Filipo II de Macedonia

rei de Macedonia entre 356 e 336 a.C

Filipo II (en grego Φίλιππος), nado en Pela no 382 a.C. e finado no 336 a.C., foi un rei de Macedonia, o fillo máis novo de Amintas III.

Infotaula de personaFilipo II de Macedonia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Φίλιππος Β΄ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento383 a. C. ↔ 382 a. C. Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte336 a. C. Editar o valor em Wikidata (39/49 anos)
Aigai (Reino de Macedonia) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaTomb of Philip II of Macedon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rei da Macedónia (pt) Traducir
359 a. C. – 336 a. C.
← Pérdicas III da Macedónia (pt) TraducirAlexandre o Grande → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Macedonia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAntigos macedônios (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónRelixión da Grecia antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalha de Queroneia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Arxéada Editar o valor em Wikidata
CónxuxeOlímpia do Épiro (358 a. C., 357 a. C.–valor descoñecido)
Cleópatra (337 a. C.–)
Meda of Odessos
Filina de Lárissa
Phila of Elimeia
Nicesipolis
Audata
FillosFilipe III da Macedónia (pt) Traducir
 () Filina de Lárissa (pt) Traducir
Cleópatra da Macedónia (pt) Traducir
 () Olímpia do Épiro (pt) Traducir
Europa of Macedon (en) Traducir
 () Cleópatra (pt) Traducir
Cinane (pt) Traducir
 () Audata (en) Traducir
Tessalônica da Macedônia (pt) Traducir
 () Nicesipolis (en) Traducir
Alexandre o Grande
 () Olímpia do Épiro (pt) Traducir
Caranus (en) Traducir
 () Cleópatra (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAmintas III da Macedónia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Eurídice (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsEurynoe (en) Traducir, Pérdicas III da Macedónia (pt) Traducir, Alexandre II da Macedónia (pt) Traducir e Menelau (filho de Amintas III) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Moeda con imaxe de Filipo II de Macedonia.

Durante moitos anos Macedonia fora unha zona inestábel, cuxos reis se asasinaban uns aos outros para conseguiren o poder sobre todas as tribos. Con Filipo chegou o comezo dun grande Imperio. Filipo impuxo o poder sobre os demais e conseguiu que o seu pobo tirase partido da súa vantaxosa posición xeográfica. Segundo os historiadores, as fazañas de Filipo son grandiosas e son a apertura dun camiño de gloria que percorrería o seu fillo Alexandre Magno.

Traxectoria editar

No ano 356 a.C. subiu ao trono de Macedonia o novo Filipo con vinte e dous anos, co nome de Filipo II. Del dise que era un excelente xinete, gran nadador e un soldado moi sufrido en campaña. De xeitos afábeis, conversa animada e gusto polos festíns. Casou con Olimpia, princesa de Epiro, e tivo un fillo, Alexandre, que sería coñecido posteriormente como Alexandre Magno.

Filipo pasara tres anos en Tebas en calidade de refén e alí estudara de preto os exércitos gregos e a súa política. Decatouse de que a nova táctica da ruptura que se ensinaba aos soldados, baseada integramente na falanxe, podía mellorarse moito. No campo político deuse de conta de que Tebas xa non era a cidade forte ante Atenas, que se debilitaba e deixaría de dominar. A idea deste rei era chegar á unidade política de todos os pobos gregos baixo o seu mando.

O exército editar

A súa primeira tarefa foi organizar un bo exército, competente, disciplinado e numeroso, capaz de se enfrontar cos máis grandes pobos daquel mundo coñecido, capaz de dominalo, como o fixo, ao longo de dous séculos. Filipo preparou o exército non con mercenarios, senón cos seus súbditos, para o posterior triunfo de Alexandre Magno, do mesmo xeito que Caio Mario preparou en Roma o exército que faría triunfar a César. O biógrafo grego Plutarco (c. 46-125) escribiría séculos despois esta coincidencia na súa grande obra Vidas paralelas.

