A polinización consiste na transferencia de grans de pole (gameto masculino) desde os estames cara ao pistilo da planta, a estrutura que contén o óvulo (gameto feminino). O transporte do pole pódeo realizar un axente físico como o vento (plantas anemófilas) ou un axente animado (plantas zoófilas).

Polinización e agricultura editar

Artigo principal: Polinizador.

Na agricultura, o desexo de obter froito ou sementes en abundancia levou a maioría das veces a empregar plantas que non dependan xa de vectores externos para a polinización, ou polo menos que empreguen un vector superabundante como o vento. Por exemplo, a maioría de cereais son anemógamos ou directamente autógamos. Con todo, moitos outros cultivos agrícolas (por exemplo, moitos froitos e hortalizas) dependen da polinización realizada por insectos e outros animais.

É un erro crer que a polinización é un "servizo ecolóxico gratuíto" da natureza. Unha polinización efectiva necesita algúns recursos, por exemplo refuxios de vexetación natural prístina e hábitats adecuados para os polinizadores. Cando estes se reducen ou se perden, limitase a actividade dos polinizadores e necesitanse prácticas de xestión adaptábel para manter os medios de subsistencia.

 
Polinización polo vento (anemófila) dun piñeiro.

En todo o mundo a diversidade agrícola e dos agroecosistemas afronta o perigo de que as poboacións de polinizadores están diminuíndo. Por exemplo, en 1994, en California, os produtores de améndoas tiveron que importar abellas melíferas doutros estados dos Estados Unidos para aseguraren a polinización dos seus cultivos. Os principais causantes deste problema son a fragmentación dos hábitats, as substancias químicas agrícolas e industriais, os parasitos e as enfermidades, así como a introdución de especies exóticas.


Véxase tamén editar

Outros artigos editar