Dinastía Arxéada

A dinastía arxéada ou dinastía dos arxéadas (en grego antigo οἱ Ἀργεάδαι, hoxe Argeádai), foi a familia que reinou no Reino de Macedonia, nación ao norte de Grecia, desde 700 a.C. até 309 a.C. Os arxéadas dominaron Grecia e fundaron o Imperio macedonio (ou Imperio helénico). Os membros máis famosos da casa real foron Filipo II, que unificou aos gregos, e o seu fillo Alexandre o Grande, que derrotou ao Imperio Persa e creou o seu propio imperio.

Dinastía Arxéada
Sol de Verxina
PaísMacedonia, (Grecia antiga)
TítulosBasileus de Macedonia, Xa de Persia, Señor de asia, Faraón de Exipto, Hexemón da Liga Helénica
FundadorCarano de Macedonia
Último gobernanteAlexandre IV de Macedonia
Fundación808 a.C.
Disolución310 a.C.

Orixe mítica editar

Segundo Plutarco de Queronea, esta dinastía descendía de Arxeas, un xeneral macedonio. Unha tradición fainos descender dun tal Témeno, tataraneto de Heracles e orixinario da cidade de Argos; de aí o nome de arxéadas da dinastía.[1][2]

Foi Alexandre I (498 a.C.-454 a.C.), quen promoveu o mito de que os seus antepasados eran Teménidas.

Heródoto debeu de informarse da pretendida ascendencia grega da casa real dos arxéadas durante a súa estadía en Macedonia e fala dela na súa Historia.[3]

Helánico viviu en compañía de Heródoto na corte de Amintas [debe ser un erro por Alexandre I], rei de Macedonia.
Suda [4]

Ao afirmar o carácter grego dos reis macedonios o historiador de Halicarnaso facíase eco da simpatía que, na súa época, sentía Atenas cara a Macedonia.

Cómpre destacar, porén, que os reis macedonios considerábanse a si mesmos reis gregos dun pobo bárbaro (estranxeiro), co que se diferenciaban etnicamente dos seus súbditos.[5]

Historia editar

Segundo Tucídides, os teménidas conquistaron Macedonia, tras derrotar aos pieres, habitantes de Pieria, expulsaron os botieos, habitantes de Botiea, e conquistaron o territorio de Peonia comprendido entre o río Axiós e a cidade de Pella, até o mar. Ocuparon a rexión de Migdonia despois de desaloxar aos tracios edones, e fixeron o propio cos eordios, aos que practicamente exterminaron, e que vivían na rexión chamada Eordia.[6] Tamén expulsaron das súas terras da rexión de Almopia aos almopes.[7] Fixéronse donos de máis pobos e cidades, como Antemunte,[8] Crestonia, Bisaltia e dunha gran parte dos territorios que, xunto a estas rexións, no seu conxunto, se denominarían Macedonia.[9]

A liñaxe dos arxéadas extinguiuse nas Guerras dos Diádocos,[10] durante as cales Alexandre IV e a súa nai, Roxana, foron asasinados.

Os soberanos arxéadas estiveron no século V a.C. baixo a tutela persa. O rei de quenlla debía prestar xuramento de fidelidade aos aqueménidas para conservar o seu reino. Alexandre I seguiu ao exército de Xerxes I. Xenofonte di que en Platea, Alexandre confiara os plans de Xerxes aos gregos.

Macedonia ampliou seu territorio cara ao leste perseguindo aos persas na súa derrota. A medida que se estendían, encontraron ao leste as poboacións tracias, ao norte, aos peonios e ao oeste aos ilirios.

Sempre estaban en guerra. Durante o século V a.C., o problema complicouse coa chegada dos atenienses, que querían a toda costa a Calcídica e chocaron cos macedonios, que tamén tiñan a vista posta sobre estas cidades litorais.

Os reis macedonios aproveitaron a Guerra do Peloponeso para eliminar a Atenas da cidade de Anfípolis e recorreron a Esparta para loitar contra Atenas. Á final, os soberanos macedonios libráronse da Guerra do Peloponeso e desfixéronse da presenza ateniense. En 413 a.C., coa chegada de Arquelao I, o enfrontamento con Atenas chegou ao seu fin, e o rei concluíu un tratado comercial cos atenienses. Buscou modernizar o seu reino, co fortalecemento da organización política e militar. Interveu nos asuntos de Tesalia e someteu aos príncipes da Alta Macedonia. Un complot acabou coa vida deste rei.

Entre 399 a.C. e 393 a.C. sucedeu un período de inestabilidade.

Amintas III (393 a.C.-370 a.C.), estivo en constante loita contra as poboacións bárbaras veciñas do seu reino, e puido vencer aos invasores ilirios. Bateu ás cidades gregas de Calcídica, confederadas en torno a Olinto. Os olintios tras negociar co soberano macedonio, trataron de facerse donos dunha boa parte do Reino de Macedonia. Amintas III debeu a súa salvación á intervención de Esparta contra Olinto a pediu a disolución da confederación calcídica. Amintas III tratou de acercarse aos atenienses e aos tebanos ao final do seu reinado. Á súa morte en 370 a.C.–369 a.C. lograra conservar o seu reino san e salvo.

Un novo período de inestabilidade abriuse cos chamados soberanos efémeros. En 359 a.C., houbo unha nova invasión dos ilirios. Neste ano, o reino estaba ao bordo do desastre cando ascendeu ao trono Filipo II.

Lista de reis arxéadas editar

Xenealoxía dos arxéadas editar

                         Pérdicas I
                        (700678 a. C.)
                             |
                         Arxeo I 
                        (678640 a. C.)  
                             |
                        Filipo I 
                        (640-602 a. C.)
                             | 
                        Aéropo I 
                        (602576 a. C.) 
                             |
                        Alcetas I 
                        (576547 a. C.)
                             |
                        Amintas I 
                        (547498 a. C.) 
                             |
                        Alexandre I   
                        (498454 a. C.)  
                             |
      ———————————————————————————————————————
     |                                       |
Pérdicas II                       Filipo I de Macedonia
(485-447 a. C.)                           (¿-†.430 a. C.)  
     |                                                    
Arquelao I
(413-399 a. C.)
     |                                            
Período de anarquía tras o asasinato de Arquelao                    
     |
Amintas III - Eurídice a Lincéstide
(389-369 a. C.)
          | 
    —————————————————————————————————————————————————————————————————————————————  
   |                            |                                                |
 Alexandre II 
(370-368 a. C.)             Pérdicas III                                       Filipo II 
                                                                            (356336 a. C.)          
                          (365-359 a. C.)

Notas editar

  1. Plutarco, Moralia, 331.
  2. Témeno era fillo de Aristómaco, que era neto de Hilo, un fillo de Heracles (Hércules).
  3. Heródoto,v,22; viii,137-139.
  4. Suda, s. v. Hellánikos
  5. Arnaldo Momigliano, Re e popolo in Macedonia prima di Alessandro Magno, en Athenaeum, 13 (1935), páxs. 3-21.
  6. Rexión situada ao leste do territorio dos lincestas e ao norte dos elimiotas.
  7. Rexión de Macedonia setentrional, ao oeste do río Axio e ao norte de Eordia.
  8. Na Calcídica occidental, á beira do río do mesmo nome e ao sur de Terma.
  9. Tucídides, Historia da Guerra do Peloponeso, ii,99,3-6.
  10. Chámanse diádocos (do grego antigo διάδοχοι, 'sucesores', de διά diá, 'por' e δέχομαι déchomai, 'recibir') aos antigos xenerais de Alexandre o Grande e aos seus fillos (tamén chamados epígonos, ἐπίγονοι) que, á súa inesperada morte no 323 a.C., repartíronse o seu imperio, disputándose o poder e a hexemonía sobre os seus colegas con diversos pactos e seis guerras, que duraron 20 anos. A continuación, estableceuse un sistema político que até o inicio do Imperio romano no Mediterráneo oriental a principios do século II a.C. propiciou o marco do desenvolvemento cultural coñecido como período helenístico. Nos tempos modernos, desde 1832 até 1974, o termo "diádoco" tamén designaba ao herdeiro ao trono de Grecia, que tamén ostentaba o título de Duque de Esparta. Os termos 'diádoco' e 'epígono' foron cuñados polo historiador alemán Johann Gustav Droysen en 1877, que chamou aos xenerais que se disputaron o poder xusto tras a morte de Alexandre "diádocos", sendo os "epígonos" as seguintes xeracións de reis helenísticos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Heródoto,VII,137-138.
  • Cloché, P. (1960). Histoire de la Macédoine jusqu'à l'avènement d'Alexandre le Grand. Col. Bibliothèque historique. París: Payot.