

Glute editar

Unha pregunta, Miguel. "O glute forma parte da composición de gliadinas e gluteninas" (como dicimos en Galipedia, glute), ou "Está formado por dúas proteínas, a glutenina e a gliadina" (como dicimos no Galizionario). Grazas e saúdos, Pedro Lameiro (conversa) 29 de xaneiro de 2023 ás 19:59 (UTC)Responder

O glute é o nome que se lle dá a un conxunto de proteínas de almacenamento que forman parte dos grans de cereais e acompañan ao amidón. O glute do trigo está formado principalmente polas proteínas gluteninas e gliadinas (pero noutros cereais as proteínas do glute son hordeínas, secalinas, aveninas). O glute é o termo máis amplo aquí, que inclúe as gluteninas e gliadinas, e non ao revés. Na páxina da Galipedia está redactado dun xeito que parece que é ao revés e penso que está mal (habería que cambialo). O glute fórmase cando as moléculas de glutenina establecen entre si enlaces cruzados (pontes disulfuro entre restos do aminoácido cisteína) formando unha rede á que se une a gliadina. O glute xera nas persoas que son celíacas (sensibles ao glute) unha serie de reaccións inflamatorias e inmmunolóxicas. Por tanto, do que me preguntas está mellor a segunda definición que dás que a primeira. Miguelferig (conversa) 29 de xaneiro de 2023 ás 20:25 (UTC)Responder
Grazas pola explicación. Cambiei a información na Galipedia de acordo coa explicación que me dás, e puntualizo no Galizionario que esa composición (glutenina máis gliadina) é no caso do trigo. Un saúdo, Pedro Lameiro (conversa) 30 de xaneiro de 2023 ás 19:24 (UTC)Responder
Engadín algunhas referencias. Miguelferig (conversa) 30 de xaneiro de 2023 ás 19:48 (UTC)Responder

Microscopia electrónica crioxénica editar

Hello. Very pleased to see you've translated this article! Just to note that I've been trying to crowd source the Cryogenic electron microscopy workflow.svg. There is a Spanish version here: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Flujo_de_trabajo_de_la_cri_microscop%C3%ADa_electr%C3%B3nica.svg

Please consider adding Galician to this spreadsheet https://docs.google.com/spreadsheets/d/1c2gxmLdBXj4rWsJdpTTHOcdijVo0nNHnlkorg72uu60/edit?usp=sharing

Thanks OAnick (conversa) 5 de maio de 2023 ás 13:51 (UTC)Responder

Thank you OAnick. I've filled the spreadsheet file and uploaded a new version in Galician.--Miguelferig (conversa) 5 de maio de 2023 ás 17:11 (UTC)Responder

A Coruña in Italiano editar

Ciao, Miguelferig. 👋🏼
Sono attivo principalmente in eowiki, ma a volte scrivo anche in itwiki. Ti scrivo perché volevo una tua opinione. Ho notato, che per la pagina italiana it:La Coruña è stato scelto il toponimo castigliano perché — così è stato detto — «chi vive in Italia conosce meglio lo spagnolo»; il nome galiziano della città non è citato nemmeno una volta nell'articolo. Secondo me, invece, sulla base delle indicazioni contenute in Sesgo intrínseco e anche sulla base delle raccomandazioni di Wikimedia per l'inclusione delle culture minoritarie, andrebbe privilegiata la dizione in galiziano, che tra l'altro è l'unica ufficiale, se non vado errato. Tu che opinione hai a riguardo? Eventualmente, potresti intervenire nella pagina di discussione. Un saluto, — Super nabla (conversa) 12 de maio de 2023 ás 11:54 (UTC)Responder

Ciao, Super nabla, il vero problema qui è che l'articolo femminile nella lingua italiana è "la" (la bambina, la donna...), e per loro suona più naturale e riconoscibile "La" che "A" in questo caso. Ho fatto un paio di modifiche direttamente al testo dell'articolo italiano, aggiungendo la legislazione del nome ufficiale della provincia e il nome di A Coruña nella frase all'inizio dell'articolo. Trovo che tali modifiche siano del tutto accettabili e non ci saranno problemi. Un'altra cosa è cambiare il nome della pagina.--Miguelferig (conversa) 12 de maio de 2023 ás 15:42 (UTC)Responder
Mi hai convinto. Grazie dell'intervento. — Super nabla (conversa) 12 de maio de 2023 ás 16:36 (UTC)Responder