O rei proporcionaba as armas:

  • casco.
  • coiraza de coiro.
  • escudo pequeno e redondeado.
  • espada curta.
  • lanza de 6 metros e medio, chamada sarissa. Era famosa esta lanza, a máis longa e pesada que se coñece da antigüidade.

Este exército compúñase de:

  • cabalaría pesada (formada pola nobreza). Anteriormente os reis macedonios posuían unha tropa de xinetes nobres que formaban a súa escolta, chamados hetairoi (compañeiros do rei). Filipo organizou ao seu modo esa cabalaría e deulles a todos as mesmas armas: coiraza metálica, xavelina e sabre. Eran en total 800 homes, e a súa especialidade era a carga frontal.
  • cabalaría lixeira. Era a encarregada de iniciar o combate e apoiar a falanxe atacando os flancos inimigos.
  • infantaría (formada pola masa do pobo).
  • falanxe (onde estaban os homes máis robustos). Estaba formada por guerreiros armados con lanzas, que entraban en combate de forma frontal e sen separar as liñas. Con Filipo adquiriron tanta importancia que os denominou pezetairoi (compañeiros a pé do rei).

Ao principio este exército compúñano 10.000 soldados. Aos poucos foi engrosando en número e alcanzou os 30.000 efectivos. Chegou a ser moi superior a todos os outros exércitos dos distintos pobos gregos, sendo non só superior en número de continxentes, senón nun aspecto fundamental como era a organización e a disciplina. Filipo sabía que os gregos se foran relaxando nos seus costumes e xa que logo tratou de corrixir os fallos e erros. Os soldados gregos temían as grandes marchas, nunca se puñan en campaña se non era primavera, levaban moitos carros e serventes consigo, o que facía que se enchesen os campos e atrasasen as marchas. Desde un principio, Filipo obrigou os seus soldados a camiñar 50 km diarios levando as súas armas e bagaxes, prohibiu levar vehículos e só consentiu un servente por cada 10 homes e un tamén para cada xinete. Ademais fixo campañas no inverno. Era moi ríxido e contaba coa disciplina por riba de todo.

Para a loita no campo de batalla colocábanse en falanxe, que era a masa regular. A falanxe non era un invento de Filipo, xa existía entre os gregos, pero el soubo perfeccionala. A falanxe macedonia constaba de 16 filas de homes armados coa sarissa. Os das 6 primeiras filas sostiñan coas dúas mans a lanza tendida en dirección ao inimigo. Por diante deles ían asomando as lanzas das filas dos que estaban detrás, de maneira que a formación quedaba así:

  • Na primeira fila a lanza ou sarissa avanzaba 6 metros (6 e medio, ás veces).
  • A segunda fila excedía a súa lanza en 5 metros á primeira.
  • A terceira excedía en 4 metros.
  • A cuarta excedía en 3 metros.
  • A quinta en 2 metros.
  • A sexta en 1 metro.

As últimas filas sostiñan a súa lanza cara a arriba, mantíñanse á expectativa e cubrían baixas. En caso necesario, as oito últimas filas facían fronte á beira oposta, volvendo as costas aos seus compañeiros. Entón formábase unha agrupación impenetrábel. A falanxe era unha masa pesada, de movementos lentos, que só podía manobrar en terreo chan. Para movementos rápidos, escalar alturas e atrincheiramentos, Filipo contaba con infantes que levaban un escudo pequeno e armas lixeiras.

Outra cuestión da que se ocupou o rei foi da maquinaria de guerra, que chegou a ser a máis completa que os historiadores coñezan ata agora. Empregábase para cercar cidades e constaba de catapultas (que lanzaban grandes pedras e tizóns acesos) e torres móbiles para alcanzar as murallas. Con este exército tan preparado e tan ben equipado Alexandre Magno puido realizar os soños do seu pai Filipo: conquistar Persia.

As vitorias editar

A súa campaña comezou polos arredores das terras de Macedonia. No -355 conquistou a cidade de Crenidas, (á que bautizou co seu nome chamándoa Filipos ou Filípolis) preto da costa do mar Exeo, na beira do río Hebro e alén da zona mineira do monte Panxeo. Desde esta cidade podía ter o control absoluto da produción de ouro e a partir dese momento, Filipo puido cuñar neste metal e deixar de lado a prata que patrocinaban outras cidades. No ano -349 invadiu a Península Calcídica e no -348 destruíu a súa principal cidade, Olinto. Seguiu cara ao sur e conseguiu ser o gobernador da rexión de Tesalia.

A primeira vitoria de Filipo no territorio dos gregos foi no ano -346 en que venceu á rexión de Focea (no centro da península grega). Esta vitoria deu a alerta xeral, aqueles bárbaros co seu rei á fronte debían ser tidos en conta. A partir deste momento, Macedonia foi admitida (aínda que non de moi bo grado) no consello de cidades, o que se chamaba Anfictionía, e Filipo aproveitou a súa posición na devandita Liga para dominar os asuntos de Grecia e ter o control do Oráculo de Delfos, de primordial importancia para calquera decisión militar ou política que fose preciso tomar.

No ano -338, Filipo, co seu grande exército, dirixiuse a Queronea (Beocia) e arrasou literalmente as hostes de Tebas e Atenas, que, aínda que inimigas, se aliaran temporalmente fronte a un inimigo común. Nesta batalla, o seu fillo Alexandre, de 18 anos de idade, tiña ás súas ordes 1.800 xinetes. Logo desta gran vitoria, Filipo comportouse sabiamente dando mostras de gran político; non humillou os vencidos mais impúxolles a paz do vencedor e deulles a coñecer os seus ambiciosos planos: invadir Asia e destruír o Imperio Persa.

O eterno rival de Filipo foi o ateniense Demóstenes, político e orador, que mantivo en odio perpetuo contra Filipo e Macedonia os seus concidadáns. Demóstenes ansiaba a guerra custase o que custar, malia a paz imposta, e cos seus discursos enervou e prolongou a inimizade de Atenas contra Macedonia. Son as famosas Filípicas, palabra que nos nosos días empregamos cando dicimos que alguén lle berra moito a outro.

Matrimonios e descendencia editar

Morte de Filipo editar

 
Macedonia á morte de Filipo II

No ano -337, Filipo divorciouse de Olimpia. A súa intención era volver a casar cunha nobre macedonia. Para aplacar o descontento dos nobres de Molosia (de onde era Olimpia), tramou un matrimonio de conveniencia entre a súa propia filla Cleopatra e un irmán de Olimpia (ou sexa, un tío de Cleopatra) que era rei vasalo en Molosia.

Para a voda organizáronse grandes festas en Pella (capital de Macedonia). Desde o amencer avanzaban en procesión solemne as estatuas dos doce deuses sentados en tronos luxosos moi adornados. Unha estatua facía a número trece: era a efixie do grande Filipo. Houbo un grande banquete e a continuación todos se dirixiron para o teatro para terminaren alí o agasallo. Chegou Filipo, que se vestira de branco para a ocasión, e cando se dispuña a entrar no recinto, abalanzóuselle un novo nobre macedonio e feriuno nun costado. Morreu ao instante alí mesmo. O asasino chamábase Pausanias (como o famoso xeneral do século -V e o famoso historiador do século II) e díxose entón que fora unha vinganza persoal. A verdade non se soubo nunca.

Os historiadores de todos os tempos barallaron moitas teorías sobre o caso. O primeiro que fixeron sempre foi preguntarse quen saía beneficiado coa morte de Filipo. Pero esta pregunta ten moitas réplicas. Varios personaxes puideron estar implicados:

Cada autor presenta a súa tese e as súas teorías, mais o asasinato de Filipo segue a ser un misterio para a Historia da Humanidade.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar