Macedonia (terminoloxía)

Macedonia é un termo que foi fonte de confusión e de debate debido a que se usou para designar, ao longo do tempo, múltiplas e diversas áreas xeográficas, políticas, históricas, lingüísticas e demográficas. Os grupos étnicos que viven na zona denominaron da mesma maneira a diversas entidades e de diferentes formas a unha única entidade, o que xerou, e xera, problemas tanto para os seus habitantes como para os estranxeiros.

Diversas extensións de Macedonia ao longo do tempo:      Reino de Macedonia na antigüidade      Provincia do Imperio romano      Macedonia durante o Imperio bizantino      Macedonia baixo o Imperio Otomán

Historicamente, a rexión estivo marcada polos continuos cambios políticos na historia da península Balcánica. En canto á xeografía, non existe unha definición clara dos límites da rexión e os nomes das súas subdivisións non son aceptadas nin por académicos nin polos seus propios habitantes. No caso da demografía, na zona habitan principalmente catro grupos étnicos, tres dos cales se autodefinen como "macedonios": un grupo sudeslavo, que o fai a nivel nacional, e un búlgaro e outro grego, que o fan a nivel rexional. Lingüisticamente, os nomes e orixes das linguas faladas na zona son tema de gran controversia, mentres que no mundo político, o uso do nome de Macedonia xerou incluso unha intensa disputa diplomática entre os estados de Grecia e Macedonia do Norte, conflito que se mantén sen solución definitiva a pesar da intervención das Nacións Unidas.

Etimoloxía editar

Existen tres teorías sobre a orixe do nome "Macedonia". De acordo coa mitoloxía grega, Macedón era o nome do xefe da tribo que se asentaría na rexión e que fundaría o Reino de Macedonia. Segundo Heródoto, os makednoí eran unha tribo doria.[1]

O nome tamén podería derivar do adxectivo μακεδνός (makednós), que significa "alto", e que usou Homero para designar unha árbore na Odisea,[2] e que segundo o gramático Hesiquio de Alexandría sería unha palabra do dórico que significaría "grande" ou "pesado".[3] Comunmente crese que tanto os macedonios como os seus antecesores makednoí eran considerados persoas de grande estatura.[4][5][6]

Unha terceira hipótese suxire que o nome makedónes significaría "habitantes das terras altas", de acordo cun antigo termo do antigo idioma macedonio, μακι-κεδόνες (maki-kedónes, "do alto planeta").[7][8] A World Book Encyclopedia acepta esta teoría, pero baseada no termo grego makednós que se referiría ás altas montañas da zona.

Macedonia na historia editar

Época antiga editar

 
Extensión aproximada do Reino de Macedonia antes de Alexandre o Grande, de acordo con referencias históricas e descubrimentos arqueolóxicos
Reino de Macedonia
 
Extensión aproximada da provincia de Macedonia durante a dominación romana
Provincia romana de Macedonia
 
Extensión aproximada do thema de Macedonia, durante a dominación bizantina
Thema bizantino
 
Extensión aproximada da zona coñecida como Macedonia durante a dominación otomá
Dominación otomá
Extensión do territorio histórico de Macedonia
Artigo principal: Reino de Macedonia.

O antigo Reino de Macedonia, que existiu entre os séculos VII a.C. e II a.C., foi o primeiro Estado que se asentou na rexión xeográfica homónima. As súas fronteiras eran máis ou menos constantes, aínda que non está claro se certas zonas interiores, como Lincestis, formaban parte do reino en si ou eran estados independentes en constante loita contra os reis macedonios.

Durante o reinado de Filipo II, Macedonia expandiuse considerabelmente, incluíndo a zona da península Calcídica e territorios ao norte en dirección ao río Danubio. Filipo terminou gobernando sobre gran parte de Grecia e o seu reino expandiríase muito máis cando o seu fillo, Alexandre o Grande, o converteu nun imperio que gobernou gran parte do mundo coñecido até o momento.

Coa morte de Alexadre, Macedonia volveu ser un pequeno reino debido a que o Imperio se dividiu en varios estados. Tras a súa conquista polos romanos nas chamadas Guerras Macedónicas, o Senado Romano estableceu a provincia de Macedonia, cuxa extensión variou ao longo dos séculos e, a partir do emperador Constantino, formou a Diocese de Macedonia, que era parte da Prefectura de Illyricum.

Cando a rexión pasou a ser parte do Imperio bizantino, o thema establecido baixo o mesmo nome estaba situado nunha zona moito máis ao oriente, excluíndo a Calcídica e mesmo a zona de Tesalónica.

Posteriormente, o Imperio Otomán, que gobernou o territorio até o século XIX nunca tivo en dita zona unha unidade administrativa co nome de Macedonia.

As entidades políticas que algunha vez levaron o nome "Macedonia" durante a antigüidade son:

  • O antigo Reino de Macedonia, que se estendeu pola parte máis setentrional da Antiga Grecia. Limitaba ao oeste con reino de Epiro e ao leste coa rexión de Tracia. Gran parte do seu territorio encontraríase actualmente en Grecia.[9] O primeiro estado apareceu aproximadamente a comezos do século VII a.C. e alcanzou a súa época de gloria durante o reinado de Alexandre o Grande, que conquistou gran parte do mundo coñecido cara ao leste até a súa temperá morte en 323 a.C.

O reino mantívose cunha moito menor extensión até que foi dividido en catro repúblicas por Roma no ano 168 a.C.

  • Os romanos estableceron dúas unidades administrativas co nome de "Macedonia", ambas con diferentes características:
    • A Provincia de Macedonia, que foi creada en 146 a.C. As súas fronteiras variaron durante o paso do tempo, pero en xeral se estendía até chegar ao mar Adriático polo oeste. Diocleciano dividiuna en Macedonia prima e Macedonia salutaris.
    • E Diocese de Macedonia, organizada aproximadamente no ano 300, aínda que con certeza durante o goberno de Constantino I o Grande. Ademais das dúas provincias macedonias, incluíuse nela as de Epirus vetus, Epirus nova, Tesalia, Achaea (Acaia) e incluso Creta, polo que comprendía case toda a Grecia moderna e Albania. A diocese deixaría de existir cando o Imperio romano perdeu o control da zona durante o século VII.
  • O Imperio bizantino organizou no ano 800 o thema de Macedonia, por mandato da emperatriz Irene. Esta entidade creouse como unha escisión do thema de Estrimón, incorporando a zona de Adrianópolis, Hebros e parte da costa do mar de Mármara. Esta unidade administrativa abarcou unha rexión máis ao oriente de onde se localizaba orixinalmente o antigo reino macedonio, o cal formaba parte do thema de Tesalónica. Xoán I Tzimisces substituíu o thema de Macedonia polo ducado de Adrianópolis, no que incluíu gran parte das súas conquistas en Bulgaria.[10]
    • A dinastía Macedónica do Imperio bizantino leva este nome debido ao seu fundador, Basilio I. Segundo a tradición, Basilio nacera no thema de Macedonia, aínda que estudos actuais indican que era de orixe armenia.[11]
  • Macedonia formou parte do Imperio Otomán durante máis de cinco séculos, pero nunca conformou ningunha subdivisión deste. Porén, a rexión da Turquía europea situada entre Tesalia e Serbia seguiu sendo coñecida como "Macedonia" o que, de acordo con diversos académicos, correspondería á definición da rexión máis utilizada actualmente.

Cando en 1904 gran parte do seu territorio foi posto baixo administración internacional, Macedonia estaba dividida entre os distritos de Tesalónica, Monastir, Üsküb, Kosovo, Drama e Serrai.[12][13][14][15] Entre 1912 e 1913, a rexión foi repartida entre os estados independentes balcánicos tras a súa vitoria sobre os otománs na Primeira Guerra Balcánica. As fronteiras entre Grecia, Serbia e Bulgaria terminarían de definirse despois da Segunda Guerra Balcánica e a primeira guerra mundial, e son esencialmente as existentes no día de hoxe.

Macedonia contemporánea editar

 
Bulgaria, polo tratado de San Stefano de 1878, adquire case a totalidade do territorio macedonio.

Desde o inicio da Guerra de independencia de Grecia, o goberno provisional de dito país reclamou Macedonia como parte do territorio nacional grego pero, segundo o tratado de Constantinopla de 1832 que definiu as fronteiras tras a súa independencia do Imperio Otomán, o límite norte do país estaba na liña ArtaVolos, deixando fóra a Macedonia.[16] Cando o Imperio Otomán comezou a disgregarse, Macedonia foi reclamada por todos os membros da denominada Liga Balcánica (Serbia, Montenegro, Grecia e Bulgaria) e tamén por Romanía. De acordo ao tratado de San Stefano que puxo fin á Guerra Ruso-Turca de 1877-1878, toda a rexión macedonia foi incluída en Bulgaria, a excepción da zona de Tesalónica. Porén, o Congreso de Berlín de 1878 devoleu gran parte da rexión ao Imperio turco.

En 1912 comezou a Primeira Guerra Balcánica cando os exércitos da Liga Balcánica invadiron e ocuparon o territorio macedonio. Tras a vitoria sobre os turcos, os membros da Liga tiveron diferenzas a causa da repartición do territorio conquistado, o que levou ao estalido da Segunda Guerra Balcánica. Como resultado desta última contenda, o indefinido territorio de Macedonia foi dividido entre Grecia, Bulgaria e Serbia, que estableceron as súas fronteiras definitivas en 1913 no Tratado de Bucarest, as cales mantéñense esencialmente até a actualidade.

As entidades políticas que existiron ou existen durante este período de tempo co nome de "Macedonia" son as seguintes:

A elección do nome Macedonia pola Antiga República Iugoslava de Macedonia (ARIM)[20] leva directamente ao tema da usurpación do patrimonio cultural do seu país veciño. Este nome constitúe a base para reclamar dereitos sobre toda a rexión xeográfica de Macedonia. Máis especificamente, o chamar unicamente aos eslavomacedonios como "macedonios" monopoliza o uso deste nome e crea confusión semiolóxica e viola o dereito de autodeterminación dos macedonios gregos. O uso deste nome pola ARIM tamén pode crear problemas económicos e, consecuentemente, converterse nun trampolín de distorsión da realidade e a base para actividades afastadas dos estándares propostos pola Unión Europea, especialmente a cláusula de boas relacións cos países fronteirizos. O mellor exemplo disto pode verse no contido dos textos escolares da ARIM. [21]
Ministerio de Asuntos Exteriores de Grecia, 2006.

Macedonia na xeografía editar

 
Mapa da rexión de Macedonia, segundo Bianconi en 1885.
 
Fronteiras de Macedonia segundo diversos mapas de 1843 e 1927. Na maioría deles Macedonia ten unha extensión similar, variando levemente dun a outro; algúns, porén, restrinxen a rexión principalmente á súa parte sur.

Macedonia (como un termo xeográfico actual) refírese en xeral a unha rexión da península Balcánica, no sur de Europa, que comprende entre 60 000 e 70 000 km2. Aínda que non existe ningunha definición oficial por parte de ningunha organización internacional ou estado, nalgúns contextos a rexión aparece delimitada polas concas dos ríos Haliacmón, Vardar e Estrimón e as chairas próximas a Tesalónica e Serrai.

Nun contexto histórico a rexión presentou notábeis variacións nas súas fronteiras ao longo dos Balcáns, despois de que os seus límites foran definidos xeralmente de acordo coas necesidades administrativas dos seus conquistadores. Durante a dominación otomán, que durou cinco séculos, Macedonia non foi unha división administrativa, como quedou dito.[22] O xeógrafo H. R. Wilkinson afirma que se ben a rexión "desafía definicións", a maioría dos cartógrafos están de acordo "na súa situación xeral".[23] Macedonia xa estaba bastante ben definida contra 1897, cando William Ewart Gladstone propuxo unha "Macedonia para os macedonios", na que se incluía implicitamente a todos os habitantes da rexión, sen importar a súa etnia,[24] pero as diferentes nacións balcánicas comezarían a proclamar os seus dereitos despois da sinatura do Tratado de San Stefano de 1878 e logo da súa revisión no Congreso de Berlín.

Varios mapas etnográficos elaboráronse durante este período de controversia; moitos deles difiren principalmente nas zonas designadas para cada nacionalidade dentro de Macedonia. Isto debeuse en parte ao resultado das diferentes alternativas para a definición: aos habitantes de Macedonia podían asignárselles diferentes nacionalidades dependendo de se a clasificación se realizaba baseándose na relixión, na ascendencia, no idioma, na identidade ou por decisión persoal.

Ademais, os censos otománs que tomaban como base a relixión eran adoito malinterpretados; a ascendencia ou raza eran definidas sobre todo mediante conxecturas; os habitantes da rexión podían falar máis dunha lingua, por exemplo, unha na súa casa e outra fóra dela e, por outro lado, os diversos dialectos podían ser definidos como derivacións de diversas linguas (por exemplo, serbio, macedonio ou búlgaro).

Os mapas tamén difiren nos límites asignados a Macedonia. As únicas fronteiras indiscutíbeis eran o mar Exeo polo sur e as fronteiras de Serbia e Bulgaria anteriores a 1885; se Macedonia limitaba cos territorios da Serbia medieval, Albania ou Tracia (partes da Rumelia otomá) ten sido orixe de debate.[23] Algúns etnógrafos, como o grego Cleanthes Nicolaides, o austríaco Meinhard e o búlgaro Vasil Kǎnčev, aceptaron como fronteira as montañas Šar e as de Crna Gora,[25] tal como o facían algúns estudosos anteriores a 1878;[23] porén, algúns especialistas como o serbio Gopčevič estableceron unha liña moito máis ao sur, deixando toda a rexión entre Skopje e Strumica na "Vella Serbia", noción que foi apoiada por algúns xeógrafos modernos de Grecia.[23]

Ademais, algúns mapas varían nalgúns detalles, especialmente respecto a que cidades e localidades eran ou non macedonias. Un mapa italiano inclúe a Prizren, mentres que Nicolaides e Meinhard trazaron os seus límites xusto ao sur. Cara ao sur e o oeste, Grevená, Korçë e Konitsa varían en diversos mapas, mentres carta ao leste, usualmente a liñaa toma o curso do río Mesta cara ao norte, aínda que nun mapa dun xeógrafo alemán a liña se encontra moito máis cara occidente, excluíndo por exemplo a Bansko e Nevrokop.[23]

Subrexións editar

 
Mapa das diferentes subrexións que poden definirse en Macedonia

 Macedonia do Exeo [26] (  Grecia)

     Macedonia do Vardar (  Macedonia do Norte)

 Macedonia de Pirin [27] [28][29] (  Bulgaria)

     Mala Prespa e Golo Bardo (  Albania)      Gora e Prohor Pčinjski (  Serbia)

A rexión de Macedonia divídese comunmente en tres grandes rexións e dúas menores,[30] especialmente na discusión da chamada "cuestión macedonia". Aínda que estes termos son utilizados por académicos neutrais, foron adoptados pola literatura de carácter irredentista.[31]

Ademais destas tres grandes subrexións, hai dúas pequenas rexións en Albania e Serbia que se consideran parte de Macedonia, principalmente por irredentistas e non por académicos.[31]

  • Mala Prespa e Golo Bardo, que corresponde a unha pequena zona situada no extremo occidental de Macedonia, actualmente en Albania. O territorio está preto do lago de Ohrid e inclúe parte dos distritos de Korçë, Pogradec e Devoll e, aínda que estes distritos teñen unha superficie total próxima aos 3 000 km², a zona en cuestión é significativamente menor.
  • Gora e Prohor Pčinjski, que son pequenos territorios no norte de Macedonia e que forman parte de Serbia. O territorio corresponde basicamente ao municipio de Dragaš (de 435 km²), situado en Kosovo, e o mosteiro de Prohor Pčinjski.

