Músico de sesión

músico dispoñible para ser contratado

Un músico de sesión é un músico dispoñible para ser contratado, a diferenza dos que son membros permanentes dun grupo ou que se fixeron famosos. Aínda que o termo xeralmente refírese a músicos con experiencia en estilos de música contemporáneos como o rock, jazz, country ou pop, tamén se pode usar para describir a músicos de estilos máis tradicionais.

Jimmy Page, quen traballou como músico de sesión, no Madison Square Garden nunha actuación con Led Zeppelin.

Aínda que os termos "músico de sesión" e "músico de estudio" úsanse indistintamente, o último xeralmente reservase para aqueles que traballan exclusivamente en estudios de gravación, ás veces para un único estudio ou selo discográfico.

A versatilidade é unha das características do músico de sesión. A maioría dos músicos de sesión teñen que ser capaces de traballar en distintos equipos, dándose a miúdo o caso de que non se coñecen uns a outros e proceden de distintas contornas.

Os músicos de sesión son utilizados en calquera situación na que se requiren habilidades musicais a curto prazo, desde unhas horas ata moitos meses. Exemplos típicos da utilización de músicos de sesión son:

  • Nun estudio de gravación, proporcionando acompañamento para anuncios e música de películas, e programas de televisión.
  • Para proporcionar acompañamento instrumental ou vocal a artistas ou grupos consolidados, tanto no estudio como en directo.
  • Para actuar como substitutos temporais de membros dun grupo.
  • Para proporcionar instrumentos ou voces adicionais cando un grupo os require.
  • En grupos de teatro.