Skopje (en macedonio: Скопје ou Skopje; en albanés: Shkup) é a capital e a maior cidade de Macedonia do Norte. No período romano era coñecida baixo o nome de Skupi. A cidade desenvolveuse rapidamente trala fin da segunda guerra mundial, aínda que esta tendencia rematou en 1963, ano no que foi esnaquizada por un gran tremor de terra.

Modelo:Xeografía políticaSkopje
Скопје (mk) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°59′46″N 21°25′54″L / 41.9961, 21.4317Coordenadas: 41°59′46″N 21°25′54″L / 41.9961, 21.4317
EstadoMacedonia do Norte
Statistical region of North Macedonia (en) TraducirSkopje Statistical Region (en) Traducir
Subdivisões da República da Macedónia (pt) TraducirGreater Skopje (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación526.502 (2021) Editar o valor em Wikidata (921,33 hab./km²)
Xeografía
Superficie571,46 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porVardar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude270 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónTheotokos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoDanela Arsovska (pt) Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal1000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico02 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Lecce
Tashkent
Niš (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 29+

Páxina webskopje.gov.mk Editar o valor em Wikidata

Hoxe en día Skopje é unha cidade moderna con interese polos monumentos culturais do pasado. A cidade atópase no curso superior do río Vardar nunha ruta principal na península balcánica, entre Belgrado e Atenas. A cidade ten unha poboación de 515.419 habitantes (censo de 2002). É un importante centro siderúxico, así como das industrias química, madeireira, téxtil e publicitaria. O desenvolvemento industrial da cidade foi acompañado por un desenvolvemento intensivo dos sectores do comercio e da banca, así como por unha énfase nos campos da cultura e do deporte.

Segundo o censo nacional de 2002, a poboación de Skopje era de 506.926 habitantes. O grupo étnico principal é o dos macedonios, que constitúen o 66,75 % da poboación, seguido polos albaneses (20,49 %), xitanos (4,63 %), serbios (2,82 %), turcos (1,7 %), bosníaco (1,5 %) e romaneses (0,5 %).


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.