Macedonia na demografía editar

Termos étnicos de Macedonia
Macedonios
ca. 5 millóns de persoas
Todos os habitantes da rexión, sen importar a súa orixe étnica.
Macedonios [37]
ca. 1,3 millóns de persoas
Grupo étnico contemporáneo, denominado tamén eslavomacedonios ou macedonios eslavos, sobre todo polas autoridades gregas para referirse á minoría étnica eslava en Grecia.[38][39]
Macedonios[40]
ca. 2 millóns de persoas
Cidadáns da República de Macedonia
Macedonios
ca. 2,6 millóns de persoas
Grupo rexional grego, denominado tamén como macedonios gregos ou macedonios exeicos[32]
Macedonios
Sen datos de poboación
Pobo da antigüidade, denominado tamén como antigos macedonios.
Macedonios
ca. 300 mil persoas
Grupo rexional búlgaro,[41] denominado tamén como pirineiros.
Macedorromaneses
ca. 300 mil persoas
Nome alternativo para os arromaneses.[42]

A rexión, tal como se definiu anteriormente, ten unha poboación próxima aos 5 millóns de habitantes. No caso das definicións de grupos étnicos, existe unha importante disputa por parte de dous grupos contemporáneos sobre o uso do termo macedonio. A poboación etnicamente macedonia da República de Macedonia identifícase como "macedonios" a nivel nacional, mentres que en Grecia, os habitantes da zona de Macedonia considéranse "macedonios" a nivel rexional e como "gregos" a nivel nacional. A diverxencia de uso entre ambos os grupos étnicos xerou unha variedade de denominacións para referirse a grupos homónimos.

En xeral, os grupos que se consideran como "macedonios", é dicir, como habitantes naturais da rexión, son os que se detallan a continuación.

Como grupo étnico, denomínase macedonios [43] aos eslavos que forman a maioría da poboación da actual República de Macedonia. Segundo estatísticas do ano 2002, a poboación de macedonios étnicos dentro de dito estado era de 1 297 981 habitantes.[36][44] Por outro lado, legalmente, macedonio é tamén todo nacional da República de Macedonia, sen importar as súas características étnicas nin a pertenza a algunha relixión. Porén, no preámbulo da súa constitución,[45] faise especial distinción entre "o pobo macedonio" e "os albaneses, turcos, valacos, romaneses e outras nacionalidades que habitan na República de Macedonia", aos que se lles asegura "igualdade como ciudadáns".[46] O ano 2002, a poboación total do país era de 2 022 547 habitantes,[44] polo que os macedonios non étinicos cifrábanse en 724 566 persoas.

Como grupo rexional de Grecia, os macedonios son as persoas de etnia grega que habitan ou proveñen do territorio de Macedonia, que constitúen case a totalidade da poboación de dita rexión. De acordo co censo de 2001, a poboación deste territorio era de 2 625 681 persoas.[47] Coñécense tamén como antigos macedonios aos habitantes da Macedonia histórica,[24] cuxos máximos gobernantes, Filipo II de Macedonia e Alexandre Magno se consideraban a si mesmos como gregos.[48][49]

No caso de Bulgaria, "macedonio" é o xentilicio dos habitantes da rexión suroriental do país, que na súa maioría se identifican como búlgaros a nivel nacional e tamén étnico.[50] En 2001, a poboación total da Macedonia búlgara era de 341 245 habitantes, entre os que se contaban 3 117 eslavomacedonios.[51] Os macedonios búlgaros tamén poden autodenominarse como pirineiros (пиринци, pirintsi en lingua búlgara)[52][53] para evitaren confusións con outras denominacións similares.

O termo "macedorromanés" úsase ás veces como un sinónimo de arromanés, individuo dun pobo que vive no sur dos Balcáns, entre o norte de Grecia, Bulgaria, a República de Macedonia e Albania e, como unha comunidade inmigrante, na Dobruxa Setentrional, Romanía. De acordo coa Ethnologue, a poboación total de arromaneses era, en 1993, de 306 237 persoas.[54] Este termo é o único que corresponde a un acrónimo utilizado tanto polos propios arromaneses como polos outros grupos étnicos.[55] Cómpre destacar que en romanés, os arromaneses denomínanse "machedoni", a diferenza dos habitantes de Macedonia, que son coñecidos como "macedoneni".

Outro grupo étnico que habita a rexón de Macedonia son os albaneses, concentrados principalmente na República de Macedonia (nas zonas fronteirizas con Albania e Kosovo) e na subrexión albanesa de Macedonia, ao redor do lago de Ohrid. En 2002, os habitantes albaneses na República de Macedonia eran 509 083, o 25,2 % do total da poboación nacional.[44]

En galego todos estes termos temos que utilizalos de acordo co contexto no que se usan, porque o Dicionario da Real Academia Galega só se define oficialmente macedonio -a, como adxectivo, "1. De Macedonia ou dos seus habitantes" e, como substantivo, "2. Persoa natural ou habitante de Macedonia",[56] sen máis indicacións.

Porén, o Gran dicionario Xerais da lingua especifica algo máis: macedonio -a, como adxectivo, "1. Relativo ou pertencente a Macedonia (Europa) ou ós seus habitantes; macedónico. 2. Relativo ó antigo imperio de Macedonia" e, como substantivo masculino, "3. Lingua falada na antiga Macedonia, relacionada cos dialectos gregos e con suposta orixe indoeuropea. 4. Lingua da actual Macedonia pertencente á familia eslava."

Ademais, inclúe o "elemento de formación de palabras" macedo-, "que fai referencia a Macedonia ou ós Macedonios" e que emprega en tres termos: macedo-grego -a, adxectivo "relativo ou pertencente ó individuo e ó territorio de etnia macedonia que están baixo xurisdición grega"; macedo-romanés -esa, substantivo masculino (sic), "dialecto romanés falado no norte de Grecia, sur da antiga Iugoslavia, Bulgaria e Albania", e macedo-serbio -a, como adxectivo, "1. Relativo ó individuo e territorio macedonio que están baixo xurisdición serbia", e como adxectivo e substantivo, "2. Individuo pertencente á etnia macedonia que vive en territorio serbio".[57][58]

Macedonia na lingüística editar

Termos lingüísticos de Macedonia
Macedonio[59] Lingua eslava contemporánea, denominada tamén eslavomacedonio ou macedonio eslavo.[60][61][62]
Macedonio Dialecto do idioma grego moderno
Macedonio Lingua ou dialecto falado na Antigüidade
Macedorromanés Denominación para a lingua arromanesa

Ao ser o idioma un dos elementos máis comunmente asociados á identidade nacional, as mesmas disputas existentes no plano da demografía pódense encontrar tamén na lingüística. Basicamente existen dous grandes debates sobre o uso da palabra "macedonio" para describir un fenómeno lingüístico, xa sexa un idioma o un dialecto.

Por un lado, as orixes do antigo idioma macedonio son incertas e non se puido determinar se corresponde a un dialecto grego próximo ao dórico[63][64] ou ao eólico,[65] unha lingua irmá do grego antigo, co que formaría un supergrupo lingüístico grecomacedonio ou helénico, ou se era unha lingua indoeuropea independente e próxima ao grego, ao tracio e ao frixio.[66] [67] A comunidade científica, a pesar das súas discrepancias, chegou ao acordo de que non existen evidencias suficientes para poderen determinar con certeza algunhas destas hipóteses,[68] aínda que existe material dispoñíbel, como o léxico de Hesiquio de Alexandría.[69]

Por outro lado, o idioma sudeslavo coñecido na actualidade como macedonio[70] non ten ningunha relación co antigo idioma. Sobre esta lingua existen dúas disputas principais; a primeira corresponde á denominación desta, mentres que a segunda refírese a se este idioma é realmente distinto do idioma búlgaro ou non é máis que un dialecto, posición apoiada principalmente por grupos nacionalistas búlgaros,[71] pero tamén por parte da poboación en xenal.

Na actualidade coñécese como macedonio tamén un dialecto da lingua grega moderna, mentres que o macedorromanés é unha das denominacións que recibe o idioma romance oriental falado polos arromaneses.[55]

Macedonia na política editar

 
Situación da República de Macedonia,[59] tamén denominada desde 1993 como Antiga República Iugoslava de Macedonia.
 
Situación da Macedonia grega, unha división política de Grecia.

Todas as controversias en termos xeográficos, lingüísticos e demográficos manifestáronse a nivel político internacional, especialmente tras a disolución de Iugoslavia a comezos dos anos 1990. Entre os novos estados formados a partir da antiga República Federal Socialista de Iugoslavia, a chamada República Socialista de Macedonia declarou a súa independencia, de forma pacífica, o 8 de setembro de 1991, co nome de República de Macedonia.[72]

Porén, o uso deste nome, ao igual que a primeira bandeira de Macedonia do Norte, foi rexeitado pola República Helénica por considerar estes feitos unha usurpación dos símbolos da tradición cultural grega e sinal de irredentismo.[73]

En 1993, grazas á mediación da Organización das Nacións Unidas, ambos os países chegaron a un acordo provisorio para a utilización dos nomes de "República de Macedonia" en asuntos internos e de "Antiga República Iugoslava de Macedonia (ARIM)" a nivel internacional,[74] deixando pendente unha solución definitiva. Porén, o acordo é criticado en ambos os países: en Grecia rexéitase que se aceptara un nome que contén a palabra "Macedonia", mentres que no novo estado exíxese o uso dun nome máis curto e identificativo.

Actualmente, Grecia utiliza oficialmente a denominación πρώην Γιουγκοσλαβική Δημοκρατία της Μακεδονίας ou a súa abreviación ΠΓΔΜ,[75] mentres que as Nacións Unidas refírense exclusivamente ao país como "Antiga República Iugoslava de Macedonia",[76] ao igual que outras organizacións como a Unión Europea,[77] a OTAN,[78] o Fondo Monetario Internacional,[79] a Organización Mundial do Comercio (OMC),[80] o Comité Olímpico Internacional (COI),[81] o Banco Mundial (BM),[82] o Banco Europeo para a Reconstrución e o Desenvolvemento (BERD),[83] a Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE),[84] a FIFA,[85] e a FIBA,[86] entre outros. Por outro lado, algúns países (entre ele Estados Unidos, Rusia e a República Popular Chinesa) utilizan a denominación constitucional do país.

Macedonia é tamén o nome dunha macrorrexión de Grecia, dividida en tres rexións: Macedonia Occidental, Macedonia Central e Macedonia Oriental e Tracia. Esta macrorrexión é administrada polo Ministerio de Macedonia e Tracia, e a súa capital é a cidade de Salónica, considerada como a capital conxunta do país (συμπρωτεύουσα, symprotévousa),[87] en contraste con Atenas, a capital oficial.

Visión nacionalista eslavomacedonia editar

Macedonios eslavos de tendencias nacionalistas extremas expresaron desexos irredentistas aspirando a construír unha "Macedonia unida" xuntando á que eles chaman Macedonia do Exeo ou Macedonia exeica (actualmente en Grecia),[88][89][90] a Macedonia de Pirin (en Bulgaria),[91] a rexión de Mala Prespa e Golo Bardo (en Albania),[92] e as de Gora e Prohor Pčinjski (en Serbia).[93] Porén, en todas as zonas mencionadas anteriormente, as poboacións son na súa maioría grecomacedonios, búlgaros, albaneses e serbios, respectivamente. Algúns libros de texto escolares e publicacións gobernamentais da República de Macedonia consideran a dito país como parte dun territorio non completamente libre.[94][95][96][97]

Loring M. Danforth, profesor de antropoloxía que traballou no Bates College dos Estados Unidos e que escribiu diversos artigos e libros sobre o nacionalismo na República de Macedonia, Grecia e Australia, mencionou:

Os nacionalistas extremistas macedonios, que se empeñan en demostrar a continuidade entre os antigos e os modernos macedonios, negan ser eslavos e reclaman ser directos descendentes de Alexandre o Grande e os antigos macedonios. A visión macedonia máis moderada, xeralmente adoptada por xente máis educada e que foi apoiada por Kiro Gligorov, o primeiro presidente da recentemente independizada República de Macedonia, é que os actuais macedonios non teñen relación con Alexandre Magno, senón que son pobos eslavos cuxos antepasados chegaron a Macedonia durante o século VI. En tanto, persoas tanto das visións extremas e moderadas aseguran que os antigos macedonios eran dun grupo non-grego diferente.


Ademais de reafirmaren a existencia da nación macedonia, os macedonios están empeñados en reafirmar a existencia dunha única lingua macedonia. A pesar de recoñecer as similitudes entre o macedonio e outras linguas eslavas meridionais, consideran que as diferenzas con elas lle permite ser unha lingua separada. Tamén enfatizan que, a pesar de que o estándar literario do idioma macedonio non foi formalmente creado e recoñecido até 1944, ten unha historia de máis de mil anos, que pode remontarse ao antigo eslavo eclesiástico usado polos santos Cirilo e Metodio durante o século IX.


Aínda que todos os macedonios están de acordo en que existen minorías macedonias en Bulgaria e Grecia, que foron suxeito de duras políticas de asimilación forzada, existen dúas posicións sobre o seu futuro. A meta dos nacionalistas máis extremos é crear unha "Macedonia libre, unida e independente", formada tras "liberar" as partes de Macedonia "temporalmente ocupadas" por Bulgaria e Grecia. Nacionalistas máis moderados, en cambio, recoñecen a inviolabilidade das fronteiras gregas e búlgaras, renunciando a posíbeis reclamacións territoriais; porén, demandan que ambos os países recoñezan ás minorías macedonias e lles garantan os dereitos humanos mínimos que merecen.
Loring M. Danforth[98]

A constitución da República de Macedonia foi modificada en 1995 e non inclúe agora ningunha referencia sobre posíbeis reclamacións territoriais.

Visión nacionalista grega editar

O profesor Danforth describe, de igual forma, as posicións do nacionalismo grego:

De acordo coa posición do nacionalismo grego sobre a "cuestión macedonia", como Alexandre o Grande e os antigos macedonios eran gregos, e como a Antiga Grecia e a Grecia moderna están unidas por unha liña histórica de continuidade racial e cultural, só os gregos teñen dereito a identificarse como macedonios, e non os eslavos da Iugoslavia meridional, que se estableceron en Macedonia contra o século IX e que se denominaron a si mesmos como "búlgaros" até 1944. Os gregos, en tanto, denominan aos macedonios como "skopjanos" (de Skopje, a capital da República de Macedonia), práctica comparábel a chamar "atenienses" aos gregos. A negación da identidade macedonia por parte da ideoloxía nacionalista grega enfócase en tres puntos principais: a existencia dunha nación macedonia, unha lingua macedonia e unha minoría macedonia en Grecia. Desde a perspectiva nacionalista grega, non pode haber unha nación macedonia se nunca houbo un estado independente macedonio: a nación macedonia non sería máis que unha creación artificial, unha "invención" de Tito, quen bautizou a un mosaico de nacionalidades co nome grego de "macedonios".


