Ave do paraíso (planta)

especie de planta
Ave do paraíso
Strelitzia reginae

Flor de Strelitzia reginae
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Zingiberidae
Orde: Zingiberales
Familia: Strelitziaceae
Xénero: Strelitzia
Especie: S. reginae
Nome binomial
Strelitzia reginae
Banks, 1789
Sinonimia
  • Véxase o texto

A ave do paraíso, Strelitzia reginae Banks, é unha especie de planta anxiosperma (monocotiledónea) da clase das liliópsidas, subclase das zinxibéridas, orde das zinxiberales e familia das estrelitziáceas.

É unha planta herbácea, rizomatosa, orixinaria de Suráfrica e amplamente cultivada en xardíns en rexións tropicais e subtropicais pola beleza das súas flores.

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1789 polo naturalista, botánico e mecenas das ciencias naturais inglés Sir Joseph Banks, que reclasificou a Heliconia bihai J. S. Mill.[1][2][3]

Porén, no ITIS adxudícanlle a autoría ao tamén botánico inglés William Townsend Aiton.[4]

Etimoloxía editar

O epíteto específico científico desta planta, reginae (en latín = "da raíña"), está dedicado á princesa alemá Carlota de Mecklemburgo-Strelitz, raíña consorte de Inglaterra polo seu casamento co rei Xurxo III do Reino Unido, falecida en 1818 e que era moi afeccionada á botánica.[5]

Sinónimos editar

Os principais sinónimos desta especie (hai até 25) son:[6]

  • Heliconia strelitzia J.F.Gmel.
  • Strelitzia angustifolia W.T.Aiton
  • Strelitzia farinosa W.T.Aiton
  • Strelitzia gigantea J.Kern
  • Strelitzia glauca Rich.
  • Strelitzia humilis Link
  • Strelitzia ovata W.T.Aiton
  • Strelitzia parvifolia W.T.Aiton
  • Strelitzia regalis Salisb.
  • Strelitzia rutilans C.Morren

Características editar

Dimensións editar

Planta herbácea, de porte arbustivo cunha altura media de 1,5 m e un diámetro de 1,8 m.

Follas editar

As follas, con longos pecíolos, son alternas, pinnatinervadas e dísticas.

Flores editar

As flores son hermafroditas, asimétricas, polinizadas por aves, e preséntanse reunidas en grupos cinciniformes protexidos primariamente por grandes brácteas, varias delas laterais e con frecuencia longamente pedunculadas. O perigonio está formado por 6 tépalos distribuídos en dous grupos, os tres externos iguais e libres, os tres internos desiguais e xeralmente soldados, un de maiores dimensións e pregado en forma de frecha rodeando a estilo. O xineceo presenta 3 carpelos soldados, o ovario é ínfero, trilocular, con numerosos primordios seminais.

Froito editar

O froito é unha cápsula valvicida que se abre por 3 valvas.

Cultivo editar

Necesita luz intensa tres ou catro horas diarias de luz solar directa e non florece con luz inadecuada. Durante o período de crecemento activo, pode cultivarse en condicións normais. Necesita de regos moderados e humidade normal. Entre marzo e outubro require grandes cantidades de auga. As aves do paraíso son moi sensibles ao ataque das cochinillas.

Galería editar

Notas editar

  1. CJB Genève. African Plant Database.
  2. Strelitzia reginae Banks in U.S. National Plant Germplasm System. United States Department of Agriculture. Agricultural Research Service. Consultado o 9-9-2018.
  3. "Strelitzia reginae, in World Checklist of Selected Plant Families". Royal Botanic Gardens, Kew. Consultado o 9-9-2018. 
  4. Strelitzia reginae Aiton, no ITIS.
  5. Strelitzia reginae00 Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine. en Memidex.]
  6. Strelitzia reginae Banks Arquivado 12 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine. in The Plant List. (Organización que colabora co Royal Botanic Gardens, Kew e o and Missouri Botanical Garden.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar