Ovario (botánica)

En botánica, o ovario é unha parte do xineceo, que contén os óvulos a seren fecundados, constituíndo a súa parte inferior. O ovário está formado por unha ou máis follas modificadas que reciben o nome de carpelos que representan os macrosporófilos, que poderán ser libres ou fundidos.

Sección lonxitudinal dunha flor feminina de Curcubita spp. (=ovario+estileteestigma), óvulos, e pétalos

Dentro do ovario hai unha ou máis cavidades denominadas "lóculos" que conteñen os óvulos en espera para seren fecundados e así transformárense en sementes; o ovário está destinado a transformarse en froito. Os óvulos insérense dentro do ovario nunha zona da placenta.

Dentro dos óvulos (que representan aos macrosporanxios) desenvólvese a macróspora (n) da cal por mitoses sucesivas formarase o gametófito feminino (óvulo).

Debaixo do ovario posiciónanse os estiletes e os estigmas.

Esquema das posíbeis posicións do ovario (I), ovario súpero (II), ovario semi-ínfero (III), ovario ínfero. a: androceo, g: xineceo, p: pétalos, s: sépalos, r: receptáculo.

Unha das terminoloxías de descrición do ovario refírese ao punto de inserción sobre o receptáculo (onde as outras partes florais (perianto e androceo) se unen e se fixan á superficie do ovario, como abaixo:

  • Ovario súpero: o ovario atópase sobre o receptáculo e sobre o punto de inserción das outras partes florais. É un receptáculo cónico ou convexo, onde o ovario será a parte alta da flor. Os sépalos, pétalos e os estames inseriranse na base do ovario. Neste caso a flor dise hipóxina. Os froitos derivados dun ovario súpero poden ser, por exemplo, Hypericum calycinum, drupas...
  • Ovario ínfero: atópase abaixo dos outros verticilos sobre un receptáculo ben cóncavo, onde os sépalos, pétalos, e estames están inseridos por enriba do ovario. Unha flor con ovario ínfero dise epíxena. Os ovarios ínferos orixinan falsos froitos (ex. pomo, Fuchsia) onde o receptáculo é outra parte floral participando na constitución do froito.
  • Ovario semi-ínfero: localízase en posición media máis ou menos circundando o receptáculo.

O receptáculo será plano e, sépalos, pétalos, e estames están inseridos na base do hipanto. Son flores períxinas. Nalgunhas clasificacións esta tipoloxía non se recoñece, existindo moitas posicións intermedias entre súpero e ínfero.

A posición do ovario é determinante no desenvolvemento subsequente do froito: se o ovario se une coa parede interna do receptáculo, defínese "ínfero"; se non dise "súpero". No primeiro caso desenvolverase un falso froito derivado do crecemento do ovario e do receptáculo; no segundo desenvólvese un froito propiamente dito, na súa formación non participa o receptáculo.

Véxase tamén editar