De forma similar, os nacionalistas helénicos argumentan que como o antigo idioma macedonio era grego, o idioma eslavo falado polos "skopjanos" nom pode denominarse como "idioma macedonio". Algunhas fontes de orixe grega refírense ao "idioma de Skopje" e o definen como un dialecto corrompido do idioma búlgaro. Finalmente, o goberno de Grecia nega a existencia dunha minoría macedonia no norte do país, asegurando que só existe un pequeno número de "helenos eslavófonos" ou "gregos bilingües" que falan grego xunto a un dialecto eslavo local, pero que teñen "consciencia nacional grega".


Desde a perspectiva do nacionalismo grego, o uso da denominación "macedonio" por parte dos "eslavos de Skopje" constitúe un crime ou un plaxio contra o pobo grego. Por chamarse a si mesmos "macedonios" están roubando un nome grego, están pervertendo o patrimonio cultural grego, están falsificando a historia grega. Evangelos Kofos, un historiador que traballaba no Ministerio de Asuntos Exteriores grego, lle dixo unha vez a un reporteiro estranxeiro, "isto é como se un ladrón entrara na miña casa e roubara a máis prezada das miñas xoias: a miña historia, a miña cultura, a miña identidade". Os temores gregos de que o uso do nome "Macedonia" polos eslavos levará inevitabelmente á aparición de reclamacións irredentistas no territorio da Macedonia grega vense acrecentados por algúns acontecementos históricos relativamente recentes. Durante a Segunda Guerra Mundial, Bulgaria ocupou parte do norte de Grecia mentres que unha das metas dos fundadores da República Popular de Macedonia en 1944 foi a "unificación de toda a nación macedonia", que se lograría cola "liberación dos dous outros territorios" de Macedonia.
Loring M. Danforth[98]

Nomes nas linguas da rexión editar

Macedonia

Albanés: Maqedonia Grego: Μακεδονία (Makedonía)   Serbio: Македонија, Makedonija
Armenio: Մակեդոնիա (Makedonia)   Ladino: Makedonia, מקדוניה   Serbio arcaico: Маћедонија, Maćedonija
Arromanés: Machidunia/Machedonia   Macedonio: Македонија (Makedonija)   Turco: Makedonya
Búlgaro: Македония (Makedoniya)   Romaní: Makedoniya


Terminoloxía por grupos étnicos editar

Todas as controversias mencionadas anteriormente xeraron unha serie de denominacións por parte dos diferentes grupos en conflito. Aínda que algúns xurdiron, en principio, sen afán pexorativo, poen ser considerados como tales por parte dos ouros grupos. Ademais, tanto macedonios de orixe a grega coma eslava utilizan as formas derivadas da palabra "Macedonia" para describirse a si mesmos e utilizan outras denominacións para o grupo oposto. A isto súmanse as denominacións dos grupos extremistas con respecto á relación entre búlgaros e macedonios eslavos,[99] tanto polos que negan calquera relación entre ambas as nacións como os nacionalistas búlgaros que a promoven.[100] e que incluso reciben o apoio de extremistas helénicos.[101] Ademais, tanto búlgaros coma macedonios eslavos néganse a recoñecer a autodeterminación das minorías eslavoparlantes de Grecia Setentrional, que se consideran comunmente como gregos.

Denominacións búlgaras editar

 
  • Gărkomani (Гъркомани), termo despectivo para referirse ás minorías eslavoparlantes da Macedonia grega que se identifican como gregos.[102]
  • Macedonio, e as linguas eslavas de Grecia, son considerados dialectos do idioma búlgaro. Porén, o goberno de Bulgaria recoñece oficialmente o "idioma macedonio" como a lingua oficial da República de Macedonia.[41][103]
  • Macedonismo (Македонизъм) refírese á ideoloxía que afirma que os habitantes eslavos de Macedonia son un grupo distinto dos búlgaros. Este termo ten unha connotación negativa, xa que moitos búlgaros afirman que estas correntes falsificaron a historia para poderen soster o seu punto de vista.[104]
  • Macedonística (Македонистика) refírese ao estudo das orixes do idioma macedonio e a historia do seu pobo segundo o establecido por Iugoslavia e despois pola República de Macedonia. En xeral, a súa connotación ten o sentido dunha pseudociencia.
  • Macedonista (Македонист) refírese ás persoas que apoian as correntes do "macedonismo" e ten un sentido máis negativo que "nacionalista macedonio".
  • Antigo búlgaro (Старобългарски) é o nome dado o antigo eslavo eclesiástico. Cómpre destacar que os macedonios étnicos non denominan esta lingua como "antigo macedonio" senón que simplemente como "antigo eslavo".[105]

Denominacións gregas editar

 
  • Macedonia (Μακεδονία) pode referirse á rexión administrativa ou á regxión xeográfica situada en Grecia, dependendo do contexto.[106]
  • Macedonio (Μακεδόνας) é o nome dos habitantes da Macedonia grega.[106]
  • Antigo macedonio (Αρχαίος Μακεδόνας) corresponde aos habitantes de Macedonia na Antigüidade, e ao seu idioma.[106]
  • Eslavo macedonio, Macedonio eslávico ou Eslavomacedonio (Σλαβομακεδόνας, Σλαβομακεδονικά) corresponde á denominación das persoas etnicamente macedonias de orixe eslava e do idioma falado por estas.[107]
  • República de Skopje (Δημοκρατία των Σκοπίων) corresponde á República de Macedonia.[108] Outra denominación alternativa é a de Estado de Skopje (Κράτος των Σκοπίων)[109] ou, por metonimia, simplemente Skopia (Σκόπια) [110] debido á capital do país, Skopje.
  • Skopiano (Σκοπιανός, Σκοπιανικά) é outro nome utilizado para referirse aos habitantes da República de Macedonia[110] ou ao idioma oficial de dito país.[111]
  • Eslavófono (Σλαβόφωνος) é o nome para os gregos cuxa lingua é o idioma macedonio,[112] pero tamén se estende para os búlgaros e os macedonios étnicos.
  • Bulgaroskopiano (Βουλγαροσκοπιανός) é un termo despectivo para referirse aos macedonios étnicos.[113]

Termos macedonios étnicos editar

 
  • Macedonia (Македонија) pode referirse tanto á rexión de Macedonia como á República de Macedonia.[114]
  • Macedonio (Македонци) utilízase tanto para denominar aos macedonios étnicos como aos habitantes da República de Macedonia.[114]
  • Macedonia do Exeo ou Macedonia exeica (Егејска Македонија — Egejska Makedonija) refírese á rexión administrativa de Macedonia en Grecia.[115][116]
  • Macedonia do Pirin (Пиринска Македонија — Pirinska Makedonija) refírese á provincia de Blagoevgrado, en Bulgaria.[116]
  • Antigo macedonio (Старомакедонски) refírese ao antigo idioma macedonio.[117]
  • Bugarashi (бугараши) ou bugarofili (бугарофили) son termos pexorativos para referirse aos habitantes da República de Macedonia que se autoidentifican como búlgaros ou teñen unha orientación probúlgara.[118][119] Para os casos con respecto a Serbia, utilízanse srbomani (србомани) e srbofili (србофили) [120]
  • Egejci (Егејци) é a denominación para as persoas orixinarias da Macedonia grega.[121]
  • Grkomani (гркомани) é un termo despectivo utilizado para denominar aos grupos eslavoparlantes que se identifican como gregos.[122]

