Richard Robert Ernst, nado o 14 de agosto de 1933 en Winterthur (Suíza) e finado o 4 de xuño de 2021 na mesma cidade, foi un químico e profesor universitario suízo galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1991.

Infotaula de personaRichard R. Ernst.

Richard Robert Ernst
Nome orixinal(de) Richard Robert Ernst Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de agosto de 1933
Winterthur, Suíza Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xuño de 2021
Winterthur
Lugar de sepulturaRosenberg cemetery (en) Traducir, 122.803 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadesuízo
Educación
  • Escola Politécnica Federal de Zúric
  • Coñecido por
  • Resonancia magnética nuclear
  • Actividade
    Campo de traballo
  • Bioloxía, física
  • Ocupaciónquímico , investigador Editar o valor em Wikidata
    EmpregadorETH Zürich Editar o valor em Wikidata
    Membro de
    LinguaLingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
    Obra
    DoutorandoChristian Radloff (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Familia
    Cónxuxe
  • Magdalena
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1991)
  • Traxectoria editar

    Estudou química na Escola Politécnica Federal de Zúric, onde se graduó en 1957 e se doutorou en 1962 en fisicoquímica. A partir de 1970 é profesor de fisicoquímica neste mesmo centro.

    Investigacións científicas editar

    Iniciou as súas investigacións sobre a resonancia magnética nuclear (RMN), fenómeno coñecido desde o ano 1945 grazas ao seu descubrimento polos Premios Nobel de Física Felix Bloch e Edward Mills Purcell, e que consiste na absorción selectiva de enerxía polos núcleos atómicos que posúen un momento magnético, cando están situados nun campo magnético e son irradiados con radiación electromagnética cunha frecuencia determinada. Mediante o uso da espectroscopia observou como as frecuencias de resonancia características destes núcleos varían de acordo coa contorna química do átomo, podendo identificar a presenza destes núcleos e a natureza das súas interaccións químicas no núcleo dunha molécula. Na década de 1960 conseguiu aumentar en máis de dez ordes de magnitude a sensibilidade desta técnica substituíndo a variación suave da frecuencia con intensas pulsacións radiomètricas.

    A aplicación da técnica matemática da serie de Fourier ao complexo sinal obtido dos núcleos permitiu a reconstrución do espectro da resonancia magnética nuclear, ampliando así o rango de núcleos susceptibles de ser estudados con esta técnica.

    En 1991 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento da espectroscopia de resonancia magnética nuclear de alta resolución, un método necesario para a análise das estruturas moleculares.

    Véxase tamén editar

    Ligazóns externas editar

    Predecesor:
    Elias James Corey
    Premio Nobel de Química
     

    1991
    Sucesor:
    Rudolph A. Marcus