Modelo:Xeofísica editar

Ola! En Gravidade da Terra#Variación en magnitude aparece un modelo que tentei amañar cambiando a súa denominación de castelán a galego, pero non existe, polo que parece. E, tamén poo que parece, estabas ti usando o Modelo:Convert. Podes botarlle unha ollada a ver se o amañas? Grazas! Agremon(contacto) 15 de maio de 2023 ás 12:37 (UTC)Responder

  Feito!. Agremon, supoño que te referías a traducir a páxina castelá Plantilla:Geofísica. Se é iso, xa esta feito. Tiven que usar o modelo Infobox que temos nós en vez de Ficha. En canto ao modelo Convert, ese para o que serve é para pasar unidades de medida, por exemplo graos Celsius a kelvins, millas a quilómetros, pulgadas a centímetros...--Miguelferig (conversa) 15 de maio de 2023 ás 16:01 (UTC)Responder
Grazas!Agremon(contacto) 17 de maio de 2023 ás 12:20 (UTC)Responder

Referencias editar

Boas Miguelferig! Acabo de ver que o artigo Crocodylus porosus vai ir á portada o mes que vén, pero hai dúas referencias que presentan erros no formato (a 18 e a 19), poderías revisalas para que aparezan ben cando o artigo saia na portada? Graciñas! Piquito (conversa) 27 de xuño de 2023 ás 15:19 (UTC)Responder

  Feito!. Grazas, Piquito. Non me dera conta. O que pasou é que esa parte do texto, onde está o cladograma, engadina recentemente e pensei que estaba todo ben.--Miguelferig (conversa) 27 de xuño de 2023 ás 15:31 (UTC)Responder
 

You have been a medical translators within Wikipedia. We have recently relaunched our efforts and invite you to join the new process. Let me know if you have questions. Best Doc James (talk · contribs · email) 12:34, 2 August 2023 (UTC)

Pseudópodos editar

Boas noites, Miguel. No artigo estrelamar dise que "As estrelamares non teñen esqueleto e desprázanse mediante pseudópodos". Sempre pensei que os pseudópodos eran cousa de amebas e bichos así, e que as estrelamares se desprazaban mediante "ambulacros", pero antes que meter a zoca prefiro que o corrixas ti, se procede. Grazas e ata outra. Pedro Lameiro (conversa) 13 de agosto de 2023 ás 22:11 (UTC)Responder

Fixen xa algunhas modificacións. Miguelferig (conversa) 14 de agosto de 2023 ás 00:14 (UTC)Responder
Grazas, Miguel. Pedro Lameiro (conversa) 18 de agosto de 2023 ás 22:04 (UTC)Responder

Common black hawk editar

Boas Miguelferig. Ti saberás como se traduce o nome "common black hawk" ao galego? Graciñas! Piquito (conversa) 23 de agosto de 2023 ás 21:17 (UTC)Responder

Ola, Piquito. Esa especie non é da fauna galega. Só vive en América Central. En consecuencia, que eu saiba, non ten aínda un nome establecido en galego. Neses casos úsase o nome científico; neste caso Buteogallus anthracinus.--Miguelferig (conversa) 23 de agosto de 2023 ás 21:21 (UTC)Responder
Moitas grazas pola rapidez. Unha mágoa que non teña tradución posible, o nome científico vai quedar raro abondo no artigo XD. Piquito (conversa) 23 de agosto de 2023 ás 21:37 (UTC)Responder
Si, comprendo. Nas páxinas de zooloxía o nome científico cadra ben, pero noutro tipo de páxinas non tanto.--Miguelferig (conversa) 23 de agosto de 2023 ás 21:43 (UTC)Responder

Universidade da Coruña editar

Ola. Scusa tanto per il disturbo. Sto traducendo Universidade da Coruña in alcune lingue. Se hai tempo, potresti dare un'occhiata alle statistiche degli studenti nella sezione Universidade da Coruña#Alumnado? Manca il link alla fonte; inoltre, sul sito ufficiale dell'università (https://www.udc.es/gl/transparencia/estudantes/) si trovano statistiche molto diverse. Secondo te, i dati riportati nell'articolo sono corretti o andrebbero cambiati? Un saluto, —Supernabla🪰 4 de setembro de 2023 ás 23:09 (UTC)Responder

  Feito! Ho trovato. —Supernabla🪰 5 de setembro de 2023 ás 23:52 (UTC)Responder

Ciao, Super nabla. Scusa se non ho trovato il tempo di rispondere prima e vedo che hai già trovato quello che cercavi. Prima di tutto devo dire che gli articoli che faccio su Wikipedia sono sulla biologia. Di altri argomenti non ho tanta competenza. Comunque, ho controllato i dati del grafico degli studenti di certi anni. Credo che in alcuni corsi siano stati sommati gli studenti universitari (di graos), quelli di master e quelli di altri vecchi programmi e in altri corsi non sono stati tutti sommati, per cui a volte le cifre sembrano non coincidere. Nella citazione "Reitorado. Universidade da Coruña.eds Memorias di xestión pera o claustro 2014-2016" puoi trovare i dati più vecchi e sul sito web dell'Università i dati dei corsi più recenti.--Miguelferig (conversa) 6 de setembro de 2023 ás 15:32 (UTC)Responder

Caseína editar

Boas noites, Miguel. No artigo Caseína leo esta frase: "A caseína contén unha gran cantidade de residuos de prolina, que non interaccionan. Non hai tamén pontes disulfuros. Como resultado, ten unha estrutura terciaria relativamente simple". Na redacción desa frase, "Non hai tamén pontes disulfuros", falta algo que a faga intelixible e permita seguir o razonamento. Bótalle un vistazo e decide qué cambias. Saúdos, Pedro Lameiro (conversa) 6 de outubro de 2023 ás 21:47 (UTC)Responder

Grazas polo aviso, Lameiro. Simplemente hai que cambiar tamén por tampouco, é dicir, "non hai tampouco pontes disulfuro". Xa o cambiei.--Miguelferig (conversa) 6 de outubro de 2023 ás 23:03 (UTC)Responder

Artigos vitais - Bioloxía e ciencias da saúde editar

Moi boas! Animaríaste a botarlle man aos artigos que faltan por crear da lista de artigos vitais expandida - Bioloxía e ciencias da saúde? Só quedan catro. Apertas! Chairego apc (conversa) 11 de outubro de 2023 ás 16:18 (UTC)Responder

Ola, Chairego apc. Na ligazóns que proporcionas observo que están feitos TODOS os artigos, aínda que nun dos cadros-índice di que faltan catro (será que non está actualizado o cadro?).--Miguelferig (conversa) 11 de outubro de 2023 ás 16:31 (UTC)Responder
Boas! A simple vista si, pero no caso da amora falta o artigo do subxénero Rubus subg. Rubus, temos milgrandeira pero non milgranda (que só é unha redirección), no caso de nabo e trufa creo que temos artigo para o xénero, pero non para o froito.
Son eses catro que hai que aquelar. Chairego apc (conversa) 11 de outubro de 2023 ás 17:07 (UTC)Responder
Entón, Chairego apc, entendo que os que faltan por facer son: Rubus subg. Rubus, milgranda, nabo (alimento) e trufa (alimento). En canto a nabo e trufa, non son froitas tecnicamente e, se non vale redirixilos á especie ou xénero, haberá que orientar a páxina ás súas características como alimento (se é que estas non están tratadas suficientemente na páxina da especie ou xénero). En canto a milgranda, ese é o nome que dá o DRAG tanto para a árbore coma para o seu froito, por iso estaba redireccionada, pero no DRAG non inclúen milgrandeira. Ao contrario, no dicionario DiGalego distinguen entre milgrandeira (a árbore) e milgranda (o froito). A quen lle fago caso, ao DRAG ou ao DiGalego? Tamén me lembro que coa taxonomía de Rubus había unha auténtica lea e confusión; por iso quedara no seu momento sen facer. Intentarei botarlles unha ollada máis adiante, cando acabe co que estou facendo agora, pero non sei se poderei resolver todo.--Miguelferig (conversa) 11 de outubro de 2023 ás 17:30 (UTC)Responder
Agradézoche moto que te animes a botarlle unha ollada, para min tamén é confuso porque non controlo nada de bioloxía. Ao ladiño dos artigos tes a ligazón (iw) para que vexas como fan noutras wikis. Paréceme unha boa solución o de nabo e trufa como alimento. Chairego apc (conversa) 11 de outubro de 2023 ás 17:36 (UTC)Responder

  Feito! Ola outra vez, Chairego apc. Iniciei trufa (alimento). Máis adiante verei se podo facer os outros tres artigos.

  Feito! Iniciei Rubus subg. Rubus.

  Feito! Iniciei milgranda (froito), pero non sei con que wikidata o teño que asociar.

  Feito!. Ola, Chairego apc, creo que a tarefa está finalizada, mais non estou seguro. O que fixen foi quitar a wikidata da páxina xa feita nabo a Brassica rapa (que comprende varias plantas, non só o nabo) e pasala a Brassica rapa subsp. rapa, que é especificamente o nabo. Entón, como a páxina Brassica rapa quedaba sen facer, iniciei a páxina nova Brassica rapa, á que lle asignei como wikidata Brassica rapa. Non sei se con isto se soluciona o asunto ou estou eu liado.--Miguelferig (conversa) 19 de outubro de 2023 ás 19:37 (UTC)Responder

Si!! A tarefa está finalizada!! Mil grazas polo teu bo facer!! Unha aperta forte. --Chairego apc (conversa) 20 de outubro de 2023 ás 15:46 (UTC)Responder

Extinción do Ordovícico tardío editar

Ola, @Miguelferig. No artigo que estás a traducir Extinción do Ordovícico tardío, parece que hai cousas de meigas. Aparece como que ten 90 000 bytes pero son aparecen 4 liñas de texto propiamente. (aparte de cadros e demais). Sabes que ocorrre? Un saúdo. MAGHOI (conversa) 7 de novembro de 2023 ás 20:09 (UTC)Responder

Ola MAGHOI, supoño que o que ocorre é que descarguei todo o artigo completo en inglés, pero estou empezando a facelo e polo momento só hai catro liñas; despois farei o resto, que polo momento está gravado na ventá de edición como texto oculto. Normalmente, cada parágrafo que traduzo o desoculto, e así vai crecendo parágrafo a parágrafo e finalmente chegará a 90.000. Case sempre fago así con todos os artigos. É para que non apareza texto en inglés na nosa wikipedia. Creo que tamén se podería facer unha páxina de probas, pero, francamente, eu nunca o fixen.--Miguelferig (conversa) 7 de novembro de 2023 ás 20:20 (UTC)Responder
Ok. Pois si. É un xeito interesante de facer a tradución. Grazas pola explicación. Saúdos. MAGHOI (conversa) 7 de novembro de 2023 ás 21:13 (UTC)Responder

Thank you for being a medical contributors! editar

  The 2023 Cure Award
In 2023 you were one of the top medical editors in your language. Thank you from Wiki Project Med for helping bring free, complete, accurate, up-to-date health information to the public. We really appreciate you and the vital work you do!

Wiki Project Med Foundation is a thematic organization whose mission is to improve our health content. Consider joining for 2024, there are no associated costs.

Additionally one of our primary efforts revolves around translation of health content. We invite you to try our new workflow if you have not already. Our dashboard automatically collects statistics of your efforts and we are working on tools to automatically improve formating.

Thanks again :-) -- Doc James along with the rest of the team at Wiki Project Med Foundation 3 de febreiro de 2024 ás 22:24 (UTC)Responder

Gramatica da lingua franca nova editar

Moitas grazas pola túa corrección. Queríache pedir se por favor poderías revisar o artigo xa que o meu nivel de galego non é moi alto e gustaríame presentar o artigo a destacado. Jon Gua (conversa) 4 de abril de 2024 ás 07:20 (UTC)Responder

Botareille unha ollada en canto teña tempo e revisarei se atopo algo raro na medida das miñas posibilidades, xa que eu non son lingüista senón biólogo, nin son infalible. Fareino por partes en varios días, xa que é moi longo. Miguelferig (conversa) 4 de abril de 2024 ás 15:59 (UTC)Responder
  Feito!. Ola outra vez Jon Gua, rematei a miña revisión, ata onde eu sei, do artigo da Gramática da lingua franca nova. Penso que xa debe estar ben case todo, pero sempre pode ser que se me pasase algo e lembra que eu non son infalible. Tamén indiquei algunhas cousas que había que revisar (frases que non se entendían ou dubidosas, cousas aparentemente de tradución automática que crean confusión, etc).