[[Ficheiro:|1100px]]

Tampere (en sueco Tammerfors) é unha cidade de Finlandia, capital da rexión de Pirkanmaa (provincia de Finlandia Oriental). Segundo o censo do 31 de xaneiro de 2012 ten unha poboación de 215.315 hatibantes. A cidade está situada ao sur do país, entre os lagos Näsijärvi e Pyhäjärvi. É a terceira cidade máis poboada de Finlandia por detrás de Helsinqui e Espoo.

Tampere está situada entre dous lagos, o Näsijärvi e o Pyhäjärvi. Como entre ambos lagos hai un desnivel de 18 metros, os rápidos que os comunican, Tammerkoski, teñen sido unha importante fonte de enerxía ao longo da historia da cidade, máis recentemente xerando electricidade. Tampere é alcumada a "Manchester de Finlandia" polo seu pasado industrial como antigo centro da industria finlandesa.

Orixinalmente fundada como mercado á beira da canle Tammerkoski en 1775 por Gustavo III de Suecia, catro anos despois, o 1 de outubro de 1779, concedéronselle dereitos de cidade.

Artigo destacado

editar

A batalla de Tampere tivo lugar entre o 15 de marzo e o 6 de abril de 1918 na cidade finlandesa de Tampere no marco da guerra civil finlandesa. A batalla, na que se enfrontaron Brancos e Vermellos, é a máis coñecida e a máis dura das libradas durante a contenda. Na batalla participaron máis de 30 000 combatentes, o que a converteu nunha das maiores batallas da historia dos países nórdicos. Hoxe é lembrada especialmente polas súas sanguentas consecuencias, xa que os Brancos executaron a centos de Vermellos capitulados e tomaron 11 000 prisioneiros no campo de Kalevankangas.

A caída de Tampere, o maior centro industrial de Finlandia, marcou o principio do fin da República Socialista dos Traballadores de Finlandia, establecida no sur do país, e a guerra tornouse mesmo máis violenta con episodios de terror por parte de ambos bandos, con masacres dunha parte e represalias como resposta pola outra.

Lugar de interese

editar

Näsilinna é un palacio neobarroco situado no parque de Näsinpuisto en Tampere, Finlandia. Foi construído por Wilhelm von Nottbeck, fillo de Peter von Nottbeck. Finalizado en 1898, o seu nome orixinal era Milavida. O edificio foi deseñado polo arquitecto Karl August Wrede. Descoñécese o significado e a historia do nome Milavida.

O palacio estivo ligado á familia Nottbeck, que en 1905 vendeuno á cidade de Tampere logo dunha traxedia familiar. Co cambio de proprietarios o seu nome mudou ao actual "Näsilinna" e acolleu o Museo de Häme dende 1908 ata 1997. En 2013 comezaron as obras de restauración do edificio, que se completaron en 2015, cando o edificio abriu de novo as súas portas acollendo o Museo Milavida.

Durante a batalla de Tampere, na guerra civil finlandesa, Näsilinna foi un obxectivo importante para ambos os dous bandos, tendo cambiado de mans tres veces en dous días.

Categorías
Biografía destacada

editar

Leo Juhani "Leksa" Kinnunen, nado en Tampere o 5 de agosto de 1943 e finado o 26 de xullo de 2017, foi un piloto de automobilismo finlandés, o primeiro piloto de Fórmula 1 do seu país.

Kinnunen gañou a Nordic Challenge Cup en 1969, a Interserie de 1971-1973 e axudou a Porsche a lograr o World Sportscar Championship para os fabricantes en 1970 (os campionatos de pilotos non foron galardoados ata 1981). Na tempada 1974 cambiou á Fórmula Un, pero ademais dos problemas co TS16, o seu equipo pronto se atopou con problemas económicos. Foi o último piloto en competir na Fórmula Un usando un casco aberto.

Imaxe destacada

editar

A antiga fábrica de Tampella, na marxe leste do Tammerkoski.
Vexa o artigo industria pesada.


Sabías que...?

editar

Sauna de Rajaportti.


Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (2)

Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons