George Martin

Produtor discográfico, arreglista, compositor, director de orquestra, enxeñeiro de son e músico inglés

Sir George Henry Martin, CBE, nado o 3 de xaneiro de 1926 en Highbury (Londres) e finado o 8 de marzo de 2016[1][2] en Londres, foi un produtor discográfico, arranxador, compositor, director de orquestra, enxeñeiro de son e músico inglés, coñecido principalmente por producir case a totalidade dos álbums dos Beatles, entre outros proxectos musicais. É considerado como un dos maiores produtores de discos de todos os tempos, con trinta sinxelos que chegaron a ser número un nas listas do Reino Unido e 23 nas listas do Billboard nos Estados Unidos.

Infotaula de personaSir Editar o valor em Wikidata
George Martin

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) George Henry Martin
(en) George Martin Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) George Henry Martin Editar o valor em Wikidata
3 de xaneiro de 1926 Editar o valor em Wikidata
Highbury, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte8 de marzo de 2016 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Coleshill, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927)
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónGuildhall School of Music and Drama (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoRecord production (en) Traducir, arranxo, Composición musical, dirección de orquestra e engenharia de áudio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarranxador , enxeñeiro de son , músico , director de orquestra , compositor , produtor musical Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor em Wikidata - 2006 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, música pop e música clásica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarRoyal Navy Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
InstrumentoÓboe e piano Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoEMI
Island Records
Manticore
Atlantic Records
Warner Music Group
United Artists Records
Apple Records
Capitol Records
Parlophone
Canadian-American Records (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalMaddalena Fagandini: Ray Cathode (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0552326 Facebook: George-Martin-29054786886 Spotify: 4Fgf6RvuWpiwDXSE7Vammx Musicbrainz: 26fa8b67-6c7f-406c-ad64-a1d070092df2 Songkick: 92359 Discogs: 259769 Allmusic: mn0000649950 WikiTree: Martin-78053 Find a Grave: 159070745 Deezer: 1175774 Editar o valor em Wikidata

Ademais de ser coñecido como o Quinto Beatle, é pai do tamén produtor Giles Martin, e do actor Gregory Paul Martin.

En recoñecemento dos seus servizos á industria musical e á cultura popular, foi nomeado Cabaleiro do Reino en 1996.

Traxectoria editar

 

Aprendeu a tocar piano desde a súa infancia, pero a súa formación musical propiamente dita non comezou ata que cumpriu os vinte anos. No ínterim, serviu na segunda guerra mundial, para a Royal Air Force, onde un mentor, Sidney Harrison, animouno a seguir unha carreira de música, vendo o seu gusto por ela e o seu talento. En 1947, cando reiniciou a súa vida civil, entrou a estudar na Guildhall School of Music and Drama piano, adoptando o óboe como segundo instrumento.

Nos anos 1950 foi encomendado a dirixir unha pequena subdivisión da compañía discográfica EMI en Inglaterra, a Parlophone. Esta subdivisión encargábase da distribución de música clásica e gravacións cómicas (destacando sátiras a Mozart do actor Peter Ustinov) e estaba a piques de ser pechada cando Brian Epstein, representante dos Beatles, convenceu a Martin de que os gravase, logo de infrutuosos intentos por ser gravados entre 1961 e 1962 (a compañía discográfica Decca rexeitounos definitivamente). Tratábase da canción "Love Me Do", que foi un éxito local e xerou divisas para a permanencia de Parlophone, selo que a longo prazo distribuiría os sinxelos e longa duración dos Beatles.

O éxito da canción levou aos Beatles a gravar o seu primeiro disco de longa duración en 1963, Please Please Me. Este álbum comezou a relación dos Beatles con Martin como produtor, sendo este considerado parte esencial do éxito do cuarteto, chamado ata "o quinto Beatle".

O educado oído de Martin, axuntado ao seu gusto pola música clásica, convertérono nun dos produtores máis respectados de todos os tempos, levando aos Beatles a niveis creativos insuperables (que incluían instrumentacións de cordo, novas técnicas de composición e experimentacións sonoras con diversos estilos e instrumentos). Ademais de ser un revolucionario na técnica: foi o primeiro produtor no Reino Unido en utilizar oito canles de gravación (en dúas consolas de catro canles cada unha) para o disco Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band (1967). En 1970, John Lennon chamou a Phil Spector para producir o que sería o álbum póstumo dos Beatles: o controvertido Let It Be. Foi o primeiro traballo do cuarteto non producido por Martin. Coa separación do grupo ese ano, Martin produciu traballos de xente como Shirley Bassey, America ou Bernard Cribbins.

Realizou orquestracións para algunhas películas, entre elas destacan The family way, para a cal compuxo e orquestrou xunto a Paul McCartney, facéndose acredores ao Premio Ivor Novello en 1966. Tamén fixo instrumentacións para Yellow Submarine (1968), filme de animación psicodélica coas cancións dos Beatles e Vive e deixa morrer (1973), da saga de James Bond, de novo xunto a Paul McCartney.

Na década dos '90 foi nomeado Sir pola Raíña de Inglaterra.

En 1993 traballou con Yoshiki (X Japan) para gravar o álbum "Eternal Melody" xunto á Orquestra Filharmónica de Londres. O álbum contén temas da banda xaponesa en versións sinfónicas, como "Rose of Pain" ou "Endless Rain". Tamén foi introducido ao Salón da Fama do Rock en 1999.

Notas editar

  1. «Muere George Martin, el productor que convirtió a los Beatles en un fenómeno global», artigo do 9 de marzo de 2016 no sitio web BBC (Londres).(en castelán)
  2. «Muere George Martin, el "quinto Beatle"», artigo do 9 de marzo de 2016 no xornal El País (Madrid).(en castelán)

Véxase tamén editar