O
Festival de Eurovisión (en
inglés Eurovision Song Contest; en
francés Concours Eurovision de la Chanson) é un festival da canción televisado, creado en
1956 de carácter anual e con participantes de numerosos países europeos, organizado pola
Unión Europea de Radiodifusión. A representación dos diversos países escóllena as canles de televisión pública. O Festival retransmítese por televisión e radio en toda
Europa. Nos últimos anos, o Festival retransmitiuse a moitas outras partes do mundo (é especialmente seguido en
Australia) e tamén se difundiu a través de
internet...