Programa ConCiencia

O programa ConCiencia é unha actividade de divulgación científica nacida en 2006 por iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela e o Consorcio de Santiago.[1]

Jorge Mira, coordinador do programa ConCiencia.

O encargado da súa coordinación é o doutor en física Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela, e coñecido divulgador científico na prensa, radio e televisión, que foi o promotor do programa no ano 2005.[2]

Obxectivos editar

Entre os obxectivos desta iniciativa, cabe destacar:[1]

Estas bases diferencian o programa ConCiencia de calquera outra iniciativa de divulgación científica, posto que buscan, á marxe da clásica conferencia ou acto puntual, a rendibilización da visita destes Premios favorecendo o seu contacto con especialistas locais.

Premio Fonseca editar

Desde o ano 2008 o programa ConCiencia organiza no seu seo o Premio Fonseca de comunicación da ciencia, que na súa primeira edición recaeu no físico británico Stephen Hawking. Na súa segunda convocatoria (2009), o galardón recaeu no pai da Hipótese Gaia, James Lovelock; na terceira (2010) no naturalista e divulgador Sir David Attenborough, e en 2011 no físico-matemático Roger Penrose.[1]

Personalidades visitantes editar

Recoñecementos editar

O programa ConCiencia foi recoñecido coa Mención de Honor do Premio "Ciencia en Acción" en 2010, co XL Premio da Crítica Galicia - modalidade de iniciativas culturais e científicas en 2017[5] e co Premio da Cultura Galega, modalidade Proxección Exterior en 2022.[6] Segundo a organización: "É unha plataforma de lanzamento da imaxe de Galicia cara ao exterior en base ao seu talento".[7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 USD. Programa ConCiencia
  2. Jorge Mira Pérez en Galegos. GaliciaDigital.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Web da edición 2006
  4. La visita de Sheldon Lee Glashow a la Universidad de Santiago de Compostela en el Programa ConCiencia en Francis (th)E mule Science's News.
  5. "Web Premios da Crítica Galicia". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2018. Consultado o 12 de maio de 2018. 
  6. Galicia, Xunta de (2022-10-04). "Os premios da Cultura Galega 2022 recaen en Marica Campo, María Victoria Carballo-Calero, Melania Cruz, Música en Compostela, Xosé Manuel Gayoso, Manuel González, Xacarandaina e o programa ConCiencia". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2022. Consultado o 2022-10-04. 
  7. Diario, Nós (2022-10-04). "Os Premios da Cultura Galega recoñecen, entre outros, a Marica Campo, Gayoso e Melania Cruz". Nós Diario. Consultado o 2022-10-05. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar