John Lennon

músico inglés

John Winston Ono Lennon[1], nado John Winston Lennon en Liverpool o 9 de outubro de 1940 e finado en Nova York o 8 de decembro de 1980, máis coñecido por John Lennon, foi un músico e compositor británico que saltou á fama como un dos membros fundadores de The Beatles, unha banda de rock británico activa durante a década de 1960, e recoñecida como a de máis éxito comercial e aclamada pola crítica na historia da música popular. Xunto con Paul McCartney formou unha das parellas de compositores máis exitosas do século XX.

Infotaula de personaJohn Lennon

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) John Winston Ono Lennon Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) John Winston Lennon Editar o valor em Wikidata
9 de outubro de 1940 Editar o valor em Wikidata
Liverpool Maternity Hospital, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte8 de decembro de 1980 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCentral Park Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMendips, Menlove Avenue (en) Traducir (1946–1963)
Nova York
Liverpool Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónCalderstones School (en) Traducir (1952–1957)
Escola de Arte e Design de Liverpool (pt) Traducir
Dovedale Primary School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutor musical , pintor , cantante , pianista , director de cinema , prosista , figura pública , activista pola paz , activista político , actor de cinema , poeta , actor , escritor , compositor , cantautor , produtor de cinema , guitarrista , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de tempoSéculo XX Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1956 Editar o valor em Wikidata - 1980 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, Blues rock, Música experimental, música pop, pop rock, Art rock, Rock psicodélico, rock and roll, música beat (pt) Traducir, Hard rock e Rock experimental Editar o valor em Wikidata
ProfesoresDonovan Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioDr. Winston O’Boogie Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor em Wikidata

InstrumentoGuitarra, piano, Harmónica, baixo, Teclado e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoApple Records
EMI
Geffen Records
Parlophone
Atco Records
Capitol Records
Polydor Records Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalPaul McCartney
Yoko Ono: John Lennon and Yoko Ono (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeYoko Ono (1969–1980), morte da persoa
Cynthia Lennon (1962–1968), divorcio Editar o valor em Wikidata
ParellaMay Pang (pt) Traducir (1973–1975) Editar o valor em Wikidata
FillosJulian Lennon (pt) Traducir
 () Cynthia Lennon
John Ono Lennon (en) Traducir
 () Yoko Ono
John Lennon II (en) Traducir
 () Yoko Ono
Sean Lennon
 () Yoko Ono Editar o valor em Wikidata
PaisAlfred Lennon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Julia Lennon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsIngrid Pederson (en) Traducir, Julia Baird (pt) Traducir e Jacqueline Dykins (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesMimi Smith (pt) Traducir (Tía) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webjohnlennon.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0006168 Allocine: 4651 Rottentomatoes: celebrity/john_lennon Allmovie: p99330 TCM: 111937 Metacritic: person/john-lennon TV.com: people/john-lennon IBDB: 6852
Facebook: johnlennon Twitter: johnlennon Instagram: johnlennonofficial Youtube: UCYU4eunPInnHTNWfGvOgkbg TikTok: johnlennon Spotify: 4x1nvY2FN8jxqAFA0DA02H iTunes: 4416594 Last fm: John+Lennon Musicbrainz: 4d5447d7-c61c-4120-ba1b-d7f471d385b9 Songkick: 131344 Discogs: 46481 Allmusic: mn0000232564 WikiTree: Lennon-1 Find a Grave: 618 Deezer: 226 Editar o valor em Wikidata

Naceu e creceu en Liverpool, onde sendo adolescente se familiarizou co xénero musical skiffle, formando a banda The Quarrymen, que posteriormente, en 1960, se convertería en The Beatles. Cando o grupo comezou a desintegrarse ata a súa disolución a finais desa década, Lennon iniciou unha carreira coma solista, marcada por varios álbums aclamados pola crítica, incluíndo John Lennon/Plastic Ono Band e Imagine, e cancións icónicas coma «Give Peace a Chance» e «Imagine».

Demostrou un carácter rebelde e un enxeño mordaz na música, o cine, a literatura e o debuxo, así como nas súas declaracións en conferencias de prensa e entrevistas. Ademais, el e a súa muller, Yoko Ono, estiveron sempre rodeados da polémica debido ó seu constante activismo pola paz. En 1971 mudouse a Nova York, onde a súa oposición á guerra de Vietnam deu lugar a numerosos intentos por parte do goberno de Richard Nixon de expulsalo do país; mentres, as súas cancións foron adoptadas coma himnos polo movemento contra a guerra. Despois do seu autoimposto retiro en 1975 da industria musical, para dedicarlle máis tempo á súa familia, volveu en 1980 con Double Fantasy. Lennon foi asasinado tres semanas despois dese lanzamento.

No ano 2012, as vendas de Lennon coma solista nos Estados Unidos superaban os catorce millóns de unidades e, ben coma intérprete, autor ou coautor, é responsábel de vinte e sete números un no Billboard Hot 100. Unha enquisa da BBC en 2002, situouno no oitavo posto dos «100 británicos máis importantes», mentres que en 2008 foi cualificado pola revista Rolling Stone como o quinto mellor cantante de tódolos tempos. Despois da súa morte foi incluído en 1987 no Salón da Fama dos Compositores[2], e no Salón da Fama do Rock en 1994[3].

Traxectoria editar

Os primeiros anos (1940-1957) editar

 
Casa do 251 de Menlove Avenue, onde Lennon viviu a maior parte da súa nenez.

Lennon naceu en plena batalla de Inglaterra, o 9 de outubro de 1940, no Hospital de maternidade de Liverpool. Fillo de Julia (apelidada de solteira Stanley) e Alfred Lennon, un mariño mercante de ascendencia irlandesa que estaba ausente no momento do parto[4]. Seus pais puxéronlle de nome John Winston na honra do seu avó paterno, John "Jack" Lennon, e o primeiro ministro británico do momento, Winston Churchill[5]. Seu pai estaba frecuentemente fóra da casa pero enviaba con regularidade cheques ó número 9 de Newcastle Road en Liverpool, onde vivía John coa súa nai[6]; mais os cheques deixaron de chegar cando Alfred se ausentou en febreiro de 1944[7][8]. Seis meses máis tarde fixo unha aparición esporádica, ofrecéndose a coidar da familia, pero Julia, preñada daquela doutro home, rexeitou a idea[9]. Despois de que a súa irmá, Mimi Smith, se queixase por dúas veces ós Servizos Sociais de Liverpool, Julia deixoulle á súa irmá o coidado do pequeno John. En xullo de 1946, o pai visitou a Mimi e levou ó seu fillo a Blackpool, coa segreda intención de emigrar a Nova Zelandia con el.[10] Julia e maila súa parella naquel tempo, 'Bobby' Dykins, seguíronos e, despois dunha acalorada discusión, o pai forzou ó seu fillo de cinco anos a elixir entre os dous. John elixiu a seu pai mais, cando a súa nai marchaba, rompeu a chorar e seguiuna[11]. Tiveron que pasar vinte anos ata que John volveu ver de novo o seu pai[12]. Julia levou o seu fillo para a súa casa e mesmo chegou a matriculalo nunha escola local, pero poucas semanas despois devolveullo á súa irmá Mimi.

O resto da súa infancia e adolescencia viviu cos seus tíos Mimi e George Smith, quen non tiñan fillos de seu, no 251 de Menlove Avenue en Woolton, un suburbio de Liverpool[13]. A súa tía mercáballe libros de relatos curtos, e o seu tío, un muxidor na granxa familiar, comproulle unha harmónica e iniciouno na resolución de encrucillados[14]. A súa nai Julia, visitábao con regularidade, e cando John cumpriu 11 anos comezou tamén a acudir con regularidade á súa casa en Blomfield Road, onde ela lle poñía discos de Elvis Presley, apendeulle a tocar o banjo e mostroulle como tocar "Ain't That a Shame" de Fats Domino[15].

John visitaba con frecuencia o seu curmán, Stanley Parkes, quen vivía en Fleetwood, Lancashire. Parkes era sete anos máis vello ca el e adoitaba levalo ós cines locais:[16]. Durante as vacacións escolares visitaba a John acompañado de Leila Harvey, outra curmá, e ían a Blackpool dúas ou tres veces semanais para ver espectáculos. Adoitaban ir ó Circo da Torre de Blackpool, e vían artistas coma Dickie Valentine, Arthur Askey, Max Bygraves e Joe Loss; Parkes recordaba que a John lle gustaba especialmente George Formby[17]. Logo de que a familia de Parker se mudase a Escocia, os tres curmáns reuníanse alí con frecuencia durante as vacacións escolares. Parkes lembra: "John, a curmá Leila e mais eu estabamos moi unidos. Desde Edimburgo viaxabamos ata a pequena granxa familiar en Durness, isto foi no tempo en que John tiña entre nove e dez e seis anos"[18]. Cando tiña catorce anos morreu o seu tío George dunha hemorraxia hepática o 5 de xuño de 1855, ós 52 anos[19]

Lennon criouse nun ambiente anglicano e acudía á Escola Primaria Dovedale[20]. Os estudos de secundaria fíxoos na Quarry Bank High School en Liverpool, desde setembro de 1952 ata 1957. A súa curmá Laila descríbeo nesta época coma un rapaz despreocupado, con bo humor, de trato fácil e con ganas de vivir[21]. Con frecuencia deseñaba bandas cómicas que aparecían na revista escolar, que el mesmo facía, chamada The Daily Howl[22], mais a pesar do seu talento artístico, os seus informes escolares eran bastante críticos: "Está certamente no camiño do fracaso ... sen esperanza ... un pallaso na clase ... facendo perder o tempo a outros alumnos"[23].

A súa nai comproulle a primeira guitarra en 1956, unha barata Gallotone Champion acústica para a cal lle prestou a John cinco libras e dez xilins coa condición de que a guitarra fose enviada á casa da nai, e non á de Mimi, pois sabía que a súa irmá non apoiaría as aspiracións musicais de John[24]. Os escepticismo de Mimi cando John dicía que un día sería famoso, facíalle desexar que co tempo chegaría a aburrirse da música, e frecuentemente dicialle: "Todo iso da guitarra está moi ben, John, pero nunca chegarás a vivir dela"[25]. O 15 de xullo de 1958, cando Lennon tiña 17 anos, a súa nai morreu atropelada por un policía bébedo cando viña de visitar o seu fillo na casa da súa irmá[26]. A morte da súa nai achegouno á amizade con Paul McCartney, a quen tamén na adolescencia lle morrera a nai de cancro de peito. En 1968, escribiría unha canción titulada "Julia" no seu honor.

John non aprobou o exame para obter o certificado de Secundaria, e foi aceptado no Liverpool College of Arts logo da intervención da súa tía, quen amosou algúns debuxos do seu sobriño, e do director[27]. Pronto gañou reputación no novo centro como boicoteador das clases e ridiculizador de profesores. En consecuencia, foi excluído das clases de pintura e, máis adiante, do curso de artes gráficas, e ameazóuselle coa expulsión polo seu comportamento estrafalario[28]. Suspendeu o exame anual a pesar da axuda que lle prestou a súa moza Cynthia Powell, e tivo que deixar a escola antes do último ano de estudos[29]. En 1962 casaría con Cynthia por estar embarazada do seu fillo Julian

Cando mozo, desenvolveu unha forte miopía e viuse obrigado a levar lentes: no comezo da súa etapa con The Beatles levaba lentes de contacto ou de sol, pero en 1966 readoptou os lentes circulares que o farían famoso.

Desde The Quarrymen ata The Beatles (1957-1970) editar

1957–66: Formación, irrupción comercial e anos de xiras editar

 
Lennon (á dereita) tocando con the Beatles en 1964 en plena Beatlemanía.

Ós quince anos, Lennon formou un grupo de skiffle chamado The Quarrymen. No verán de 1957 tocaron un repertorio de enérxicas cancións feitas metade de skiffle e metade de rock and roll[30]. Lennon coincidiu con McCartney na segunda actuación de The Quarrymen o 6 de xullo en Woolton, nunha festa no xardín da igrexa de San Pedro, despois da cal Lennon lle propuxo a McCartney que se unise á banda[31].

McCartney di que a tía Mimi "estaba moi pendente de se os amigos de John eran de clase baixa", e frecuentemente trataríaos con condescendencia cando ían visitar a Lennon[32]. Segundo Mike, o irmán de Paul, o pai deles tampouco aprobaba as relacións de Paul, dicindo que Lennon o ía meter "en problemas"[33], aínda que despois permitiría ensaiar á novel banda na sala da casa familiar dos McCartney no 20 de Forthlin Road[34][35]. Nesta época, Lennon escribiu a súa primeira canción con 18 anos, "Hello Little Girl", que chegaría a estar no top 10 do Reino Unido cinco anos máis tarde interpretada por The Fourmost[36].

McCartney propuxo o seu amigo George Harrison como guitarrista principal[37]. Lennon pensaba que Harrison, daquela un rapaz de 14 anos, era moi novo. McCartney arranxou unha audición no piso superior dun bus de Liverpool, onde Harrison tocou para Lennon o tema instrumental "Raunchy" cun resultado satisfactorio, polo se uniu ó grupo[38]. Stuart Sutcliffe, un amigo de Lennon do College of Arts, uniuse máis tarde coma baixista[39]. Lennon, McCartney, Harrison e Sutcliffe transformáronse en "The Beatles" a principios de 1960. En agosto dese ano, The Beatles foron contratados para 48 actuacións en Hamburgo e necesitaban desesperadamente un batería, polo que lle preguntaron a Pete Best se quería unirse ó grupo[40] e este aceptou. Lennon tiña 19 anos e a súa tía arrepiouse cando John lle contou o da viaxe a Hamburgo, implorándolle que, no canto diso, continuase cos seus estudos de arte[41]. Despois da primeira estadía en Hamburgo, a banda aceptou unha segunda en abril de 1961, e unha terceira en abril de 1962. Lennon e os demais membros da banda introducíronse no consumo do Preludin en Hamburgo[42], e tomábano con regularidade, xunto con anfetaminas, como estimulante durante as longas actuacións nocturnas[43].

Brian Epstein, o representante de The Beatles desde 1962, non tiña experiencia previa na xestión artística, mais tivo unha forte influencia na maneira de vestir do grupo e na súa actitude no escenario[44]. Inicialmente Lennon resistíase a aceptar os consellos de Brian para adoptar unha aparencia profesional, pero acabouno aceptando[45]. McCartney comezou a tocar o baixo despois de que Sutcliffe decidise quedar en Hamburgo, e Ringo Starr substituíu a Best na batería, completándose así a formación que perduraría ata a disolución do grupo en 1970. O primeiro sinxelo da banda "Love Me Do", saíu en outubro de 1962 e acadou o número 17 nas listas británicas de éxitos. Gravaron o seu álbum de estrea, Please Please Me, en menos de dez horas o 11 de febreiro de 1963[46], un día no que Lennon estaba doente dun arrefriado[47], o cal queda patente nas voces da derradeira canción que gravaron ese día, "Twist and Shout"[48]. O dúo compositor Lennon-McCartney é responsábel de oito das catorce cancións do álbum. Con poucas excepcións, entre as que se atopa a do propio título do álbum, Lennon traeu o seu gusto polos xogos de palabras apoiándose nas letras das súas cancións, dicindo: "Escribimos xustamente cancións ... cancións pop con non máis pensamento que crear un son. E as palabras son case irrelevantes"[46]. Nunha entrevista de 1987, McCartney dixo que os outros Beatles idolatraban a John: "Era coma o noso pequeno Elvis ... Todos nos admirabamos a John. Era o máis vello e, con moito, o líder; o de máis rápido enxeño e o máis elegante"[49].

The Beatles rexistraron éxitos sen precedentes no Reino Unido durante os comezos de 1963. Lennon estaba de xira cando naceu en abril o seu primeiro fillo, Julian. Durante a actuación na gala Royal Variety Performance, na que se achaban presentes a Raíña Nai e outros membros da realeza británica, Lennon fixo rir á súa audiencia cando dixo: "para a próxima canción, gustaríame pedirlles a súa axuda. Á xente que está nos asentos baratos, dean palmas coas súas mans ... e ó resto, fagan ruído coas súas xoias"[50]. Despois dun ano de Beatlemanía no Reino Unido, a súa histórica aparición en The Ed Sullivan Show da TV estadounidense, marcou un grande adianto na súa fama internacional. Logo viñeron dous anos frenéticos de xiras constantes, rodaxe de películas e composición de cancións, durante os que Lennon escribiu dous libros, In His Own Write e A Spaniard in the Works[51]. The Beatles recibiron o recoñecemento da clase dirixente británica cando foron nomeados membros da Orde do Imperio Británico (MBE) en 1965[52].

Lennon Comezouse a preocupar polos seguidores interesados na música do grupo que eran incapaces de oíla por riba dos gritos dos fans e, en consecuencia, a carreira musical do grupo estaba comezando a resentirse[53]. A canción de Lennon "Help!" expresaba os seus propios sentimentos en 1965[54]. Gañara peso (máis tarde referiríase a ela como o seu período "Fat Elvis")[55], e sentía que inconscientemente estaba buscando un cambio[56]. En marzo dese ano foi introducido sen sabelo no LSD, cando un dentista, anfitrión dunha cea á que asistían Lennon, Harrison e as súas mulleres, engadiu a droga nos cafés dos invitados[57]. Cando quixeron marchar, o anfitrión reveloulles o que tomaran e rogoulles encarecidamente que non abandonasen a casa debido ós probábeis efectos. Máis tarde, nun ascensor dun club nocturno, creron que se estaba queimando: "estabamos todos gritando ... quentes e histéricos"[58]. En marzo de 1966, durante unha entrevista co reporteiro do Evening Standard Maureen Cleave, Lennon afirmou: "o cristianismo esváese, reducirase e desaparecerá ... Agora somos máis populares que Xesús. Non sei que se irá primeiro, o rock and roll ou o cristianismo"[59]. O comentario pasou desapercibido en Inglaterra, pero causou un grande escándalo nos Estados Unidos onde foi considerado coma unha grande ofensa cando foi publicado alí o artigo cinco meses máis tarde. O furor posterior, que levou a queimas de discos de The Beatles, actividades do Ku Klux Klan e ameazas contra Lennon, contribuíu a que a banda tomase a decisión de parar de facer xiras[60]. Nunha entrevista posterior, Lennon pediu desculpas dicindo que fora mal interpretado dicindo: "non son antideus, nin anticristo, nin antirelixión".

1967–70: Anos de estudio, ruptura e inicio en solitario editar

Privado da rutina das actuacións en directo despois do último concerto comercial o 29 de agosto de 1966, Lennon sentíase perdido e considerou deixar a banda[61]. Desde que se introducira involuntariamente no LSD, aumentara o uso da droga, e en 1967 estaba case constantemente baixo a súa influencia[62]. Segundo o seu biógrafo Ian MacDonald, as continuas experiencias durante ese ano co LSD estaban "borrando a súa identidade"[63]. En 1967 saíron dous importantes álbums da banda: "Strawberry Fields Forever", aclamado pola revista Time pola súa "asombrosa inventiva"[64], e Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band, que revela as letras de Lennon en forte contraste coas simples cancións de amor dos primeiros anos de Lennon e McCartney.

En agosto, logo de coñecer o Maharishi Mahesh Yogi, o grupo asistiu a un seminario de instrución persoal da súa meditación transcendental, nunha fin de semana en Bangor, Gales[65], durante o cal foron informados da morte de Epstein. "Souben entón que estabamos en problemas", dixo Lennon máis tarde. "Non tiven conceptos erróneos acerca da nosa habilidade de non facer ningunha outra cousa que non fose música, e estaba aterrado"[66]. Levados principalmente polo interese de Lennon e Harrison pola relixión oriental, The Beatles viaxaron posteriormente ó ashram de Maharishi na India para recibir máis guía espiritual[67]. Estando alí compuxeron as cancións dos álbums The Beatles e Abbey Road[68].

A comedia negra antibelicista How I Won the War, coa única aparición de Lennon nunha longametraxe que non fose de The Beatles, apareceu nos cines en outubro de 1967[69]. McCartney organizou o primeiro proxecto do grupo despois da morte de Epstein[70], o filme para a televisión Magical Mystery Tour, emitido en decembro dese ano. Mentres que o filme foi o primeiro traballo do grupo en recibir críticas negativas, a súa música foi un éxito comercial, en especial a aclamada canción de Lennon "I Am the Walrus", inspirada nun poema da obra Alicia do outro lado do espello de Lewis Carroll[71][72].

Morto Epstein, a banda viuse progresivamente envolta en actividades comerciais, así en febreiro de 1968 funda Apple Corps, unha corporación multimedia que incluía Apple Records e algunhas outras compañías subsidiarias. Lennon describiu a empresa coma un intento de conseguir "liberdade artística dentro dunha estrutura comercial"[73], mais a súa crecente experimentación coas drogas e a tamén crecente obsesión con Yoko Ono, ademais dos plans de matrimonio de McCartney, deixaban a Apple coa necesidade dunha dirección profesional. Lennon ofreceullela a Lord Beeching, pero este declinou recomendándolle que continuase facendo discos. Finalmente o cargo de xefe executivo recaeu en Allen Klein, quen fora representante de The Rolling Stones e outros grupos durante a British Invasion, nomeado por Lennon, Harrison e Starr[74], mais McCartney nunca asinou o contrato[75].

A finais de 1968, Lennon participou no filme The Rolling Stones Rock and Roll Circus, que non se estreou ata 1996, no papel de Dirty Mac, un dos membros da banda. O supergrupo, reunido para a ocasión e formado por Lennon, Eric Clapton, Keith Richards e Mitch Mitchell, tamén contou cunha colaboración vocal de Ono[76]. Lennon e Ono casaron o 20 de marzo de 1969, e pronto editaron unha serie de 14 litografías chamada "Bag One", describindo escenas da súa lúa de mel[77]. Oito delas foron consideradas indecentes e a maioría delas foron prohibidas e confiscadas[78]. O foco creador de Lennon continuaba alonxándose de The Beatles, así, entre 1968 e 1969 gravou con Ono tres discos de música experimental: Unfinished Music No.1: Two Virgins[79] (máis famoso pola portada que pola música), Unfinished Music No.2: Life with the Lions e Wedding Album. En 1969 formaron a Plastic Ono Band, coa que publicaron Live Peace in Toronto 1969. Entre 1969 e 1970, Lennon publicou os sinxelos "Give Peace a Chance" (amplamente adoptado coma un himno contra a guerra de Vietnam)[80], "Cold Turkey" (documentando a súa síndrome de abstinencia despois de que se fixese adicto á heroína)[81]) e "Instant Karma!". Como protesta pola involucración británica na Guerra Civil de Nixeria[82], o apoio do seu país aos Estados Unidos na guerra de Vietnam e (quizais xocosamente) contra a baixada de "Cold Turkey" nas listas de éxitos[83], Lennon devolveu a súa medalla da Orde do Imperio Británico, aínda que este feito non tivo efecto no seu status coma MBE, ó que non se pode renunciar[84].

Lennon deixou The Beatles en setembro de 1969[85] e aceptou non informar á prensa mentres o grupo renegociaba o seu contrato discográfico, pero alporizouse cando McCartney fixo pública a súa saída da banda na saída do seu álbum de debut en solitario en abril de 1970. Lennon reaccionou dicindo: "Xesús Cristo, leva el todo o creto"[86]. Máis tarde escribiu: "Eu formei o grupo. Eu disolvino. É tan simple coma iso"[87]. En posteriores entrevistas na revista Rolling Stone, revelou o seu resentimento cara McCartney dicindo: "Fun un tolo por non facer o que fixo Paul, que foi usar a situación para vender un disco".[88] Falou tamén da hostilidade que percibía dos outros membros do grupo cara a Ono, e como el, Harrison e Starr "fartáronse de ser os acompañantes de Paul ... Despois de que morrera Brian Epstein todo se derrubou. Paul tomou o mando e supostamente dirixíanos. Pero que estaba dirixindo cando nos moviamos en círculos?"[89].

Carreira en solitario (1970-1980) editar

 
Cartel publicitario de "Imagine" na revista Billboard do 18 de setembro de 1971.

1970–72: Éxito inicial en solitario e activismo editar

En 1970, Lennon e Ono recibiron terapia primal co doutor Arthur Janov nos Ánxeles. Deseñada para liberar os medos emocionais da primeira infancia, a terapia vinculounos a Jarkov durante dous días e medio á semana durante catro meses; o doutor quería seguir tratándoos por máis tempo, pero a parella non sentiu a necesidade de continuar por máis tempo e regresaron a Londres[90]. O debut do emocional álbum en solitario de Lennon, John Lennon/Plastic Ono Band (1970), foi recibido con grandes eloxios. O crítico Greil Marcus sinalou que "o canto de John no último verso de 'Deus' probabelmente sexa do máis fino de todo o rock"[91]. O álbum contén as cancións "Mother", nos que Lennon confronta os seus sentimentos de rexeitamento da súa nenez[92], e a dylaniana "Working Class Hero", un amargo ataque contra o sistema social burqués que, debido á frase "aínda estades fodendo labregos", tivo problemas coas radios e televisións para a súa emisión[93][94]. Nese mesmo ano, os puntos de vista do político revolucionario Tariq Ali, expresados cando entrevistaba a Lennon, inspiraron o cantante para escribir "Power to the people". Lennon tamén se involucrou con Ali durante a protesta contra a persecución da revista Oz, acusada de obscenidade. Lennon denunciou os procedementos coma "noxento fascismo", e el e máis Ono (co nome de Elastic Oz Band) gravaron o sinxelo "God Save Us/Do the Oz" e uníronse á marchas de apoio á revista[95].

 
Estatua de John Lennon na Coruña. Figura na inscrición a frase Imaxina que non haxa nada polo que matar ou morrer, da canción Imagine escrita en inglés, castelán e galego.

Co seguinte álbum de Lennon, Imagine (1971), a resposta da crítica foi máis cauta. Rolling Stone manifestou que "contén unha parte substancial de boa música" mais alertaba da posibilidade de que "as súas poses pronto parecerían non só simplemente aburridas, senón tamén irrelevantes"[96]. A canción que lle dá o título ó álbum chegaría a ser un auténtico himno dos movementos antibelicistas[97], mentres que outra canción, "How Do You Sleep?", foi un ataque musical a McCartney en resposta ás letras do álbum Ram que Lennon sentiu, e McCartney confirmou posteriormente,[98] coma directamente dirixidas a el e a Ono. Porén, Lennon suavizou a súa posición a mediados dos setenta cando dixo que escribira "How Do You Sleep?" sobre si mesmo.[99] En 1980 dixo: "Usaba o meu rancor contra Paul … para crear unha canción … non unha horríbel, viciosa e terríbel vendeta […] Usaba o meu resentimento e separación de Paul e The Beatles, e a relación con Paul, para escribir 'How Do You Sleep?'. Certamente aqueles pensamentos non rondaban na miña mente todo o tempo"[100].

Lennon e Ono mudáronse a Nova York en agosto de 1971, e en decembro publicaron "Happy Xmas (War Is Over)"[101]. O novo ano viu como a administración Nixon tomaba o que se chamou "contramedidas estratéxicas" contra a propaganda antibelicista e anti Nixon de Lennon, embarcándose no que sería un intento de deportación durante catro anos. En 1972, Lennon e Ono asistiron na casa en Nova York do activista Jerry Rubin a unha especie de veloria postelectoral logo da derrota de McGovern contra Nixon nas eleccións presidenciais[102][103]. Envolto nunha continua batalla legal coas autoridades de inmigración, foille denegada a residencia permanente nos Estados Unidos (que non sería resolta ata 1976)[104]. Deprimido, Lenon drogouse e tivo sexo cunha muller invitada, deixando a Ono avergonzada. A súa canción "Death of Samantha" está inspirada neste incidente[105].

En 1972 saíu o álbum Some Time in New York City, gravado coma unha colaboración con Ono e coa participación da banda neoiorquina Elephant's Memory. Contén cancións que falan dos dereitos da muller, relacións raciais, o papel de Gran Bretaña en Irlanda do Norte e os problemas de Lennon para obter a Green Card (permiso de residencia)[106]. O álbum tivo un frío recibimento segundo algunhas críticas[107]. A canción "Woman Is the Nigger of the World" foi lanzada ese mesmo ano nos Estados Unidos coma un sinxelo, e foi emitida por televisión o 11 de maio no Show de Dick Cavett. Moitas emisoras de radio rexeitaron emitir a canción polo uso da palabra "nigger" (negro) considerada despectiva en Norteamérica[108]. Lennon e Ono deron dous concertos benéficos, xunto con outros invitados, na institución neoiorquina para enfermos mentais, "Willowbrook State School"[109]. Estes concertos tiveron lugar no Madison Square Garden o 30 de agosto de 1972, e foron as derradeiras actuacións longas nun concerto de Lennon[110].

1973-1975: "Lost weekend" editar

 
Entrevista de Tom Snyder a John Lennon no programa televisivo Tomorrow. Realizada en 1975, foi a derradeira entrevista que concedeu na súa vida.

Mentres Lennon estaba gravando Mind Games en 1973, el e máis Ono decidiron separarse. Os seguintes 18 meses nos que estiveron separados, que el nomeou coma a súa fin de semana perdida (en inglés, "Lost Weekend")[111], pasounos nos Ánxeles e Nova York na compaña de May Pang, quen encoraxou a John para que se involucrase máis na vida do seu fillo Julian, froito do primeiro casamento de John con Cyntia. Mind Games, atribuído á "Plastic U.F. Ono Band", foi publicado en novembro de 1973. Nese mesmo mes saíu o álbum Ringo do tamén ex-beatle Ringo Starr; Lennon contribuíu ó álbum coa canción da súa autoría "I'm the Greatest", tocando o piano e facendo acompañamento vocal. Unha versión alternativa na que Lennon fai a voz principal, gravada tamén durante as sesións de Ringo, aparece no álbum John Lennon Anthology).

A comezos de 1974, Lennon bebía en exceso e as súas escandalosas esmorgas con Harry Nilsson foron noticia de primeira plana. Dous incidentes amplamente difundidos ocorreron no club The Troubadour dos Ánxeles en marzo; no primeiro Lennon enfrontouse cunha camareira cun pano de papel na fronte, e na segunda, dúas semanas máis tarde, foron expulsados do citado club por interromper unha actuación dos Smothers Brothers[112]. Lennon decidiu producir o álbum de Nilsson, Pussy Cats e Pang alugou unha casa na praia para tódolos músicos[113] mais despois dun mes de libertinaxe e coas sesións de gravación nun completo caos, Lennon e Pang mudáronse a Nova York para rematar o traballo do álbum. En abril Lennon produciu a canción de Mick Jagger, "Too Many Cooks (Spoil the Soup)", que permaneceu sen saír á luz durante máis de 30 anos por razóns contractuais. Pang proporcionou a gravación para a súa inclusión no álbum The Very Best of Mick Jagger do ano 2007.

Establecido de novo en Nova York, Lennon gravou o álbum Walls and Bridges. Aparecido en outubro de 1974, contén a canción "Whatever Gets You thru the Night" que acadou o número 1 nas listas americanas e na que Elton John fai o acompañamento vocal[114]. Antes de que rematase o ano saíu un segundo sinxelo do álbum coa canción #9 Dream na que May Pang fai acompañamento vocal (varios anos despois da morte de John, Yoko Ono faría desaparecer a voz de May da canción). O álbum de Ringo Starr, Goodnight Vienna, dese mesmo ano de 1974, ten unha nova colaboración de Lennon, quen escribiu a canción que lle dá nome ó álbum e tocou o piano[115]. O 28 de novembro fixo unha aparición sorpresa no concerto de Acción de Grazas de Elton John no Madison Square Garden, en cumprimento da promesa que lle fixera a Elton de unirse a el nunha actuación en vivo e "Whatever Gets You thru the Night", unha canción de cuxo potencial comercial dubidaba Lennon, acadaba o número un das listas de éxitos. Lennon executou esa canción e tamén "Lucy in the Sky with Diamonds" e "I Saw Her Standing There", que presentou coma "unha canción dunha vella noiva separada chamada Paul" [116].

Lennon é coautor da canción Fame de David Bowie, primeiro número un deste nos Estados Unidos, ademais de proporcionar o acompañamento vocal na gravación de xaneiro de 1975[117]. Ese mesmo mes, Elton John logrou o número un coa súa versión de "Lucy in the Sky with Diamonds", na que Lennon tocaba a guitarra e facía acompañamento vocal (aparece nos créditos do sinxelo baixo o alias de "Dr. Winston O'Boogie"). El e máis Ono reuníronse despois brevemente. Lennon sacou o álbum Rock 'n' Roll en 1975 con versións de cancións que lle gustaban. En febreiro saíu en sinxelo a canción dese álbum "Stand by Me", con grande éxito nos Estados Unidos e en Gran Bretaña, e que foi o seu último sinxelo durante cinco anos[118]. A súa derradeira aparición nun escenario fíxoa no programa especial da televisión, A Salute to Lew Grade, gravado o 18 de abril e televisado en xuño[119]. Tocando a guitarra acústica e acompañado por unha banda de oito compoñentes, Lennon executou dúas cancións do álbum Rock 'n' Roll ("Stand by Me", que non foi emitida, e "Slippin' and Slidin'") seguidas de "Imagine"[119]. A banda, coñecida coma Etc., levaba máscaras na parte traseira da cabeza, unha indirecta de Lennon que cría que Lew Grade tiña dúas caras[120].

1975-1980: Retiro e regreso editar

En 1975, John conseguiu por fin a Green Card, que lle deu dereito a residir permanentemente nos Estados Unidos. Co nacemento do seu segundo fillo Sean o 9 de outubro de 1975, Lennon fixo unha paréntese de cinco anos na súa carreira musical para lle dedicar toda a súa atención á familia e ó coidado do neno.[121] O mesmo mes do nacemento rematou a súa obriga contractual con EMI/Capitol coa gravación dun álbum máis, Shaved Fish, unha recompilación de cancións gravadas previamente.[121] Dedicouse de cheo ó seu fillo Sean, erguéndose ás 6 da mañá, planeando e preparando as súas comidas e pasando todo o tempo con el.[122] Escribiu a canción "Cookin' (In the Kitchen of Love)" para o álbum de Ringo Starr, Ringo's Rotogravure, de 1976, participando en xuño na gravación, na que sería a súa última sesión de gravación ata 1980[123]. Anunciou formalmente o seu retiro da música en 1977 en Toquio dicindo: "basicamente decidimos, sen ningún gran debate, estar co noso neno tanto como poidamos ata que sintamos que podemos ter tempo para permitirnos crear cousas fóra da familia"[124]. Durante este tempo fixo algunhas series de debuxos e bosquexou un libro contendo unha mestura de material autobiográfico ó que se refería coma "cousas tolas"[125]. Todo este material sería publicado postumamente.

En outubro de 1980 puxo fin á paréntese creadora publicando o sinxelo "(Just Like) Starting Over", seguido un mes máis tarde do álbum Double Fantasy, con cancións escritas en xuño pasado durante unha viaxe nun veleiro ás Bermudas[126] e que reflectía a súa satisfacción coa recentemente achada vida familiar estable[127]. Gravouse suficiente material adicional para un segundo álbum planeado, Milk and Honey, que se publicaría postumamente en 1984[128]. Realizado conxuntamente por Lennon e Ono, Double Fantasy non foi ben recibido pola crítica, con comentarios coma o de Melody Maker: "unha esterilidade indulxente ... un aburrimento espantoso".

Morte editar

Artigo principal: Asasinato de John Lennon.
 
Memorial Strawberry Fields en Central Park co edificio Dakota ó fondo.

Sobre as once menos dez da noite do 8 de decembro de 1980, cando regresaba con Ono ó apartamento onde moraban en Nova York, o edificio Dakota, fronte a Central Park, Lennon foi abordado en fronte ó Dakota por un admirador de 25 anos que seis horas antes lle pedira un autógrafo no disco "Double Fantasy"[129]. O home era Mark David Chapman, un fan dos Beatles e de John, quen lle disparou a John catro tiros nas costas cun revólver calibre 38. A policía chegou minutos despois e levou a John no propio coche policial ás emerxencias do próximo Hospital Roosevelt, onde só puideron certificar a súa morte cando ingresou ás 11:07 pm[130]. Tiña 40 anos de idade. Despois da noticia da morte de John Lennon, que se espallou rapidamente por todo o mundo, unha multitude xuntouse en fronte ó Dakota, con candeas e cantando cancións de John.

Ó día seguinte, Ono manifestou que "non hai funeral por John", finalizando con estas palabras: "John amou e orou pola raza humana. Fagamos o favor de facer o mesmo por el"[131]. O seu corpo foi incinerado no Cemiterio Ferncliff de Hartsdale, Nova York. Ono espallou as súas cinzas en Central Park, onde foi erixido posteriormente o Memorial Strawberry Fields na súa lembranza[132].

O asasino foi prendido no lugar do crime, pois alí permaneceu cun libro nas mans, O vixía no centeo de J.D. Salinger. No xuízo alegou ter lido en O vixía no centeo unha mensaxe que dicía que había que matar a John Lennon. Foi condenado a unha pena de entre 20 anos e cadea perpetua[133]. En 2015 continuaba en prisión logo de serlle denegada a liberdade ata oito veces desde a primeira revisión da condena en 2000[134].

Relación con Galiza editar

John Lennon, segundo dixo a súa irmá Julia Baird, planeara facer o Camiño de Santiago xunto a Salvador Dalí.[135] Baird participou en 2021 nun vídeo-clip promocional do Camiño Inglés dedicándollo á memoria de John[136]. Baird tamén participou xunto ao médico coruñés Chema Ríos, fan e coleccionista de obxectos relacionados con John Lennon e The Beatles, para conseguir que na Coruña houbese unha estatua a Lennon[137]. Cando se fixo, foi a terceira cidade do mundo en adicarlle unha estatua nun espazo público, despois de Liverpool (onde hai unha estatua súa á porta de The Cavern e outra inaugurada en 2010 chamada John Lennon Peace Monument [138] e a Habana, no parque John Lennon. Chema Ríos conseguiu varios obxectos da súa colección grazas a Rosaura López, nada en Pontevedra, empregada doméstica de Lennon na casa do edificio Dakota onde o seu fillo xogaba con Sean Lennon. Rosaura escribiu un libro reflectindo este período: En casa de John Lennon, publicado por Hércules de Ediciones. O libro contén fotos de John, Yoko e Sean con algúns postais que lle enviaron e varias anécdotas.

En decembro de 2011 a sala 'Ola Green' da Coruña acolleu o denominado '31 Cabodano de John Lennon', un festival solidario promovido pola ONG Acordes pola Paz en colaboración con Médicos sen Fronteiras. En 2014 a ONG organizou outra gala, desa vez en Santiago de Compostela, presentada pola irmá de Lennon, Julia Baird, xunto a Javier Gurruchaga, na que actuou o grupo The Qarrymen con Rod Davis.[139]

A banda tributo compostelá The Funkles fai versións en inglés[140] e galego[141] dos Beatles. En 2017 fixeron unha xira que as levou a tocar a Rusia, Finlandia e o Reino Unido, compartindo escenario en 'The Cavern Club' con The Qarrymen[142], en Liverpool participaron dúas veces na 'Beatleweek' e no certame de bandas tributo dos Beatles, animadas por Julia Baird[143]; alí interpretaron as cancións compostas por Lennon–McCartney Síntome tan ben (I Feel Fine), Lady Madonna e Viaxeiro de día (Day Tripper)[144].

En 2018 o festival A Coruña Respira acolleu un tributo a The Beatles na sala 'Bâbâ'[145]. No mesmo ano Abel Caballero, alcalde de Vigo 'inaugurou o Nadal' co "Happy Christmas, de John Lennon", dando paso á canción composta por Lennon e Yoko Ono.[146]

En maio de 2022 inaugurouse en Ourense a maior exposición realizada no Estado español e na Península Ibérica sobre The Beatles e John Lennon, que inclúe obxectos cedidos por 300 particulares, entre eles a familia de Rosaura López, incluíndo o quimono usado por Lennon no vídeo de Imagine.[147]

Discografía oficial editar

Cita editar

A vida é o que che sucede mentres estás a facer outros planos
John Winston Ono Lennon

Notas editar

  1. Feelnumb (27 de outubro de 2009). "John Winston Lennon’s Rooftop Ceremony To Change Name To John Ono Lennon" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2015. Consultado o 19/10/2015. Lennon had never liked his middle name, which was given to him during wartime patriotism after Sir Winston Churchill. He later learned that he could not eliminate the Winston from his name, as UK law dictates that a person is unable to fully revoke a name given at birth. As a result, his official name became John Winston Ono Lennon, with the ten 'O's he wished to avoid. After the ceremony Lennon and Ono went to EMI Studios at Abbey Road where they recorded the heartbeats which were later included on The Wedding Album. 
  2. Songwriters Hall of Fame (ed.). "John Lennon" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  3. The Rock and Roll Hall of Fame (ed.). "The 1994 Induction Ceremony" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  4. Harry 2000b, p. 504.
  5. Spitz 2005, p. 24: "Julia offered the name in honour of ... Winston Churchill".
  6. Spitz 2005, p. 24: "The entire Stanley clan gathered nightly at Newcastle Road".
  7. Lennon 2005, p. 54: "Until then he had sent her money each month from his wages, but now it stopped".
  8. Spitz 2005, p. 26: "In February 1944 ... he was arrested and imprisoned. Freddie subsequently disappeared for six months".
  9. Spitz 2005, p. 27.
  10. Lennon 2005, p. 56: "Alf admitted to her that he had planned to take John to live in New Zealand".
  11. Spitz 2005, p. 30: "Julia went out of the door ... John ran after her".
  12. Spitz 2005, p. 497.
  13. Lennon 2005, p. 56: "Hard to see why Mimi wanted John, as she had always said she didn't want children".
  14. Spitz 2005, p. 32: "When he was old enough, taught John how to solve crossword puzzles".
  15. Spitz 2005, p. 48: "To get them started, she applied the triad to 'Ain't That a Shame'".
  16. Spitz 2005, p. 32 "Parkes recalled ... Leila and John to the cinema as often as three times a day".
  17. Harry 2009.
  18. Harry 2000b, p. 702.
  19. Harry 2000b, p. 819.
  20. Harry 2000b, p. 411.
  21. Spitz 2005, pp. 32–33.
  22. Spitz 2005, p. 40.
  23. Informes Escolares 2008.
  24. Spitz 2005, p. 45.
  25. Norman 2008, p. 89.
  26. Miles 1997, p. 48.
  27. Spitz 2005, p. 100.
  28. Harry 2000b, pp. 553–555.
  29. Lennon 2005, p. 50.
  30. Spitz 2005, p. 95.
  31. Spitz 2005, pp. 93–99.
  32. Miles 1997, p. 44.
  33. Miles 1997, p. 32.
  34. Miles 1997, pp. 38–39.
  35. Lennon 2005, p. 47.
  36. Harry 2000b, pp. 337–338.
  37. Miles 1997, pp. 47, 50.
  38. Miles 1997, pp. 47.
  39. Lennon 2005, p. 64.
  40. Miles 1997, p. 57.
  41. Lennon 2005, p. 53.
  42. Miles 1997, pp. 66–67.
  43. Lennon 2005, p. 57.
  44. The Beatles 2000, p. 67.
  45. Frankel 2007.
  46. 46,0 46,1 Harry 2000b, p. 721.
  47. Lewisohn 1988, pp. 24–26: "Twist and Shout, which had to be recorded last because John Lennon had a particularly bad cold".
  48. Spitz 2005, p. 376: "He had been struggling all day to reach notes, but this was different, this hurt".
  49. Doggett 2010, p. 33.
  50. Shennan 2007.
  51. Coleman 1984a, pp. 239–240.
  52. London Gazette 1965, pp. 5487–5489.
  53. Coleman 1984a, p. 288.
  54. Gould 2008, p. 268.
  55. Lawrence 2005, p. 62.
  56. The Beatles 2000, p. 171.
  57. Rodriguez 2012, pp. 51–52.
  58. Harry 2000b, p. 570.
  59. Cleave 2007.
  60. Gould 2008, pp. 5–6, 249, 281, 347.
  61. Brown 1983, p. 222.
  62. Gould 2008, p. 319.
  63. MacDonald 2005, p. 281.
  64. Time 1967.
  65. BBC News 2007b.
  66. Brown 1983, p. 276.
  67. Doggett 2010, pp. 33, 34.
  68. Miles 1997, p. 397.
  69. imdb (ed.). "Cómo gané la guerra. Release info" (en castelán). Consultado o 30 de outubro de 2015. 
  70. Miles 1997, p. 349-373.
  71. Logan 1967.
  72. Lewisohn 1988, p. 131.
  73. Harry 2000b, p. 31.
  74. TelegraphKlein 2010.
  75. Miles 1997, p. 549: "Paul never did sign the management contract".
  76. Harry 2000b, pp. 774–775.
  77. Fawcett 1976, p. 185.
  78. Coleman 1984a, p. 279.
  79. Coleman 1984a, pp. 48–49.
  80. Perone 2001, pp. 57–58.
  81. Harry 2000b, pp. 160–161.
  82. Miles and Badman 2003.
  83. "Beatles fans call for return of MBE medal rejected by John Lennon". The Daily Telegraph (en inglés). 2/8/2013. Consultado o 26 de outubro de 2013. 
  84. Harry 2000b, pp. 615–617.
  85. Edmondson 2010, pp. 129–130.
  86. Spitz 2005, pp. 853–54.
  87. Loker 2009, p. 348.
  88. Wenner 2000, p. 32.
  89. Wenner 2000, p. 24.
  90. Harry 2000b, pp. 408–410.
  91. Blaney 2005, p. 56.
  92. Harry 2000b, pp. 640–641.
  93. Riley 2002, p. 375.
  94. Schechter 1997, p. 106.
  95. Wiener 1990, p. 157.
  96. Gerson 1971.
  97. Vigilla 2005.
  98. Goodman 1984.
  99. Harry 2000b, pp. 354–356.
  100. Peebles 1981, p. 44.
  101. Allmusic 2010f.
  102. Bill DeMain (21/03/2015). Performing Songwriter, ed. "John Lennon and the FBI". Dangerous Liaisons: The FBI Files of Musicians (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 27 de outubro de 2015. 
  103. Alan Glenn (27/12/2009). "The Day a Beatle Came to Town". The Ann Arbor Chronicle (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14/11/2012. Consultado o 27 de outubro de 2015. 
  104. Wiener 1990, p. 204.
  105. LennoNYC, PBS Television 2010
  106. BBC News 2006a.
  107. Landau 1974.
  108. Harry 2000b, pp. 979–980.
  109. Deming 2008.
  110. The Rock and Roll Hall of Fame and Museum 1994.
  111. Harry 2000b, pp. 698–699.
  112. Harry 2000b, pp. 927–929.
  113. Harry 2000b, p. 735.
  114. Badman 2001, 1974.
  115. Harry 2000b, p. 284.
  116. Harry 2000b, p. 970.
  117. The Rock and Roll Hall of Fame and Museum 1996.
  118. Harry 2000b, pp. 240, 563.
  119. 119,0 119,1 Harry 2000b, p. 758.
  120. Madinger, Eight Arms to Hold You, 44.1 Publishing, 2000, ISBN 0-615-11724-4
  121. 121,0 121,1 Sheff 1981.
  122. Harry 2000b, p. 553.
  123. Harry 2000b, p. 166.
  124. Bennahum 1991, p. 87.
  125. Harry 2000b, p. 814.
  126. BBC News 2006b.
  127. Schinder & Schwartz 2007, p. 178.
  128. Ginell 2009.
  129. Harry 2000b, p. 145.
  130. Ingham 2006, p. 82.
  131. Harry 2000b, pp. 692.
  132. Harry 2000b, pp. 510.
  133. Nysdoccslookup.doccs.ny.gov (ed.). "Inmate Population Information Search" (en inglés). Consultado o 30 de outubro de 2015. 
  134. Dolmetsch, Chris (23/08/2014). "John Lennon Killer Chapman Denied Parole for Eighth Time" (en inglés). Nova York. Bloomberg News. Consultado o 30 de outubro de 2015. 
  135. "Carolina Rubirosa representará a Galicia no Liet Festival, o Eurovisión das linguas minorizadas". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-02-09. Consultado o 2022-05-08. 
  136. "O Teu Camiñar - CAROLINA RUBIROSA (Canción oficial de promoción do Camiño de Santiago Inglés)". Consultado o 2022-05-08. 
  137. Internet, Unidad Editorial. "La conexión gallega de John Lennon". www.elmundo.es (en castelán). Consultado o 2022-05-08. 
  138. "John Lennon - Peace Monument". Consultado o 2022-05-08. 
  139. NoticiasGalicia.com. "Santiago homenajea a John Lennon". NoticiasGalicia.com (en castelán). Consultado o 2022-05-08. 
  140. "THE FUNKLES Don´t let me down LIVE". Consultado o 2022-05-08. 
  141. "The Funkles I feel fine Síntome tan ben (galego)". Consultado o 2022-05-08. 
  142. galiciaunica (2016-09-09). "THE FUNKLES, COMO LOS BEATLES PERO EN GALEGO.". galiciaunica (en castelán). Consultado o 2022-05-08. 
  143. "Os Beatles soarán en galego en Liverpool con The Funkles". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-08-12. Consultado o 2022-05-08. 
  144. "The Funkles - Viaxeiro de dia (Day Tripper) - Live at Cavern Live Lounge". Consultado o 2022-05-08. 
  145. "Formar, disfrutar y reflexionar". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-12-07. Consultado o 2022-05-08. 
  146. "Abel Caballero: "Happy Christmas, de John Lennon"". Consultado o 2022-05-10. 
  147. "Ourense acoge la mayor exposición sobre los Beatles hecha nunca en España". Nius Diario (en castelán). 2022-05-04. Consultado o 2022-05-08. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar