Premio Fonseca

premio de divulgación científica da Universidade de Santiago de Compostela e o Consorcio de Santiago

O Premio Fonseca de divulgación científica é un premio internacional anual, creado en 2008 pola Universidade de Santiago de Compostela e o Consorcio de Santiago,[1] no marco do Programa ConCiencia.[2]

Historia e características editar

Dirixido polo profesor Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela, divulgador científico na prensa, radio e televisión e promotor do Programa ConCiencia,[3] o premio recoñece a capacidade de difusión e achegamento ao público xeral da ciencia.

Son obxecto de recoñecemento aquelas persoas acredoras dunha destacada traxectoria nese campo que chegase a amplos sectores da poboación en todo o mundo. Tamén son candidatas aquelas persoas que, a través da súa actividade, supoñan un referente público que estimule o interese xeral polo coñecemento.

A dotación económica do premio é de 6 000 €.

O premio recibe o nome de Alonso III de Fonseca, un dos fundadores da Universidade de Santiago de Compostela.

Gañadores editar

Ano Gañador País Motivo
2008   Stephen Hawking.[4] Reino Unido "Pola súa excepcional mestría na popularización de conceptos complexos da Física no bordo último da nosa comprensión do Universo, combinada coa máis alta excelencia científica, e por se converte nunha referencia pública da ciencia no mundo".
2009   James Lovelock.[5] Reino Unido "Polo seu liderado e carácter pioneiro na construción da actual conciencia medioambiental, da cal é referencia pública a escala mundial, e pola comunicación á sociedade de importantes conceptos científicos propios; todo iso combinado cunha exemplar liberdade e independencia de pensamento e unha brillantez e talento fóra do común, que lle permition alcanzar resultados excepcionais en tan diferentes campos do saber científico".
2010   David Attenborough.[6] Reino Unido "Polo seu papel pioneiro na difusión da vida salvaxe, trasladándoa a audiencias masivas cunha mirada orixinal que marcou un antes e un despois na divulgación da natureza a través do medio televisivo, e por terse convertido en referencia pública da comunicación da ciencia no mundo."
2011   Roger Penrose.[7] Reino Unido "Pola súa capacidade de divulgar a ciencia, situando ao lector na fronteira do coñecemento nun vasto ámbito multidisciplinar, desde as orixes do universo aos misterios da mente humana, do mesmo modo creativo e arriscado que caracterizou tamén a súa brillante traxectoria científica."

Notas editar

  1. Premio Fonseca Páxina web do Premio Fonseca.
  2. Programa ConCiencia Página web del Programa ConCiencia.
  3. Jorge Mira Pérez en Galegos. GaliciaDigital.
  4. Premio Fonseca 2008 Páxina web do Premio Fonseca 2008.
  5. Premio Fonseca 2009 Páxina web do Premio Fonseca 2009.
  6. Premio Fonseca 2010 Páxina web do Premio Fonseca 2010.
  7. Premio Fonseca 2011 Páxina web do Premio Fonseca 2011.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar