«Love Me Do»
Canción de The Beatles
do Álbum Please Please Me
Lanzamento Reino Unido - 5 de outubro de 1962
Estados Unidos - 27 de abril de 1964
Formato Sinxelo 7", 45 RPM
Gravada 4 de setembro (versión sinxelo) e 11 de setembro (versión álbum) de 1962 — EMI Studios, Londres
Xénero musical Rock and roll
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 2:22
Discográfica Parlophone (GBR)
Tollie Records (USA)
Produtor(es) George Martin
Escritor(es) Lennon—McCartney
Cronoloxía
«Please Please Me» «Love Me Do» «P.S. I Love You»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

«Love Me Do» é a primeira canción gravada polo grupo británico dos Beatles composta por John Lennon e Paul McCartney, principalmente por este último entre 1958 e 1959. A canción foi lanzada como sinxelo no Reino Unido, na súa primeira versión, o 5 de outubro de 1962, con «P.S. I Love You» ocupando a cara B do disco e figura no primeiro álbum de The Beatles, Please Please Me, comercializado o 22 de marzo de 1963. Alcanzou o n.º 17 nunha das listas británicas, sendo relanzado, xa na súa segunda versión, en 1982, alcanzando nesta ocasión o n.º 4. En Estados Unidos, que desde o principio editouse na súa segunda versión, o sinxelo foi n.º 1 en 1964.

Composición e gravación editar

A canción comezaba cun harmónico de blues tocado por John Lennon, agregándose Lennon e McCartney coas voces principais simultaneamente (George Harrison interveu na harmonía vocal); malia que era Lennon o que tiña que cantar o só do título da canción, finalmente decidiuse que o interpretase McCartney, xa que Lennon tiña que utilizar a harmónica cando regresaban os instrumentos no «do» de «love me doo».

«Love Me Do» foi gravada en varias ocasións con tres baterías diferentes:

  • Os Beatles gravárona primeramente o 6 de xuño de 1962 con Pete Best á batería, como parte da súa audición nos estudos de EMI de Londres.
  • Para o 4 de setembro, Best foi remplazado por Ringo Starr (o produtor George Martin non aprobara a interpretación de Best á batería), e ese mesmo día os Beatles volveron gravar con Starr unha nova versión da canción nos mesmos estudos de EMI.
  • Unha semana despois, o 11 de setembro, os Beatles regresaron ao mesmo estudo para gravar «Love Me Do» co batería de sesión Andy White, xa que George Martin estaba pouco satisfeito coa interpretación de Starr á batería, relegándolle para esta ocasión a que tocase a pandeireta na canción.

Con todo, o primeiro sinxelo dos Beatles incluía a versión de «Love Me Do» con Ringo Starr á batería. Foi esta versión a que só puido alcanzar no Reino Unido o n.º 17 no Record Retailer, unha das catro principais listas musicais que había entón en Gran Bretaña. A versión con Andy White á batería non aparecería ata a edición do álbum Please Please Me en marzo de 1963, á vez que as sucesivas reediciones do sinxelo «Love Me Do» xa o facían coa versión que se incluíu no primeiro LP do grupo e a versión de Pete Best sería incluída na recompilación Anthology 1.

Persoal editar

Na versión gravada o 6 de xuño de 1962 e publicada en Anthology 1:

  • John Lennon - harmónica, voz principal conxunta
  • Paul McCartney - baixo eléctrico, voz principal conxunta
  • George Harrison - guitarra acústica
  • Pete Best - batería
  • Produtor: George Martin

Na versión gravada o 4 de setembro de 1962 e publicada en sinxelo o 5 de outubro de 1962:

Na versión gravada o 11 de setembro de 1962 e publicada no álbum Please Please Me:

  • John Lennon - harmónica, voz principal conxunta
  • Paul McCartney - baixo eléctrico, voz principal conxunta
  • George Harrison - guitarra eléctrica
  • Andy White - batería
  • Ringo Starr - pandeireta
  • Produtor: Ron Richards, en ausencia de George Martin

Outras versións editar

"Love Me Do" foi regravada por outros artistas entre eles: Sandie Shaw en 1969, Ringo Starr no álbum solo de 1998 Vertical Man, Emmerson Nogueira en 2004 e David Bowie cantouna na xira de Ziggy Stardust.

Posición nas listas editar

Ano País Lista Posición
[1][2][3]
Semanas n.º 1 Semanas na lista
1962   Reino Unido Record Retailer 17 18
New Musical Express 27
Melody Maker 21 16
1964   Estados Unidos Billboard Hot 100 67
  • «Love Me Do» na versión con Andy White a batería
Ano País Lista Posición
[4][5][6]
Semanas n.º 1 Semanas na lista
1964   Estados Unidos Billboard Hot 100 1 1 14
Record World 1 1
Cash Box 1 1

Notas editar

  1. "On The Charts". About The Beatles (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2013. Consultado o 26 de diciembre de 2010. 
  2. (Harry 2000, pp. 260—273)
  3. Cross, Craig (2010). "Love Me Do b/w P.S. I Love You". Beatles-discography.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2014. Consultado o 26 de decembro de 2010. 
  4. Price, Randy. "CASH BOX TOP SINGLES – 1964". cashboxmagazine.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2010. Consultado o 25 de diciembre de 2010. 
  5. "Chart Comparisons - Singles" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 25 de diciembre de 2010. 
  6. "The Beatles - Billboard Singles". Allmusic (en inglés). Consultado o 20 de diciembre de 2010. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Harry, Bill (2000). Virgin Publishing, ed. The Beatles — Encyclopedia. Revised and updated. Londres (en inglés). ISBN 0 7535 0481 2. 

Ligazóns externas editar