Gerardus 't Hooft
Gerard (Gerardus) 't Hooft, nado en Den Helder o 5 de xullo de 1946, é un físico holandés.
Traxectoria editar
O seu traballo en física teórica na Universidade de Utrecht foi recoñecido co premio Nobel de Física do ano 1999.[1] Os seus principais méritos consistiron en elucidar a estrutura cuántica da interacción electrodébil na física de partículas.
Tamén realizou importantes contribucións na teoría das variables ocultas, establecendo que é posible unha mecánica cuántica determinista mediante aplicacións de autómatas celulares nunha teoría cuántica de campos discreta.[2]
O asteroide 9491 Thooft, para cuxos futuros habitantes escribiu unha constitución,[3] é chamado así na súa honra.
Notas editar
- ↑ Autobiografía (en inglés)
- ↑ Classical cellular Automata and Quantum Field Theory, Gell-Mann Symposium, Singapur, febreiro 2010, Int. J. Mod. Phys. A25, no 23 (2010) 4385-4396, ITP-UU-10/24, spin-10/21.
- ↑ 'T Hooft, Gerard. "9491 THOOFT - - CONSTITUTION and Bylaws" [Constitución para o asteroide 9491 Thooft] (en inglés).
Véxase tamén editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gerardus 't Hooft |
Ligazóns externas editar
- Autobiografía (en inglés).