Notas editar

  1. Heródoto, Historias 1.56, 8.43
  2. Homero, A Odisea Canto VII, 106
  3. Dicionario Oxford Grego-Inglés
  4. Hammond, N. G. L. (1962): The Classical Review, New Ser. Vol 12 Nº 3, decembro, páxs. 270-271.
  5. Harper, Douglas: Online Etymology Dictionary. Voz "Macedonia" Arquivado 05 de decembro de 2015 en Wayback Machine..Consultada o 15/2/2012.
  6. OED: from L. Macedonius "Macedonian", from Gk. Makedones, lit. "highlanders" or "the tall ones", related to makednos "long, tall", makros "long, large" (see macro-).
  7. Glenn, W. (2006): Hesiod: The Shield, Catalogue of Women, Other Fragments. Loeb Classical Library. Harvard University Press. páx. 49. ISBN 0-674-99623-2.
  8. Borza, Eugene N.: Before Alexander: constructing early Macedonia. Claremont, CA: Regina Books. ISBN 0-941690-97-0
  9. Lane Fox, Robin (2004): Alessandro Magno. Torino: Einaudi, páxs. 17-21.
  10. Treadgold, Warren (1997): A History of the Byzantine State and Society. Stanford: University of Stanford Press. páxs. 421, 478, et passim. ISBN 0-8047-2630-2
  11. Treadgold, W. (1997): Op. cit., páx. 455.
  12. Imber, Colin (2005): El Imperio otomano, 1300–1650). Sección "Estrutura do poder". Barcelona: Ediciones B. (Ed. orix. The Ottoman empire, 1300-1650, 2004, Houndmills, Basingstoke, Hampshire, R.U.: Palgrave Macmillan.Lecturalia Consultada o 16/2/2012.
  13. Inalcik, Halil (2000): The Ottoman Empire: the classical age 1300-1600. Phoenix Press. [1] Consultada o 1672/2012.
  14. Pitcher, Donald Edgar (1972): An historical geography of the Ottoman empire from earliest times to the end of the sixteenth century. Leiden: E. J. Brill.
  15. Miller, William (1936): The Ottoman Empire and its successors, 1801-1927. Cambridge, R. U.: The University Press, páxs. 9, 447-9. (Reimpr. Routledge, 1966) [2] Consultada o 16/2/2012.
  16. Comstock, John L. (1929): History of the Greek Revolution; compiled from official documents of Greek Government; [...] and other autentic soureces. New York, páx. 5. PDF Consultada o 16/2/2012.
  17. Poulton, Hugh (2000): Who are the Macedonians?. Indiana University Press, páxs. 85-86 ISBN 0-253-21359-2 capítulo: Grecia Consultada o 16/2/2012.
  18. The Library of Congress, Country Studies. Yugoslavia. Consultada o 16/2/2012 (en inglés)
  19. O nome constitucional de "República de Macedonia" e o nome curto "Macedonia" para referirse ao país, poden ser considerados como ofensivos por moitos gregos, especialmente os habitantes da rexión grega de Macedonia.
  20. Macedonia é o nome co que comunmente se designa o estado soberano oficialmente coñecido como "República de Macedonia", establecido oficialmente tras a súa independencia de Iugoslavia, o 8 de setembro de 1991, e tamén denominado como "Antiga República Iugoslava de Macedonia".
  21. ICL Constitución da República de Macedonia Arquivado 22 de xullo de 2006 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 16/2/2012
  22. McCarthy, Justin (2001): The Ottoman peoples and the end of empire. London: Oxford University Press ISBN 0-340-70657-0
  23. 23,0 23,1 23,2 23,3 23,4 Wilkinson, H. R. (1951): Mapas e políticas; una revisión de la cartografía etnográfica de Macedonia. Liverpool: Liverpool University Press. Clasificación da Biblioteca do Congreso (LCC) Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. DR701.M3 W5 Páxinas: (0) p.1, (1) pp. 2-4,99, 121 e ss., (3) p.120, (4) pp.4,99, 137 (5) pp. 2,4.
  24. 24,0 24,1 "Macedonian" no Oxford English Dictionary, marzo de 2005.
  25. Cleanthes Nicolaides, "Mapa de pobos e linguas de Macedonia" Arquivado 24 de abril de 2014 en Wayback Machine.
  26. En 1947, durante a guerra civil grega, o Ministerio de Prensa e Información de dito país publicou un libro titulado I Enandion tis Ellados Epivoulis ("Deseños de Grecia"), correspondente a unha serie de documentos e discursos iugoslavos sobre o debate macedonio desa época. Neste libro informábase do uso do termo "Macedonia exeica" por parte de Josip Broz Tito, o 11 de outubro de 1945, durante as fases previas ao conflito interno grego; o documento orixinal está arquivado como ‘GFM A/24581/G2/1945’. Para o goberno grego, este termo (xunto co de "Macedonia de Pirin") fora cuñado polos iugoslavos. Estas informacións poden ser interpretadas en Grecia como parte dunha ofensiva iugoslava para reclamar territorios gregos, aínda que o goberno helénico non tomou parte nesta polémica.
  27. A pesar do uso do termo "Macedonia de Pirin" por nacionalistas búlgaros, moitos búlgaros poden considerar este termo como ofensivo, ao ser tomado como parte das "campañas macedonistas" de irredentismo para a formación dunha Macedonia unida. Por outro lado, moitos habitantes búlgaros consideran esta denominación como puramente xeográfica sen ningún outro tipo de connotación.
  28. VMRO-BND (Partido Nacional Búlgaro) Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en búlgaro). Consultada o 16/2/2012.
  29. Club para Iniciativas Fundamentales, КАК СТАВАХ НАЦИОНАЛИСТ Arquivado 20 de agosto de 2006 en Wayback Machine. (en búlgaro). Consultada o 16/2/2012.
  30. 30,0 30,1 30,2 Danforth, L. M. (1997): O conflito macedonio: nacionalismo étnico nun mundo transnacional. Princeton University Press, páx. 44. ISBN 0-691-04356-6
  31. 31,0 31,1 myMacedonia.net Arquivado 04 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 16/2/2012.
  32. 32,0 32,1 Véxase nota 39.
  33. Encyclopædia Britannica. Macedonia. (en inglés) Consultada o 16/2/2012.
  34. Véxase nota 40.
  35. Sitio oficial do Goberno de Blagoevgrado Arquivado 27 de abril de 2007 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 16/2/2012.
  36. 36,0 36,1 CIA "Macedonia" in The World Factbook Arquivado 19 de xullo de 2006 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 16/2/2012.
  37. Aínda que termo era aceptado sen problemas no pasado, o termo "eslavomacedonio" utilizado para referirse ao grupo étnico ou ao seu idioma pode ser considerado como pexorativo por eles.
  38. ligando Microsoft Encarta Former Yugoslav Republic of Macedonia. Arquivado 23 de outubro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 16/2/2012.
  39. [...] o termo "eslavomacedonio" foi introducido e aceptado pola propia comunidade (de orixe eslava en Grecia), que naquel tempo tiña unha conciencia étnica macedonia non-helénica moito máis aceptada. Desafortunadamente, de acordo con membros da comunidade, este termo sería utilizado polas autoridades gregas dunha forma pexorativa e discriminatoria; de aí o rexeitamento ou hostilidade dos actuais macedonios gregos (é dicir, as persoas cunha identidade nacional macedonia) de aceptala. Greek Helsinki Monitor.
  40. Véxanse as notas 17 e 18.
  41. 41,0 41,1 British Council — Bulgaria — Macedonios de Bulgaria Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 16/2/2012.
  42. Os arromaneses son un pobo que vive ao longo do sur dos Balcáns, especialmente no norte de Grecia, Albania, a República de Macedonia e Bulgaria, así como unha comunidade emigrante en Romanía (Dobruxa). Son o segundo grupo de valacos máis numeroso dos actuais romaneses. Falan o arromanés, unha lingua románica relacionada co romanés, frecuentemente clasificada como un dialecto seu (V. Enciclopedia británica). Dado que as dúas linguas proveñen do latín, os historiadores cren que o vínculo lingüístico con Romanía interrompeuse entre o século VII e o IX, cando o protorromanés xa estaba formado.
  43. O nome constitucional "República de Macedonia" e o seu nome curto "Macedonia" para referirse ao país, poden seren considerados como ofensivos por moitos gregos, especialmente os habitantes da rexión grega de Macedonia.
  44. 44,0 44,1 44,2 Instituto Estatal Estatístico da República de Macedonia. Censo 2002 (en inglés) Consultada o 16/2/2012.
  45. Macedonia. Constitution (en inglés) Consultada o 16/2/2012.
  46. CIA. The World Factbook Arquivado 14 de novembro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 16/2/2012.
  47. Secretaría Xeral do Servizo de Estatísticas Nacionais de Grecia. Censo 2001 (en grego) Consultada o 16/2/2012.
  48. Pomeroy, S. M., Burstein, S., Dolan, W. & Roberts, J. (2001): La Antigua Grecia: Historia política, social y cultural. Barcelona.
  49. Savill, Agnes (1990): "Accession of Alexander", in Alexander the Great and his Time. Barnes & Noble Publishing, páxs. 9–10. ISBN 0-88029-591-0
  50. Brithis Council. Macedonia Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 16/2/2012.
  51. Instituto Nacional de Estatísticas (de Bulgaria). Censo 2001 (en búlgaro) Consultada o 16/2/2012.
  52. Pririneiro = que vive no Pirin.
  53. Български новини: Поне един ден веселие и безгрижие Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en búlgaro) Consultada o 16/12/2012.
  54. Ethnologue. "Informe sobre o idioma macedorromanés" (en inglés) Consultada o 16/2/2012.
  55. 55,0 55,1 Dicionario inglés Oxford — Revisión de marzo de 2005 — "Macedo-"
  56. Diccionario da Real Academia Galega. (1a ed.). A Coruña: Real Academia Galega (publicado o 1999). 1997. ISBN 978-84-8288-150-8. OCLC 38990276. Consultada o 16/2/2012.
  57. Carballeira Anllo, Xosé Mª (coord.) (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. Volume II. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-072-8
  58. Sitio web de Edicións Xerais de Galicia Arquivado 18 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en galego) Consultada o 16/2/2012.
  59. 59,0 59,1 Lémbrese que o nome constitucional de "República de Macedonia" e o seu nome curto "Macedonia", e os seus derivados, para referirse ao país, poden ser considerados como ofensivos por moitos gregos, especialmente os habitantes da rexión grega de Macedonia.
  60. Poulton, H., Op. cit.
  61. Ethnologue. "Informe sobre o idioma macedonio" (en inglés) Consultada o 17/2/2012.
  62. The Linguist List Arquivado 18 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 17/2/2012.
  63. Hammond, N. G. L. (1989): The Macedonian State. Origins, Institutions and History. Oxford University Press. páxs. 12–13. ISBN 0-19-814927-1.
  64. Masson, Olivier (2003) [1996]: The Oxford Classical Dictionary (revised 3rd ed.), S. Hornblower and A. Spawforth (eds.). USA: Oxford University Press. páxs. 905–906. ISBN 0-19-860641-9.
  65. Ahrens, Franz Heinrich Ludolf (1843), De Graecae linguae dialectis, Gotinga, 1839-1843 ; Hoffmann, O. Die Makedonen. Ihre Sprache und ihr Volkstum, Gotinga, 1906 (en alemán)
  66. Joseph, B. (2001): "Ancient Greek", in: J. Garry et al. (eds.) Facts about the world's major languages: an encyclopedia of the world's major languages, past and present. Consultábel en liña (en inglés) Consultada o 17/2/2012.
  67. Mallory, J. P. e Adams, D. Q., ed. (1997): Encyclopedia of Indo-European culture. Taylor & Francis Inc. páx. 361. ISBN 1-884964-98-2 (en inglés) Consultada o 19/2/2012.
  68. Brixhe C., Panayotou A. (1994): "Le Macédonien", in: Langues indo-européennes, ed. Paris: Bader, páxs. 205–220.
  69. Dubois, L. (1995): "Une tablette de malédiction de Pella: s'agit-il du premier texte macédonien?", in Revue des Études Grecques (REG), 108:190-197. (en francés) Consultada o 19/2/2012.
  70. Lémbrese, unha vez máis, que o nome constitucional de "República de Macedonia" e o seu nome curto "Macedonia", e os seus derivados, para referirse ao país, poden ser considerados como ofensivos por moitos gregos, especialmente os habitantes da rexión grega de Macedonia.
  71. Lunt, H.; Dogo, Marco (1986): "On Macedonian Nationality". Slavic Review, Vol. 45, nº 4, páxs. 729–734. [3] (en inglés) Consultada o 19/2/2012.
  72. Lémbrese, mais unha vez, que o nome constitucional de "República de Macedonia" e o seu nome curto "Macedonia", e os seus derivados, para referirse ao país, poden ser considerados como ofensivos por moitos gregos, especialmente os habitantes da rexión grega de Macedonia.
  73. Ministerio de Asuntos Exteriores da República Helénica. "Antiga República Iugoslava de Macedonia — A polémica sobre o nome" Arquivado 08 de xullo de 2006 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 19/2/2012.
  74. "Acordo provisional entre a República Helénica e a Antiga República Iugoslava de Macedonia", Nacións Unidas, 13 de setembro de 1995. (en inglés)Consultada o 19/2/2012.
  75. A forma abreviada de referirse á República de Macedonia (ARIM en galego ou FYROM en inglés) ao igual que o termo "Antiga República Iugoslava de Macedonia" pode ser ofensivo para algúns habitantes de dito país, ao consideraren que se ignora o seu dereito á autodeterminación; mesmo pode ser ofensivo en certos contextos para os gregos, polo feito de conter a palabra "Macedonia".
  76. Nacións Unidas. "Admisión dos estados candidatos segundo o documento A/47/876-S/25147 á seren membros das Nacións Unidas (en inglés) Consultada o 19/2/2012.
  77. Unión Europea. Comisión Europea. "Ampliación: a Antiga República Iugoslava de Macedonia" Arquivado 09 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)Consultada o 19/2/2012.
  78. OTAN. "Ampliación" (en inglés) Consultada o 19/2/2012.
  79. Fondo Monetario Internacional. "A Antiga República Iugoslava de Macedonia e o FMI (en inglés) Consultada o 19/2/2012.
  80. [http://www.wto.org/english/thewto_e/countries_e/macedonia_e.htm Organización Mundial do Comercio. "A Antiga República Iugoslava de Macedonia e a OMC". (en inglés) Consultada o 19/2/2012.
  81. Comité Olímpico Internacional. "Comité Olímpico da Antiga República Iugoslava de Macedonia" (en inglés) Consultada o 19/2/2012.
  82. [http://web.worldbank.org/WBSITE/EXTERNAL/COUNTRIES/0,,pagePK:180619~theSitePK:136917,00.html Banco Mundial. "Países e rexións"] Arquivado 16 de xullo de 2006 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 19/2/2012.
  83. EBRD Banco Europeo para a Reconstrución e o Desenvolvemento. O BERD e a ARI de Macedonia" Arquivado 16 de marzo de 2006 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 19/2/2012.
  84. The Organization for Security and Co-operation in Europe. "Former Yugoslav Republic of Macedonia admitted to OSCE" (en inglés) Consultada o 19/2/2012.
  85. FIFA. "ARI de Macedonia" Arquivado 06 de agosto de 2006 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 19/2/2012.
  86. FIBA. "ARI de Macedonia" (en inglés) Consultada o 19/2/2012.
  87. Sitio oficial da Municipalidade de Salónica. "Discurso do alcalde de Salónica, Vassilis Papageorgopoulos, na sinatura do protocolo de irmandamento coa cidade de Calcuta"[Ligazón morta] (en grego) Consultada o 19/2/2012.
  88. The Times, 5/08/57, "Greek Macedonia 'not a problem' ".
  89. Patrides, revista da comunidade grega de Toronto, edición set.-out. de 1988, páx. 3. (en inglés)
  90. Siomons, Marlise: "Mentres a República cede, os gregos tensan máis" New York Times, 3/02/92.
  91. Lenkova, M.; Dimitras, P.; Papanikolatos, N. & Law, C. (eds.) (1999): "Minorías en Europa Sudoriental: Macedonios de Bulgaria" in Greek Helsinki Monitor. PDF Arquivado 23 de xullo de 2006 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 16/2/2012.
  92. Bulgarians in Mala Prespa and Golo Brdo Arquivado 05 de marzo de 2009 en Wayback Machine.(en inglés) Consultada o 16/2/2012.
  93. Makedonija — información xeral. Consultada o 16/2/2012.
  94. A visión da "Gran Macedonia" Arquivado 02 de novembro de 2007 en Wayback Machine.. Consultada o 16/2/2012.
  95. The Macedonian Times, periódico mensual, edición nº 23, xullo-agosto de 1996. "Bispo Tsarknjas"
  96. Datos da República de Macedonia. ed. 1994 páx. 14., Secretaría de Información da República de Macedonia, en Skopje. ISBN 9989-42-044-0.
  97. Reseña da historia de Macedonia desde os tempos antigos até 1991 Arquivado 06 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. Sitio oficial da Embaixada da República de Macedonia en Londres. (en inglés) Consultada o 16/2/2012.
  98. 98,0 98,1 "Como unha muller pode dar a luz a un grego e a un macedonio?" in Loring M. Danforth, A construción da identidade nacional dos inmigrantes de Grecia setentrional en Australia. (en inglés) Consultada o 16/2/2012.
  99. MacedonianInfo. (en inglés).
  100. Instituto Científico Macedonio]. (en inglés)
  101. Ελληνικές Γραμμές ("Liñas helénicas") Arquivado 02 de setembro de 2006 en Wayback Machine. (en grego) Consultada o 21/2/2012.
  102. Giza, Antony Os países balcánicos e a cuestión macedonia. (en búlgaro).
  103. AIMpress Sofia — Skopje. "Bulgaria recoñe o dioma macedonio" 22/2/2006 Arquivado 17/12/1999, en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 21/2/2012.
  104. Dimitrov, Bozhidar (2004): As dez mentiras do Macedonismo] Estrumica, República de Macedonia: Blaže Koneski. ISBN 954-07-1807-4 (en búlgaro).
  105. Poulton, H. (2000), Op. cit.
  106. 106,0 106,1 106,2 Tegopoulos, Fytrakis (1997): Μείζον Ελληνικό Λεξικό (Mízon Hellinikó Lexikó). Ekdoseis Armonia A.E., páxs. 674, 1389. ISBN 960-7598-04-0
  107. Greek Helsinki Monitor (GHM) e Grupo de Dereitos das Minorías en Grecia (MRG-G), 13-03-2002: "EBLUL e EUROLANG cambian as referencias ao "idioma eslavomacedonio" en favor de "idioma macedonio" tras as críticas da diáspora macedonia e de ONGs de defensa dos dereitos de minorías" Arquivado 18-03-2003 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 22/2/2012.
  108. Nystazopoulou — Pelekidou, M. (1992): "A República de Skopje e os límites xeográficos setentrionais de Macedonia" in A "cuestión macedonia": Unha revisión histórica. Universidade Xónica. ISBN 960-7260-01-5 (en inglés) Consultada o 22/2/2012.
  109. SS o Arcebispo de Atenas e de toda Grecia, Cristodoulos: "O arcebispo e o problema da denomiación da ARIM". Ecclesia: sitio oficial da Igrexa de Grecia, 17-11-2004 (en inglés) Consultada o 22/2/2012.
  110. 110,0 110,1 Ελληνικές Γραμμες (Liñas Helénicas) Arquivado 01 de setembro de 2006 en Wayback Machine. (en grego) Consultada o 22/2/2012.
  111. Geonames. "Macedonia en diferentes idiomas" Arquivado 07 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 22/2/2012.
  112. Greek Helsinki Monitor (GHM) "Os macedonios". 1993 - 1996. Arquivado 21 de setembro de 2006 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 22/2/2012.
  113. Forum Macedonia (en inglés) Consultada o 22/2/2012.
  114. 114,0 114,1 ЕНЦИКЛОПЕДИЈА Британика (Enciclopedia Británica): Maкедонија (Macedonia). Скопје (Skopje): Топер, 2005.] (en macedonio)
  115. A1 TV: Средба на Македонците од Егејска Македонија во Трново Arquivado 09 de novembro de 2007 en Wayback Machine. (en macedonio) Consultada o 22/2/2012.
  116. 116,0 116,1 Sitio oficial da Presidencia da República de Macedonia. Остварени средби на Претседателот Бранко Црвенковски за време на неговата посета на Канада Arquivado 02 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. (en macedonio) Consultada o 22/2/2012.
  117. Македонска Трибуна (Makedonska Tribuna): Народ, който не познава своята собствена история, се поддава на асимилация Arquivado 22 de outubro de 2006 en Wayback Machine. (en búlgaro) consultda o 22/2/2012.
  118. ProMacedonia Dimitar G. Gotsev: "The new national-liberation struggle in Vardar Macedonia, 1944-1991" (en inglés) Consultada o 22/2/2012.
  119. Tribune: Кој го ослободи Марјановиќ од вистината? Кој за што, професорот за “најодвратните бугараши” Arquivado 10 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en macedonio) Consultada o 22/2/2012.
  120. diri.bg Клубове (en inglés) Consultada o 22/2/2012.
  121. MacedonianTruth (en inglés) Consultada o 22/272012.
  122. HR-net "The Macedonian affair: a historical rewiew of the attempts to create a conterfeir Nation" (en inglés) Consultada o 22/12/2012.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Borza, Eugene N. (1999): Before Alexander: constructing early Macedonia. Claremont, California: Regina Books ISBN 0-941690-97-0
  • Brown, Keith (2003): The past in question: Modern Macedonia and the uncertainties of Nation. Princeton, New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-09995-2
  • Danforth, Loring M. (1995), The Macedonian Conflict: ethnic nationalism in a transnational world Princeton, New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-04357-4
  • Fox, Robin Lane (1973): Alexander the Great. Londres: Peinguin Books. ISBN 0-14-008878-4
  • Kontogiorgi, Elisabeth (2006): Population exchange in Greek Macedonia: The rural settlement of refugees 1922-1930. Oxford, United Kingdom: Clarendon Press. ISBN 0-19-927896-2
  • Mackridge, Peter e Yannakakis, Eleni (1997): Ourselves and others: The development of a Greek Macedonian cultural identity since 1912. Oxford, United Kingdom: Berg Publishers. ISBN 1-85973-138-4
  • Rossos, Andrew (2008): Macedonia and the Macedonians: A History. Stanford, California: Hoover Press (Stanford University). ISBN 0-8179-4882-1
  • Van Boeschoten, Riki (2006): "Code-switching, Linguistic Jokes and Ethnic Identity: Reading Hidden Transcripts in a Cross-cultural Context" in Journal of Greek Studies, 24, páxs. 347–377.
  • Wilkinson, Henry Robert (1951): Maps and politics; a review of the ethnographic cartography of Macedonia. Liverpool: Liverpool University Press.

Outros artigos editar